O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.







O meu perfil
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
 ARQUIVO

O 15 DE ABRIL, ÁS 19:00h. ENTREGARANSE OS PREMIOS DO II CERTAME FOTOGRÁFICO
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros vén de realizar o II Certame Fotográfico Enfocando Barreiros que este ano levou por tema Os ríos no obxectivo. Dende o Colectivo valoramos moi positiviamente a realización desta actividade. A cantidade de obras recibidas, un total de 204 fotografías, é mostra do elevado interese que espertou o concurso, tendo participado persoas de distintos puntos da comarca e da provincia, así como do occidente asturiano.

O fallo do concurso, que será elaborado por un xurado composto por fotógrafos e fotógrafas de recoñecido prestixio, farase público o vindeiro 15 de abril, ás 19:00h. no Centro Sociocultural de Barreiros, nun acto no que terá lugar a proxección de todas as fotografías participantes. Lembramos que os premios dos que se fará entrega serán un primeiro premio, consistente en 250€, e un segundo de150€, para a modalidade adulta e un premio único para a modalidade infantil, consistente nunha cámara fotográfica.

Esta actividade atópase vencellada á defensa e posta en valor dos ríos do concello barreirense, máis en concreto do Río Masma, liña de traballo que escollimos dende Colectivo Cultural Ollomao para o presente ano. Neste sentido, e como actividade complementaria ao certame, neste primeiro trimestre realizáronse dous roteiros fotográficos arredor dos ríos Masma e do Santo Estevo; participando deles en torno a 60 persoas. Debido á alta participación nos mesmos, os roteiros polo concello de Barreiros serán unha actividade a manter no calendario cultural do colectivo para o resto do ano.
Comentarios (0) - Publicado o 27-03-2012 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal