
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o Antonio Veiga, presentou esta tarde unha nova proposta de teatro da área de Cultura da institución provincial: ?Escena en Barreiros?, mostra que traerá teatro tanto afeccionado como profesional a catro parroquias da localidade mariñá durante o mes de novembro. O proxecto nace como unha iniciativa conxunta do Colectivo Cultural Ollomao e a Irmandade San Caetano.
Na mostra participan Nostrum Cai, que porá en escena a peza ?Radio Universo? o 10 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de San Cosme; o colectivo Ardora Teatro, que interpretará a obra Acernos o 17 de novembro, ás 19:00 horas, nas Antigas Escolas de Celeiros de Mariñaos; e o Grupo de Teatro de Ribadeo, que escenificará ?Os Putativos? o 1 de decembro, ás 19:00, no Centro Social de Cabarcos.
No marco destas xornadas dedicadas á interpretación, o sábado, 23 de novembro, Isabel Risco traerá a Barreiros dous espectáculos: As aventuras de Nabiza Girl, co que nos traerá a vida, aventuras, desventuras, e problemáticas dunha superheroína galega e rural; e Unha viaxe espaZial, que narra a historia dunha adolescente perdida no espazo exterior, e, probablemente, en todos os espazos. Estes terán lugar, ás 20:00h, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos.
|