O Colectivo Cultural Ollomao fixo entrega dos premios do II Concurso Fotográfico Enfocando Barreiros, que nesta edición levou por tema Os ríos no obxectivo.
O primeiro premio da modalidade adulta, consistente en 250?, recaeu en Belén Pérez Teijo, cunha fotografía de reflexos no río Masma, en Celeiro de Mariñaos. O gañador do segundo premio foi Francisco López López, cunha fotografía do muíño de Pita en Vilamartín, e recibiu 150?. Finalmente, na modalidade infantil, a nena Elisa Vilaseca Esquerdeiro foi a gañadora dunha cámara fotográfica semireflex, cunha fotografía da flora dos arredores do Santo Estevo do Ermo.
Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo, e os membros do xurado, composto por José María Álvez, José María Pérez Rielo, Pepa Losada, Xosé Reigosa e Xulio Villarino, foron os encargados da entrega de premios, nun acto do cal participaron ao redor de 70 persoas. |