O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO PRESENTA UNHA CONFERENCIA SOBRE ?POMBAS MENSAXEIRAS? CON DEMOSTRACIÓN DE SOLTA AO REMATE DO ACTO

Esta actividade terá lugar o Domingo 11 de Novembro, ás 11h no Canteiro (antigas escolas) en San Pedro de Benquerencia


O Colectivo Cultural Ollomao en colaboración co Club Colombófilo Mensajeras del Cantábrico e coa participación do voluntariado da Fundación Alcoa, organiza unha charla sobre coñecementos básicos de colombofilia. Esta técnica, consistente na cría e adestramento de pombas mensaxeiras facéndoas capaces de voltar ao seu pombal, foi utilizada na Antigüidade como método de comunicación. Nos días de hoxe esta práctica adquiriu a consideración de deporte e ten como finalidade o adestramento de pombas para a realización dun traxecto determinado no menor tempo posible.

A charla será levada a cabo por Benito Pérez Soto, veciño de Barreiros aficcionado á colombofilia e con varios premios no seu haber nesta práctica. Ao remate do acto terá lugar unha demostración de solta de pombas.

Dende o Colectivo Cultural Ollomao convidan a todas as persoas interesadas a participar nesta actividade que tén por obxectivo ofrecer un espazo para o coñecemento desta técnica e da súa tradición. Asimesmo, o colectivo agradece a colaboración do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia na cesión do espazo para a realización da actividade.
Comentarios (1) - Publicado o 06-11-2012 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A conferencia sobre ?Pombas Mensaxeiras? organizada polo C.C. Ollomao, que impartiu o barreirense Benito Pérez Soto, espertou un grande interese.
___________________________________


O pasado domingo o Colectivo Cultural Ollomao presentou no Canteiro de San Pedro de Benquerencia, unha conferencia sobre ?Pombas Mensaxeiras?. O acto, ao que asistiron persoas de todas as idades, contou cun bo número de público infantil.
Benito Pérez Soto, membro do Club Colombófilo Mensajeras del Cantábrico e voluntario de Alcoa Fundación, explicou aos asistentes os coñecementos básicos dunha práctica pouco común que hoxe en día está considerada deporte e que ?é practicamente familiar porque se vai herdando de pais a fillos?. Segundo sinalou o conferenciante, con varios premios no seu haber, ?unha pomba pode recorrer distancias de centos de quilómetros sen pousarse,#blgtk08# voando ata unha xornada enteira? e poden chegar a vivir ata 15 anos. Indicou tamén que, aínda que hoxe en día o seu uso sexa practicamente lúdico e deportivo, as pombas mensaxeiras xogaron un importante papel nas comunicacións durante as I e II Guerra Mundial sendo os animais máis condecorados polas vidas que chegaron a salvar. Máis recentemente téñense utilizado nalgunhas cidades para o transporte de vacinas.
A conferencia que durou en torno a unha hora, espertou grande interese entre o público asistente que preguntou ao conferenciante sobre distintas cuestións da colombofilia. Ao remate do acto tivo lugar unha demostración de aproximadamente 50 pombas mensaxeiras que voaron en bandada en dirección ao seu pombal.


Podes ver as fotografías do acto na seguinte ligazón: http://www.facebook.com/media/set/?set=a.290841547700526.68598.100003240504970&type=1
Comentario por Colectivo Cultural Ollomao (12-11-2012 22:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0