 16 de Xuño
Celeiro de Mariñaos
______________
O Colectivo Cultural Ollomao e Tumba e Dálle, grupo de recente creación composto por mozas e mozos da Mariña de Lugo que traen aos días de hoxe a música tradicional galega, temos o pracer de convidarvos ao I Festival AO SON DO MASMA: un proxecto que nace da inquedanza pola posta en valor da producción artística galega. As aportacións tradicionais da nosa cultura son os principais referentes deste proxecto, mais, tentar abrir paso ás novas achegas ao patrimonio musical e aos ritmos tradicionais feitos por novas agrupacións, é un dos principais obxectivos desta iniciativa.
Para levar a cabo este proxecto, a organización do mesmo ideamos un programa que conxuga distintas actividades dispostas ao longo de toda unha xornada: feira de artesanía, roteiros, obradoiros de baile e pandeireta (A.F. O Arco da Vella), xogos tradicionais, aberto de billarda (A.C.D. O Varal), e un peche de día con concertos de grupos do máis recoñecido prestixio dentro do panorama musical galego.
Os grupos que se darán cita nesta gran festa da Música Tradicional son:
TUMBA E DÁLLE
ORQUESTRA OS MODERNOS
TANTO NOS TÉN
QUEMPALLOU
O 16 de Xuño, non podes faltar!
EU TAMÉN VOU... "AO SON DO MASMA"!!!! |