O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

Curso de teatro infantil. Outubro 2013-Maio2014.

O C.C. Ollomao vén de clausurar recentemente o ?Obradoiro de teatro infantil? impartido por Noela Pérez Soto e Roberto Casas, que contou coa colaboración da actriz barreirense Estíbaliz Veiga, e que tivo lugar durante os meses de Xullo e Agosto. Tras o éxito acadado nesta actividade, cunha participación de ata 22 nenas e nenos, e a petición das e dos propios participantes, o colectivo decidiu dar continuidade á mesma e convocar unha nova edición do curso de teatro infantil.

A participación está aberta a todas as nenas e nenos de entre 6 e 12 anos (ambas idades incluídas) tanto residentes en Barreiros como nas localidades do arredor, que desexen participar. O obradoiro seguirá a ser impartido por Roberto Casas, educador social con experiencia previa no mundo do teatro. Esta actividade realizarase no Canteiro (antigas escolas de San Pedro de Benquerencia) e está previsto que teña lugar un mínimo de dous sábados ao mes, dende outubro a maio, empezando, por tanto, o día 5 do vindeiro mes.
O coste total da actividade estará cofinanciado polo colectivo, tendo que abonar unha cota de 10? ao mes por cada alumna ou alumno. O número de prazas é limitado e todas as nenas e nenos que desexen tomar parte nesta actividade poderán ser inscritos, ata o día 30 de Setembro, enviando un correo electrónico ao enderezo colectivo.cultural.ollomao@gmail.com ou ben por teléfono, no número 650542932 (Tamara).


Comentarios (0) - Publicado o 26-09-2013 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0