O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

Respostas a dúbidas frecuentes sobre a Universidade Rural.

Hai que estudar en horas fóra de horario de clases?

A Universidade Rural está pensada para aprender, non para evaluar os coñecementos aprendidos, polo tanto non se prevé a realización de exames nin que o alumnado teña que estudar na casa. As sesión están pensadas para ofrecer coñecementos teóricos e á vez ser espazos nos cales resolver as dúbidas que teñan as persoas que asistan ás clases.

Vou obter unha titulación? Vou poder obter un título que me habilite para traballar?

Non. A Universidade Rural non pretende ser unha Universidade para competir cos centros de ensino profesional ou coas Universidades regradas (como a USC, UNED, etc?), de feito, cremos que a nosa Universidade pode ser o primeiro contacto cunha ?carreira? e dar pé a que a xente decida continuar os estudos nunha Universidade común.

A finalidade da Universidade Rural é dar a oportunidade de aprender, e que as persoas asistan únicamente con ese fin: aprender e adquirir coñecementos que lles proporcionen facilidades no desenvolvemento do día a día.

Quen pode asistir?

Todas as persoas que o desexen: non importa a idade, o mesmo está dirixido a xente moza como xente máis maior. Tampouco importa que a persoa teña estudos previos ou non teña ningún; e tampouco é necesario ser veciña ou veciño de Barreiros, está aberta a todas as persoas ás que lle interese asistir. Nin tan sequera é preciso ser socia ou socio do Colectivo Cultural Ollomao.

Non é unha Universidade pensada para continuar estudos cando se remata o instituto nin unha Universidade para maiores, é para todo o mundo. Cremos que independemente da nosa idade ou coñecementos que teñamos, sempre haberá algo novo que poidamos aprender.

Que cousas se van aprender na ?Semente de Enxeñería do Medio Rural"?

Contén temas como a agricultura ecolóxica, aproveitamento do solo, melloras para o gando, optimización dos recursos da horta, posibilidades do agro, comercio, oportunidades e alternativas para o desenvolvemento rural, etc.


Que cousas se van aprender na ?Semente de Ciencias da Saúde"?

Están previstos contido como primeiros auxilios, xeriatría, psicoloxía, atención dunha persoa dependente, consecuencias psíquicas-físicas para a persoa que atende, beneficios do deporte, nutrición, riscos da drogodependencia, práctica sexual saudable, etc.

Que cousas se van aprender na ?Semente de Xornalismo e Opinión Pública?"


Vaise ensinar a entender os medios de comunicación e como se financian; analizar a prensa, as noticias que aparecen, como están escritas e como inflúe iso na nosa opinión; aprender a crear unha información, a cubrir unha reportaxe ou facer un documental. O propio alumnado preparará un tema e presentaráo nunha tertulia radiofónica.

Que cousas se van aprender na ?Semente de Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas"?

Con esta semente quere darse pé a coñecer como iniciar un trámite legal tal como unha herencia, un testamento, unha reclamación ante a administración; como se distribúen os impostos; a lei electoral, a participación cidadá na xustiza ou na política: os xurados populares; e que son os presupostos participativos; coñecer os productos bancarios, que riscos ou beneficios poden ter; economía doméstica; coñecer os nosos dereitos como consumidores; etc?


Que cousas se van aprender na "Semente de Producción artística e Publicidade"?


Fotografía e ilustración, e como utilizalas no deseño gráfico e na publicidade. Aprender a valorar expresións artísticas modernas e/ou urbanas como o hip-hop, punk; graffitis, tatuaxes, etc; como escribir unha letra dunha canción; repaso histórico por distintas formas de expresión artística; oportunidades sociais (cooperativas, asociacións, centros sociais) onde poder mostrar o noso talento e como poder vivir del. (Aínda que ao igual que o resto de módulos, estaría dirixido tamén ao público en xeral, preténdese conseguir a participación de xente máis moza e impartilo en venres para funcionar tamén como unha alternativa de ocio, sana e responsable).
Comentarios (3) - Publicado o 16-10-2013 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Me parece una iniciativa excelente, tenemos mucho que "desaprender", de un modelo agropecuario, que se vendió como progreso, y no está orientado a que los agricultores vivan dignamente y a la producción de alimentos. Dicho modelo está orientado a producir dinero, no alimentos, y#blgtk08# sólo se benefician la agroindustria y las grandes superficies.
Con alimentos caros, porqué no puede vivir dignamente un agricultor?
Porqué no pensar en intercambiar conocimientos y tal vez en cooperación en vez de la tan cacareada competitividad como alternativa.
Comentario por Fernando Orosa Alvarez (17-10-2013 20:19)
2 como coñecer o calendario de clases? A min interesaríame asistir, pero non sei can#blgtk08#do teño que asistir (Nin onde estan situadas as aulas) podedes axudarme? Graciñas
Comentario por Focega (25-10-2013 00:27)
3 Boa tarde:

Desculpa por non dar resposta antes. Hoxe mesmo, 28 de outubro comezan as clases. Esta primeira semana é a que denominamos "Semana de Portas Abertas" o cal significa que podes asistir a calquera das clases aínda que non esteas inscrit@. En canto ao horario, de momento todas as sesións están fixadas para ser de 20h. a 22h. pero o horario está suxeito a modificacións se así o acorda o propio alumnado. A clase de hoxe é a correspondente á primeira de "Semente de Enxeñería do Medio Rural" e terá lugar na Escola de Vilamartín Pequeno. Mañá terá lugar a de "Ciencias da Saúde" na Escola de Vilamar; mércores "Xornalismo e Opinión Pública" n#blgtk08#a Escola de Cabarcos e xoves "Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas" na Escola de San Pedro de Benquerencia. Os venres terá lugar a de "Producción artística e Publicidade" pero a primeira clase posponse para o venres 8 debido á festividade deste venres, 1 de novembro.

Nesta ligazón podes consultar o folleto informativo: https://www.facebook.com/photo.php?fbid=448878698563476&set=pb.100003240504970.-2207520000.1382981176.&type=3&theater

Convidámoste a asistir a todas as clases durante a "Semana de Portas Abertas" para que poidas coñecer un pouco máis de cerca a Universidade Rural.

Un saúdo,
C.C. Ollomao.
Comentario por Colectivo Cultural Ollomao (28-10-2013 18:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0