O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xurdiu ante unha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns. O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten que ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia.
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
V Certame fotográfico Enfocando Barreiros: Comado no obxectivo. |
|

O Colectivo Cultural Ollomao convoca a quinta edición do Certame fotográfico Enfocando Barreiros. Nesta ocasión coa finalidade de colaborar na promoción das actividades que contribúen á dinamización do noso concello, Ollomao súmase á carreira ?Monte Comado Trail + ½ km. vertical?, centrando nesta e nas paisaxes do percorrido da mesma, a temática deste certame.
A carreira ?Monte Comado Trail + ½ km. vertical?, organizada pola Peña Barcelonista San Miguel, Asociación Comisión vecinal Santiago de Reinante, Actibot e o Café Bar Moderno-Hotel Ría do Masma, terá lugar o vindeiro domingo 11 de outubro a partir das 10 da mañá. O punto de saída da mesma será a Praia de Arealonga, en Santiago de Reinante, localidade da cal se atravesan varios camiños e se continúa ata a meta da carreira, no punto máis alto do monte Comado.
Dende o Colectivo Cultural Ollomao preséntase este certame fotográfico pretendendo contribuir a dar a coñecer a riqueza natural barreirense, á vez que se colabora na promoción das alternativas lúdicas e deportivas que este entorno ofrece.
A participación neste concurso require a aceptación das seguintes BASES:
TEMA E REQUISITOS DAS FOTOGRAFÍAS
1. As fotografías presentadas ao concurso deberán axustarse ao tema da mesma ?Carreira Monte Comado Trail + ½ km. Vertical?. Só poderán participar fotografías realizadas o mesmo día da carreira (11 de outubro de 2015) no tempo de duración da mesma. As imaxes participantes, aínda podendo ter como elemento central a paisaxe, deberán conter algún elemento identificativo da carreira. Admitiranse todas aquelas fotografías que capturen momentos, elementos e participantes da carreira, e non serán aceptadas aquelas que non cumpran con este requisito.
2. Poderán participar todas/os as/os fotógrafas/os profesionais e aficionadas/os que o desexen.
3. Establécese a categoría de TOMA ÚNICA, e unha única modalidade de participación sen límite inferior nin superior de idade.
4. As fotografías presentadas ao certame deben ser orixinais e inéditas, non tendo sido premiadas en ningún outro concurso.
5. Aceptaranse fotografías intervidas dixitalmente, máis en ningún caso fotomontaxes.
6. As fotografías presentaranse en formato dixital JPEG, cunha resolución de 300 ppp e un tamaño entre 2 e 5 MB.
CÓMO PARTICIPAR
7. As persoas que desexen participar deberán enviar ata un máximo de 3 fotografías ao enderezo electrónico colectivo.cultural.ollomao@gmail.com., ata o mércores 14 de outubro ás 23:59h. As fotografías poderán ir acompañadas de título se así o desexa a persoa participante. En calquera caso, aceptaranse outras fotografías (que non entrarán a concurso) se algunha das persoas desexara aportar á organización da ?Carreira Monte Comado Trail + ½ km. vertical? outras imaxes, permitindo o uso das mesmas para promoción e publicidade desta actividade. A organización da carreira e o Colectivo Cultural Ollomao adquiren o compromiso de citar a autoría de calquera fotografía utilizada con esta finalidade.
8. A participación no certame será efectiva no momento en que se confirme a recepción de fotografías participantes, cun correo electrónico de resposta ao enviado pola persoa que desexa participar. A non resposta suporá que o Colectivo Cultural Ollomao non recibiu as fotografías participantes coa consecuente non entrada a concurso. Ante posibles incidencias, habilítase unha canle de contacto telefónico a través do número 650542932.
9. O Colectivo Cultural Ollomao ofrece a posibilidade de coñecer o percorrido da carreira o día da celebración da mesma, unha hora antes do seu inicio (é dicir, ás 9:00h.). Para participar nesta visita é preciso inscribirse previamente enviando un correo electrónico a colectivo.cultural.ollomao@gmail.com, ou ben no teléfono 650542932, ata o sábado 10 de outubro ás 17:00h.
PREMIO E VOTACIÓN
10. Establécense o seguinte PREMIO:
Estadía para dúas persoas nunha casa rural.
11. A fotografía gañadora será escollida mediante procedemento de votación pública en Facebook. O total das fotografías participantes serán compartidas nun único álbum na páxina do Colectivo Cultural Ollomao en Facebook, mantendo o anonimato da persoa participante. A fotografía gañadora será aquela que reciba maior número de ?gústame?. Só serán válidos os votos que se rexistren no álbum compartido polo Colectivo Cultural Ollomao, non contabilizándose aqueles outros ?gústame? que reciban as fotografías que se compartan noutras páxinas ou perfís.
12. O Colectivo Cultural Ollomao publicará na súa páxina de Facebook o álbum con todas as fotografías participantes, o xoves 15 de outubro de 2015. Dende ese momento estará aberto o prazo para votación pública ata o domingo 18 de outubro ás 23:59h., momento dende o cal non serán xa válidos os votos que reciba ningunha fotografía.
13. As persoas participantes comprométense a non facer pública ningunha das fotografías presentadas a concurso antes da apertura do prazo para votación, por parte do Colectivo Cultural Ollomao (prazo de votación: dende o xoves 15 de outubro ata o domingo 19 de outubro ás 23:59h.). O incumprimento desta base dará lugar á non aceptación das fotografías a concurso.
14. O luns 19 de outubro será dada a coñecer a fotografía gañadora deste certame.
PROPIEDADE DAS OBRAS
15. A propiedade intelectual das obras conservarana as/os autoras/es, permitindo ao Colectivo Cultural Ollomao e á organización da carreira ?Monte Comado Trail + ½ km. Vertical? a súa utilización gratuita para a promoción e publicidade da actividade e do entorno ao seu paso. Calquera utilización dunha fotografía participante implicará que a entidade que faga uso da mesma faga constar o nome da persoa que a realizou.
16. As persoas concursantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas.
17. A organización resérvase o dereito a resolver calquera continxencia non prevista nestas bases.
18. A participación no certame supón a total aceptación destas bases.
Barreiros, a 1 de outubro de 2015
- Para máis información sobre a carreira pode consultarse a páxina: http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/, onde se atopa todo a información sobre o percorrido.
- Para máis información sobre este certame, contacta co Colectivo Cultural Ollomao no correo electrónico colectivo.cultural.ollomao@gmail.com ou no teléfono 650542932.
|
|
|
|
XORNADAS DE VERÁN DA UNIVERSIDADE RURAL DE BARREIROS |
|
O Colectivo Cultural Ollomao presenta as primeiras "Xornadas de verán da Universidade Rural de Barreiros". Terán lugar durante tres días consecutivos, 29, 30 e 31 de agosto, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. A participación nestas xornadas é libre e gratuíta, non sendo preciso terse anotado por adiantado; e a asistencia un dos días non implica a participación en todas elas.
O programa, elaborado en función das demandas das persoas asistentes ao primeiro curso da Universidade Rural de Barreiros, éo seguinte:
VENRES 29 DE AGOSTO.
20h.
?O uso ilexítimo do poder na reforma da administración de xustiza?.
Impartida por Luís Villares. Maxistrado no Xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Lugo. Coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia e membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.
Contido:
Utiliza o Estado o poder dun xeito ilexítimo? Utilízanse as reformas da administración de xustiza para evitar o control xudicial sobre os outros poderes do Estado? É posible o acceso da cidadanía a unha xustiza universal, gratuíta, achegada á cidadanía e imparcial? É posible unha xustiza xusta? Como nos afectan á cidadanía as reformas xudiciais? Preténdese xustiza ao servizo da xente ou ao servizo dos outros poderes?
SÁBADO 30 DE AGOSTO.
De 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00h.
"Conservación de alimentos"
Impartido por Espazo agroecolóxico ? A Estruga?.
A pequena horta para autoconsumo sempre estivo e estará presente na inmensa maioría dos fogares galegos. A sobreprodución de alimentos, sobre todo os da época de verán, fixo que a tarefa de conservar os alimentos convertérase en algo cotiá ao longo da historia. Por iso mesmo, o obxectivo da conservación de alimentos é conseguir o control das diversas reaccións que, por efectos físicos (calor, luz), químicos (oxidación) ou biolóxicos (enzimas, microorganismos, fungos, bacterias), teñen lugar nos alimentos e garantir así a non alteración das súas propiedades nutricionais moito tempo despois.
NOTA: As persoas que asistan a esta xornada deben traer tarros de vidro dun só uso previo para a súa utilización no obradoiro.
DOMINGO 31 DE AGOSTO.
De 10:00 a 13:00.
?Relaxación: o que podes facer para mellorar a túa vida". Impartido pola psicóloga Juana Blanco.
A relaxación aporta beneficios varios para o noso corpo como o é a diminución do ritmo cardiaco e da presión arterial, axuda a mellorar algunhas dores reducindo a tensión muscular e contribúe a acadar un estado de descanso máis profundo. Nesta sesión practicaranse exercicios nos cales as persoas asistentes aprenderán a respirar e camiñar correctamente, así como a practicar a tensión-relaxación, entre outros, de cara a comprender mellor o noso corpo.
NOTA: As persoas que participen nesta xornada deben traer roupa e calzado deportivo, calcetíns, un coxín, unha manta e unha esterilla.
|
|
|
|
IV Certame fotográfico: |
|
.jpg) NOTA INFORMATIVA A 25 DE SETEMBRO DE 2014:
Por acordo da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao, o prazo para a participación na IV edición do certame fotográfico "Enfocando Barreiros" foi ampliado ata o 31 de outubro de 2014.
Máis información:
- colectivo.cultural.ollomao@gmail.com
- Telf. 650542932.
_________
BASES IV EDICIÓN DO CERTAME FOTOGRÁFICO "ENFOCANDO BARREIROS":
O Colectivo Cultural Ollomao convoca a cuarta edición do Certame fotográfico 'Enfocando Barreiros', nesta ocasión, co tema ?Obxectivo: aprender no rural?. Esta actividade encóntrase vencellada á liña de traballo que o Colectivo elixiu para o ano 2014, sobre a transmisión de coñecementos no medio rural.
A participación neste certame require a aceptación das seguintes BASES:
1. As fotografías presentadas ao concurso deberán levar por tema calquera situación diaria da vida dun ou dunha escolante do rural barreirense, aprendizaxes non regrados, transmisión de coñecementos entre persoas maiores e máis novas; edificios como escolas rurais, indianas, etc..., ou calquera outra imaxe relacionada co ensino ou a aprendizaxe no rural. Todas as fotografías presentadas deben ter sido tomadas dentro do Concello de Barreiros.
2. Poderán participar todas/os as/os fotógrafas/os profesionais e aficionadas/os que o desexen, tanto de Barreiros como de outros concellos, agás as/os compoñenentes da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao.
3. Establécese a categoría de TOMA ÚNICA. Distínguense dúas modalidades:
a) Modalidade infantil: ata os 14 anos.
b) Modalidade adulta: de 14 anos en diante.
4. Cada participante poderá participar cun máximo de 4 fotografías.
5. Establécense os seguintes PREMIOS:
PREMIO ÚNICO PARA A MODALIDADE INFANTIL: Material fotográfico + diploma acreditativo.
A participación na modalidade infantil, aínda sen ter sido gañador ou gañadora, dará lugar á participación nun curso breve de fotografía e retoque dixital.
1º PREMIO CATEGORÍA ADULTA: 200 euros + diploma acreditativo.
2º PREMIO CATEGORÍA ADULTA: 100 euros + diploma acreditativo.
Non poderá recaer máis dun premio nunha mesma persoa.
O xurado resérvase o dereito a declarar deserto algún dos premios, no caso de que as obras presentadas non cumpran as expectativas.
6. As fotografías presentadas ao certame deben ser orixinais e inéditas, non tendo sido premiadas en ningún outro concurso.
7. O prazo para enviar as fotografías remata o 30 de setembro de 2014.
8. Aceptaranse fotografías intervidas dixitalmente, mais en ningún caso fotomontaxes.
9. As fotografías presentaranse en formato dixital JPEG, cunha resolución de 300 ppp e un tamaño entre 2 e 5 MB.
10. As fotografías participantes serán enviadas ao seguinte enderezo de correo-e: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. A participación neste certame farase baixo pseudónimo. Deste xeito, cada fotografía irá nomeada co pseudónimo do participante e número de fotografía de acordo ao total de fotografías coas que se participe (Por exemplo, no caso de utilizar como pseudónimo 'Ollomao' e enviarse tres fotografías, estas nomearíanse: Ollomao1, Ollomao2, Ollomao3). No nome da fotografía non poderá figurar ningún dato persoal real do autor/a.
11. Xunto coas fotografías participantes enviarase un documento de texto no cal se indicará:
- Pseudónimo utilizado pola/o autor/a para a participación no concurso.
- Modalidade na que se participa: infantil ou adulta.
- Nome real da/o autor/a.
- Datos de contacto: enderezo postal, teléfono e/ou enderezo electrónico.
- Unha breve descrición de cada fotografía indicando tamén o lugar onde foi tomada.
12. O Colectivo Cultural Ollomao entregará a cada compoñente do xurado, unha copia en soporte dixital, de cada unha das fotografías participantes nomeadas de acordo a como se especifica no punto 10 destas bases, para que poidan ser identificadas as gañadoras. O xurado non coñecerá os datos persoais reais dos participantes ata o acto público do fallo
13. O Xurado estará composto por fotógrafas/os de recoñecido prestixio sen que formen parte do mesmo compoñentes da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao. O seu fallo será inapelable.
14. O fallo do xurado farase público no prazo máximo dun mes a contar dende o 30 de setembro, data fin do concurso, no acto de entrega de galardóns e proxección das obras participantes. Este acto convocarase publicamente e será comunicado a todas/os as/os participantes polo medio de contacto que designen de acordo ao punto 11 destas bases, que deberán estar presentes para a recollida do premio.
15. A propiedade intelectual das obras conservarana as/os autoras/es, permitindo ao Colectivo Cultural Ollomao a súa utilización gratuíta para as actividades que este leve a cabo en relación ao tema tratado. Calquera utilización dunha fotografía participante implicará facer constar o nome da persoa que a realizou.
16. As/os concursantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas e renuncian a toda reclamación por dereitos de imaxe.
17. A organización resérvase o dereito a resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
18. A participación no certame supón a total aceptación destas bases.
Barreiros, a 30 de xullo de 2014
Todas aquelas persoas que o desexen poden solicitar unha copia destas bases mediante correo electrónico, escribindo a colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. Do mesmo xeito, calquera aclaración en relación a este certame poderá ser resolta no mesmo enderezo.
|
|
|
|
ESCENA EN BARREIROS. Ciclo de teatro dende o 10 de novembro ata o 1 de decembro. |
|

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o Antonio Veiga, presentou esta tarde unha nova proposta de teatro da área de Cultura da institución provincial: ?Escena en Barreiros?, mostra que traerá teatro tanto afeccionado como profesional a catro parroquias da localidade mariñá durante o mes de novembro. O proxecto nace como unha iniciativa conxunta do Colectivo Cultural Ollomao e a Irmandade San Caetano.
Na mostra participan Nostrum Cai, que porá en escena a peza ?Radio Universo? o 10 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de San Cosme; o colectivo Ardora Teatro, que interpretará a obra Acernos o 17 de novembro, ás 19:00 horas, nas Antigas Escolas de Celeiros de Mariñaos; e o Grupo de Teatro de Ribadeo, que escenificará ?Os Putativos? o 1 de decembro, ás 19:00, no Centro Social de Cabarcos.
No marco destas xornadas dedicadas á interpretación, o sábado, 23 de novembro, Isabel Risco traerá a Barreiros dous espectáculos: As aventuras de Nabiza Girl, co que nos traerá a vida, aventuras, desventuras, e problemáticas dunha superheroína galega e rural; e Unha viaxe espaZial, que narra a historia dunha adolescente perdida no espazo exterior, e, probablemente, en todos os espazos. Estes terán lugar, ás 20:00h, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos.
|
|
|
|
Ao redor de 100 persoas asistiron ás primeiras clases da Universidade Rural de Barreiros durante as xornadas de portas abertas. |
|

Este venres, 8 de novembro, tivo lugar a primeira clase da ?Semente de Producción artística e Publicidade? con doce novas persoas que se converteron en alumnas e alumnos da Universidade Rural de Barreiros. Con estas, son case 80 as xa matriculadas e que asistirán durante os dous próximos meses ás clases de todas as sementes. A iniciativa do Colectivo Cultural Ollomao, pioneira por excelencia, foi un éxito de acollida entre a poboación barreirense e tamén de toda a Mariña, dado que son persoas chegadas dende distintos puntos da comarca como Ourol, Burela, Foz, Ribadeo, Mondoñedo ou Lourenzá as que se dan cita nas sesións lectivas. Dende o colectivo organizador destacamos a diversidade do alumnado, tanto en idade, cun rango de persoas asistentes que vai dende os 15 ata os 81 anos, como de profesión ou formación académica previa, con persoas que teñen acadados os estudos primarios como outras con formación universitaria.
A Universidade Rural está ideada como un espazo para aprender e no cal todas as persoas asistentes poden aclarar aquelas dúbidas coas que se estean a atopar no día a día. Non é un espazo no cal se habilite para o exercicio profesional mediante a emisión dun certificado, polo cal tampouco hai exames ni avaliacións finais. Non obstante, todas as sementes están orientadas a un fin práctico e á obtención dun produto final elaborado polo propio alumnado. Son algúns como a preparación dunha tertulia radiofónica a emitir na emisora comarcal RadioFoz e a grabación dun documental, polas alumnas e alumnos da Semente de Xornalismo; a elaboración dun mural polo alumnado de Producción artística e Publicidade; ou a realización dun foro participativo no cal se discutirá sobre problemáticas locais de actualidade e para as cales se tentará que sexan as propias veciñas e veciños asistentes á semente de Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas quen propoñan políticas de solución.
O corpo docente desta Universidade está composto por case 30 profesionais e persoas expertas en distintas disciplinas, tanto veciñas de Barreiros como das localidades do arredor. Asimesmo, tamén se conta coa participación puntual de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela en varias das clases a impartir. Dende Ollomao sinalamos tamén que esta iniciativa pode levarse a cabo grazas á participación desinteresada de todas as persoas que actúan como docentes xa que, en ningún do casos, as e os colaboradores percibirán ningún tipo de remuneración pola súa docencia. Este feito vai ligado á base ideolóxica da asociación e ao fin non lucrativo co cal foi creada no ano 2006. As e os alumnos da Universidade Rural asumen un pago único pola súa asistencia, que varía entre os 15? e os 50? en función do número de sementes nas que se participe, recaudación que vai destinada a facer fronte aos gastos de material para a impartición das clases e á cobertura de desprazamento do profesorado participante. Os gastos totais da actividade están a ser asumidos tamén coa venda de sudadeiras co logo da Universidade Rural e é tamén cofinanciada polo propio colectivo.
A boa acollida desta iniciativa, así como o interese espertado, trascendeu máis alá da veciñanza. Medios de comunicación de todo o país e incluso outros de ámbito estatal como RTVE e RNE, quixeron dar conta da Universidade Rural de Barreiros. Para as persoas que compoñemos o Colectivo Cultural Ollomao, todo o fenómeno xurdido en torno a este proxecto dá boa conta de que se trata dunha iniciativa que estaba a ser necesitada pola xente, novidosa e pola cal comezan a mostrar interese outros colectivos culturais para ser posta en marcha nas súas localidades.
|
|
|
|
Respostas a dúbidas frecuentes sobre a Universidade Rural. |
|
Hai que estudar en horas fóra de horario de clases?
A Universidade Rural está pensada para aprender, non para evaluar os coñecementos aprendidos, polo tanto non se prevé a realización de exames nin que o alumnado teña que estudar na casa. As sesión están pensadas para ofrecer coñecementos teóricos e á vez ser espazos nos cales resolver as dúbidas que teñan as persoas que asistan ás clases.
Vou obter unha titulación? Vou poder obter un título que me habilite para traballar?
Non. A Universidade Rural non pretende ser unha Universidade para competir cos centros de ensino profesional ou coas Universidades regradas (como a USC, UNED, etc?), de feito, cremos que a nosa Universidade pode ser o primeiro contacto cunha ?carreira? e dar pé a que a xente decida continuar os estudos nunha Universidade común.
A finalidade da Universidade Rural é dar a oportunidade de aprender, e que as persoas asistan únicamente con ese fin: aprender e adquirir coñecementos que lles proporcionen facilidades no desenvolvemento do día a día.
Quen pode asistir?
Todas as persoas que o desexen: non importa a idade, o mesmo está dirixido a xente moza como xente máis maior. Tampouco importa que a persoa teña estudos previos ou non teña ningún; e tampouco é necesario ser veciña ou veciño de Barreiros, está aberta a todas as persoas ás que lle interese asistir. Nin tan sequera é preciso ser socia ou socio do Colectivo Cultural Ollomao.
Non é unha Universidade pensada para continuar estudos cando se remata o instituto nin unha Universidade para maiores, é para todo o mundo. Cremos que independemente da nosa idade ou coñecementos que teñamos, sempre haberá algo novo que poidamos aprender.
Que cousas se van aprender na ?Semente de Enxeñería do Medio Rural"?
Contén temas como a agricultura ecolóxica, aproveitamento do solo, melloras para o gando, optimización dos recursos da horta, posibilidades do agro, comercio, oportunidades e alternativas para o desenvolvemento rural, etc.
Que cousas se van aprender na ?Semente de Ciencias da Saúde"?
Están previstos contido como primeiros auxilios, xeriatría, psicoloxía, atención dunha persoa dependente, consecuencias psíquicas-físicas para a persoa que atende, beneficios do deporte, nutrición, riscos da drogodependencia, práctica sexual saudable, etc.
Que cousas se van aprender na ?Semente de Xornalismo e Opinión Pública?"
Vaise ensinar a entender os medios de comunicación e como se financian; analizar a prensa, as noticias que aparecen, como están escritas e como inflúe iso na nosa opinión; aprender a crear unha información, a cubrir unha reportaxe ou facer un documental. O propio alumnado preparará un tema e presentaráo nunha tertulia radiofónica.
Que cousas se van aprender na ?Semente de Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas"?
Con esta semente quere darse pé a coñecer como iniciar un trámite legal tal como unha herencia, un testamento, unha reclamación ante a administración; como se distribúen os impostos; a lei electoral, a participación cidadá na xustiza ou na política: os xurados populares; e que son os presupostos participativos; coñecer os productos bancarios, que riscos ou beneficios poden ter; economía doméstica; coñecer os nosos dereitos como consumidores; etc?
Que cousas se van aprender na "Semente de Producción artística e Publicidade"?
Fotografía e ilustración, e como utilizalas no deseño gráfico e na publicidade. Aprender a valorar expresións artísticas modernas e/ou urbanas como o hip-hop, punk; graffitis, tatuaxes, etc; como escribir unha letra dunha canción; repaso histórico por distintas formas de expresión artística; oportunidades sociais (cooperativas, asociacións, centros sociais) onde poder mostrar o noso talento e como poder vivir del. (Aínda que ao igual que o resto de módulos, estaría dirixido tamén ao público en xeral, preténdese conseguir a participación de xente máis moza e impartilo en venres para funcionar tamén como unha alternativa de ocio, sana e responsable). |
|
|
|
Presentación da UNIVERSIDADE RURAL de BARREIROS |
|
3.jpg) A UR é un proxecto innovador que xurde con tres obxectivos fundamentais: recuperar o uso das escolas rurais, aproveitar o capital intelectual das e dos veciños de Barreiros e achegar o rural un catálogo de cursos que polo xeral só se imparten na cidade.
_____________
Hoxe presentamos na Deputación a Universidade Rural de Barreiros, un proxecto creado polo Colectivo Cultural Ollomao, que pretende achegar o coñecemento ao rural, apostando polo propio. A Universidade Rural de Barreiros botará a andar o vindeiro 28 de outubro. Na presentación participaron o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga Outeiro; o delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, e dúas compoñentes da Directiva, Sandra Novo Rivas e Tamara Rubiños Varela. En palabras de Veiga, ?os proxectos grandes soen ter a súa orixe en sitios pequenos e de colectivos pequenos?, ao cal engadiu Mario Outeiro, que ?se cadra é o proxecto cultural e educativo máis importarte dos últimos tempos no rural lucense pola súa clara aposta de democratización da cultura. Ogallá isto que comeza de xeito ilusionante perdure e se estenda noutros lugares con semellantes posibilidades?.
A Universidade Rural pretende ser é unha oferta educativa formativa e cultural alternativa dirixida ao medio rural, inexistente ata agora neste espazo. O programa divídese en 5 ?sementes? ou áreas de coñecementos (que se poderían comparar cos graos das universidades regradas): Ciencias Sociais, Enxeñería do Medio Rural, Ciencias da Saúde, Comunicación e Opinión Pública, e Produción Artística e Publicidade. Nestas sesións o alumnado poderá ademais de asistir á impartición docente, plantexar as súas dúbidas e ser un espazo para obter resposta ás mesmas. Todas as sementes teñen un perfil práctico e aplicado e un produto final como obxectivo.
O espazo físico onde se van desenvolver estas iniciativas son as escolas rurais, agora sen actividade lectiva. En Barreiros son 13 as escolas rurais existentes coas que tamén se pretende encher de vida a través da posta en marcha da Universidade Rural e ser un xeito de ampliar a capacidade de atracción das aldeas. É un proxecto que a pesar de ter nesta primeira andaina un obxectivo a nivel local, ten vocación tamén de poder estenderse a mais localidades e comarcas.
O funcionamento da Universidade Rural de Barreiros céntrase en permitir que todas as persoas poidan adquirir formación práctica para o desenvolvemento da súa vida, sexa cal sexa o seu nivel de estudos e a súa idade, e non vai dirixida a acadar unha titulación. Por iso aproveitamos as potencialidades das persoas veciñas de Barreiros, e doutras localidades do arredor, que acadaron un nivel de ensino superior e/ou universitario e dispoñen de capacidade académica suficiente para poder transmitir os seus coñecementos a aquelas persoas non formadas nos mesmos. Todas as persoas que desexen asistir poderán inscribirse contactando co Colectivo Cultural Ollomao tanto no correo-e (colectivo.cultural.ollomao@gmail.com) como por teléfono no 650542932, así como facelo durante a semana de portas abertas, cuxa asistencia non precisa terse feita a inscrición previamente. O colectivo cofinanciará esta actividade xunto coa aportación das propias persoas que desexen asistir que abonarán unha cota única en concepto de matrícula. As opcións de matriculación van dende asistir a unha única semente (15? en total) ata asistir ás cinco (50? en total). As opcións intermedias serían: 2 sementes, 25?; 3 sementes, 35?, e 4 sementes, 45?; a combinar como cada persoa desexe.
O vindeiro sábado, 19 de outubro ás 11:30h. o Colectivo Cultural Ollomao fará unha presentación pública nas Escola de Celeiro de Mariñaos na cal se explicará detalladamente este proxecto e na cal estarán presentes varias das persoas que participarán como docentes na Universidade Rural. A asistencia ao mesmo é aberta a todas as persoas que desexen coñecer máis de preto esta iniciativa.
___
Podes visualizar a presentación da UR na seguinte ligazón de Prezi:
http://prezi.com/va7mpxfvfm_w/?utm_campaign=share&utm_medium=copy |
|
|
|
UNIVERSIDADE RURAL de BARREIROS |
|

Despois de máis dun ano coa idea de cabeza en cabeza e de varios meses traballándoa, poñéndoa sobre papel, hoxe temos o enorme, grandísimo! pracer de presentarvos unha das iniciativas máis ambiciosas do noso colectivo. Hoxe temos o pracer de presentarvos a UNIVERSIDADE RURAL de BARREIROS! Como o ledes, unha UNIVERSIDADE: con escolas en lugar de facultades; RURAL: con "sementes" en lugar de Graos.
E que é esto da UNIVERSIDADE RURAL? Pois esta iniciativa xurde cunha dobre intención:
- Unha, a de dar vida aos pequenos núcleos rurais e ?motivar? ás veciñas e veciños a que se despracen asiduamente a eles con motivo de participar nunha actividade de interese e volver a utilizar as escolas rurais para o mesmo uso para as cales foron construídas: a ensinanza, a transmisión de coñecementos, a alfabetización; á vez que contribuir de facer das aldeas un lugar con maior capacidade de influencia e atracción. O concello barreirense conta cun grande número de escolas rurais, a meirande parte delas atópanse en estado de abandono e apenas acollen actividades durante o ano. Unha das características que leva implícito o deseño desta Universidade Rural é, precisamente, que as sesións formativas teñan lugar nas antigas escolas rurais.
- E por outra banda, a de achegar á poboación rural un catálogo de cursos con contidos máis propios da Universidade e/ou o ensino superior e se imparten, polo xeral, nos núcleos urbáns, estando menos ao alcance das persoas residentes no rural. Preténdese que a veciñanza teña a oportunidade de formarse en coñecementos coma o dereito, a economía, a enxeñería agrícola ou a sanidade entre moitos outros.
É unha iniciativa pensada para a capacitación persoal e que permita facilidades no desenvolvemento da vida diaria. Non é unha formación pensada para ser dirixida á capacitación profesional aínda que se entende que pode contribuir ao seu complemento, ou incluso, a dar pé a ela ou a outros estudos homologados. O público obxectivo da mesma son todas aquelas persoas interesadas en obter dita formación. Non se esixirán requisitos académicos de acceso xa que esta modalidade de ensino nace coa intención de non pór trabas ao coñecemento e brindar a oportunidade de formar a persoas do rural e de diversos rangos de idade, xa que en moitos dos casos, polas circunstancias propias da vida neste entorno, moitas das persoas que nel residen non tiveron a oportunidade de formarse en estudos superiores.
Sen moito tardar iremos contando máis sobre a Universidade de Barreiros e daremos conta das "Sementes" a impartir e do prazo de inscrición, pero polo de agora imos centrar todos os nosos esforzos en facer saber a todo o mundo mundial que BARREIROS vai ter unha UNIVERSIDADE!!! Bótasnos unha man para facer que esto o saiba tooooodo o universo?!
(Toda Universidade que se precie debe ter unha imaxe propia, un logo; e para un proxecto coma este que estamos a coidar con tanto mimo, non había ninguén máis indicado que David Ribas Pena para acabar de facelo redondo de todo. GRAZAS!!!)
|
|
|
|
Curso de teatro infantil. Outubro 2013-Maio2014. |
|

O C.C. Ollomao vén de clausurar recentemente o ?Obradoiro de teatro infantil? impartido por Noela Pérez Soto e Roberto Casas, que contou coa colaboración da actriz barreirense Estíbaliz Veiga, e que tivo lugar durante os meses de Xullo e Agosto. Tras o éxito acadado nesta actividade, cunha participación de ata 22 nenas e nenos, e a petición das e dos propios participantes, o colectivo decidiu dar continuidade á mesma e convocar unha nova edición do curso de teatro infantil.
A participación está aberta a todas as nenas e nenos de entre 6 e 12 anos (ambas idades incluídas) tanto residentes en Barreiros como nas localidades do arredor, que desexen participar. O obradoiro seguirá a ser impartido por Roberto Casas, educador social con experiencia previa no mundo do teatro. Esta actividade realizarase no Canteiro (antigas escolas de San Pedro de Benquerencia) e está previsto que teña lugar un mínimo de dous sábados ao mes, dende outubro a maio, empezando, por tanto, o día 5 do vindeiro mes.
O coste total da actividade estará cofinanciado polo colectivo, tendo que abonar unha cota de 10? ao mes por cada alumna ou alumno. O número de prazas é limitado e todas as nenas e nenos que desexen tomar parte nesta actividade poderán ser inscritos, ata o día 30 de Setembro, enviando un correo electrónico ao enderezo colectivo.cultural.ollomao@gmail.com ou ben por teléfono, no número 650542932 (Tamara).
|
|
|
|
Roteiro: CAMIÑO DA PREHISTORIA. |
|

Os colectivos culturais ?Os Tres Pés? e ?Ollomao? organizamos conxuntamente o roteiro ?Camiño da Prehistoria? polos termos municipais de Trabada e Barreiros. Terá lugar o domingo, 22 de setembro, desde as 10h. da mañá ata media tarde.
______
Ofrecer unha xornada para o paseo, historia, fotografía, natureza e convivencia é o obxectivo do roteiro que organizan de maneira conxunta entre o Colectivo Cultural ?Os Tres Pés? de Trabada e ?Ollomao?, de Barreiros. Ambas asociacións vimos incorporando este tipo de actividade aos nosos respectivos calendarios culturais como un xeito de dar a coñecer o entorno de preto. Esto, xunto coas semellantes características culturais, de tradición e sociodemográficas que hai entre os nosos concellos veciños, levounos a pór en marcha unha actividade conxunta que servira ademais como unha xornada para a convivencia intermunicipal.
O roteiro ?Camiño da Prehistoria? xurde tamén en vistas de que unha das semellanzas entre os concellos de Barreiros e Trabada é a existencia de distintos achádegos arqueolóxicos, os cales ademais de atoparse practicamente en estado de abandono, son moitas veces descoñecidos pola veciñanza. Así pois, neste roteiro, as entidades organizadoras queremos dar a oportunidade de visitar puntos de interese como as ?Mámoas das Pallaregas? situadas en Vidal (Trabada) ou o ?Marco da Pena Verde? que sinala o linde entre os concellos de Barreiros, Trabada e Ribadeo, así como coñecer a historia do ?Monte das Fachas? da man dun experto na historia da comarca mariñá que acompañará durante todo o percorrido.
O roteiro, dun total aproximado de 16km., está organizado para ser realizado en dúas etapas no mesmo día, cunha pausa para o xantar no monte da Cadeira. A primeira etapa discorrerá por distintas parroquias do termo municipal de Barreiros, o punto de saída está sinalado ás 10:00h. da mañá no cruce da N-634 en Vilamar-Barreiros- (ao lado do Café-Estanco ?Xunqueira?) onde as persoas asistentes poderán deixar aparcados os seus vehículos. O percorrido continuará cara a San Xusto, Val do Caínzo, Ibia e subida ao Monte da Cadeira. Neste último punto está previsto facer unha pausa para o xantar e continuar arredor das 15:00h. coa segunda etapa do roteiro que discorrerá por parte do termo municipal de Trabada. O punto final do roteiro está sinalado nas ?Mámoas das Pallaregas? en torno ás 17:30h.
Dado que o percorrido non é circular, de xeito que o punto de saída e final non son o mesmo, a organización encargarase de trasladar ás persoas participantes aos seus vehículos.
Dende ?Os Tres Pés? e ?Ollomao? informamos que a ruta planificada discorrerá parte por camiño asfaltado e parte por camiños de terra.
Aconséllase ás persoas que participen, ir provistos con calzado e roupa axeitados. Asimesmo, cada persoa deberá levar a súa propia comida e bebida para ser consumidas durante a pausa para o xantar. Esta actividade é libre e de balde para todas as persoas interesadas, non sendo preciso apuntarse por adiantado, abonda con estar no lugar e hora indicados para o punto de saída. Calquera dúbida en relación a esta actividade pode ser dirixida por correo electrónico a calquera dos enderezos das asociacións organizadoras: ostrespes@gmail.com e colectivo.cultural.ollomao@gmail.com, como por teléfono, no número 659786735 (Sandra).
Por outra banda, dende o Colectivo Cultural Ollomao aproveitamos para informar tamén que ata o 30 de Setembro estará aberto o prazo para a participación no certame fotográfico ?Enfocando Barreiros: O rural barreirense no obxectivo?. Animan a todas as persoas que gusten da fotografía a tomar parte neste roteiro sendo unha boa ocasión para a captura de instantáneas da zona rural de Barreiros. As bases para a participación no concurso están dispoñibles no blog do colectivo: http://www.blogoteca.com/ollomao/
|
|
|
|
|
|
|
|
|