O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

III Roteiro Fotográfico: Arte e Natureza

O Colectivo Cultural Ollomao pon en marcha o III Roteiro Fotográfico deste ano. O obxecto destas xornadas é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e a arquitectura popular barreirense, así como todos os rincóns da xeografía do Concello, á vez que ofrecer un espazo de participación para as persoas amantes da natureza e/ou aficionadas á fotografía.

Nesta ocasión farase un percorrido circular polo sur do concello barreirense: o punto de partida está sinalado no Albergue de Gondán (Barreiros), ás 11:00h. da mañá, subida ao Morteiro, paso polo Valdocaínzo e Ibia, parada para xantar (cada participante debe ir provisto da súa comida) en San Xusto e volta a Gondán. Prevese unha duración máxima de 3 horas engandindo a pausa para o xantar. Esta actividade está aberta a todos/as os/as interesados/as tanto de Barreiros como de outros concellos, é libre e de balde para todas as persoas interesadas, e non é preciso apuntarse por adiantado.

Todas/os as/os interesadas/os en participar nestas e outras actividades do Colectivo poderán consultar máis información a través do Facebook, no perfil http://www.facebook.com/colectivoculturalollomao, ou ben poñerse en contacto co colectivo no enderezo electrónico: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com.
Comentarios (0) - Publicado o 29-10-2012 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0