O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

UNIVERSIDADE RURAL de BARREIROS

Despois de máis dun ano coa idea de cabeza en cabeza e de varios meses traballándoa, poñéndoa sobre papel, hoxe temos o enorme, grandísimo! pracer de presentarvos unha das iniciativas máis ambiciosas do noso colectivo. Hoxe temos o pracer de presentarvos a UNIVERSIDADE RURAL de BARREIROS! Como o ledes, unha UNIVERSIDADE: con escolas en lugar de facultades; RURAL: con "sementes" en lugar de Graos.

E que é esto da UNIVERSIDADE RURAL? Pois esta iniciativa xurde cunha dobre intención:

- Unha, a de dar vida aos pequenos núcleos rurais e “motivar” ás veciñas e veciños a que se despracen asiduamente a eles con motivo de participar nunha actividade de interese e volver a utilizar as escolas rurais para o mesmo uso para as cales foron construídas: a ensinanza, a transmisión de coñecementos, a alfabetización; á vez que contribuir de facer das aldeas un lugar con maior capacidade de influencia e atracción. O concello barreirense conta cun grande número de escolas rurais, a meirande parte delas atópanse en estado de abandono e apenas acollen actividades durante o ano. Unha das características que leva implícito o deseño desta Universidade Rural é, precisamente, que as sesións formativas teñan lugar nas antigas escolas rurais.

- E por outra banda, a de achegar á poboación rural un catálogo de cursos con contidos máis propios da Universidade e/ou o ensino superior e se imparten, polo xeral, nos núcleos urbáns, estando menos ao alcance das persoas residentes no rural. Preténdese que a veciñanza teña a oportunidade de formarse en coñecementos coma o dereito, a economía, a enxeñería agrícola ou a sanidade entre moitos outros.

É unha iniciativa pensada para a capacitación persoal e que permita facilidades no desenvolvemento da vida diaria. Non é unha formación pensada para ser dirixida á capacitación profesional aínda que se entende que pode contribuir ao seu complemento, ou incluso, a dar pé a ela ou a outros estudos homologados. O público obxectivo da mesma son todas aquelas persoas interesadas en obter dita formación. Non se esixirán requisitos académicos de acceso xa que esta modalidade de ensino nace coa intención de non pór trabas ao coñecemento e brindar a oportunidade de formar a persoas do rural e de diversos rangos de idade, xa que en moitos dos casos, polas circunstancias propias da vida neste entorno, moitas das persoas que nel residen non tiveron a oportunidade de formarse en estudos superiores.

Sen moito tardar iremos contando máis sobre a Universidade de Barreiros e daremos conta das "Sementes" a impartir e do prazo de inscrición, pero polo de agora imos centrar todos os nosos esforzos en facer saber a todo o mundo mundial que BARREIROS vai ter unha UNIVERSIDADE!!! Bótasnos unha man para facer que esto o saiba tooooodo o universo?!

(Toda Universidade que se precie debe ter unha imaxe propia, un logo; e para un proxecto coma este que estamos a coidar con tanto mimo, non había ninguén máis indicado que David Ribas Pena para acabar de facelo redondo de todo. GRAZAS!!!)
Comentarios (0) - Publicado o 02-10-2013 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal