Abre os ollos ao Salnés


O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Olladas do Salnés.
directorio das fotografías.
As asociacións Candea e Unha Grande e Chea organizaron o obradoiro de Iniciación a Fotografía Dixital "Olladas do Salnés". Este contou co patrocio da Consellaría de Innovación e Industria e a colaboración do Centro Comarcal do Salnés e Mr Misto.
O resultado de "Olladas do Salnés", no que participaron 22 persoas, foi outras tantas fotografías que retratan distinos aspectos da vida cotiá da comarca.
Ditas fotografías expuxéronse ao público, de mediados de marzo a mediados de abril, no exterior do Centro Comarcal do Salnés.
Agora, o fotolog "Abre os ollos o Salnés" recolle o testemuño e, nos próximos días irá subindo as fotografías cun dobre obxectivo:
-Dar a coñecer, a todas aquelas persoas que non tiveron ocasión de desfrutar da exposición, o resultado desta experiencia.
-Enriquecer o arquivo que compón a nosa "radiografía do Salnés"
Agradecer a participantes, entidades organizadoras e colaboradoras a cesión das fotografías para o fotolog.
Comentarios (0) - Categoría: Miradas do Salnés - Publicado o 22-04-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Superamos as 200 fotografías.
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración co Centro Comarcal do Salnés está a desenvolver dende xuño de 2007 a Iniciativa "Abre os ollos o Salnés".

Ao longo deste tempo, máis de 200 fotografías foron subidas as distintas galerías (cultura, denuncia, historia, natureza, o recuncho de..., sectores produtivos e xente) que conforman esta visión da Comarca do Salnés.

De entre os elementos máis representativos da comarca, cómpre destacar as ruínas da Igrexa de Sta Mariña en Cambados, por ser o máis fotografado.

A todas aquelas persoas, colectivos e entidades que colaboraron con esta iniciativa "Grazas", xa que sen vos non sería posible levala a cabo.

Así mesmo, recordarvos que a iniciativa segue aberta e que podedes seguir enviando as vosas fotografías aos seguintes enderezos electrónicos: alberto.vilagarcia@dinamiza.sociedadedainformacion.eu ou eliana.cambados@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.
Comentarios (0) - Categoría: Superamos as 200 fotografías - Publicado o 20-01-2009 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Miradas do Salnés
O Centro Comarcal do Salnés en colaboración e patrocinio co Consorcio de Comercio do Salnés convocou, no ano 2006, o Concurso de Fotografía "Miradas do Salnés".
Agora, Abre os ollos ao Salnés recupera as fotografías presentadas a este concurso para, mediante a súa dixitalización, evitar que caían no esquecemento.
Ao longo do mes de decembro iranse subindo estas fotografías para, pouco a pouco, ir completando a radiografía do Salnés.
Comentarios (0) - Categoría: Miradas do Salnés - Publicado o 01-12-2008 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Despois dun pequeno descanso
O fotolog "Abre os ollos o Salnés" retoma a súa andaina coa incorporación de novas fotos.

Participa. Cantas máis mellor.
Comentarios (0) - Categoría: Novas fotos - Publicado o 17-06-2008 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sorteo do concurso 1 foto, 100 fotos.
O venres, 23 de maio, ás 17:00 horas celebrouse o sorteo do concurso 1foto, 100 fotos.
A foto gañadora do Mp4 foi "Sinal" enviada pola Asociación Unha Grande e Chea, mentras que a gañadora do Mp3 foi "Catarata" enviada por Natividad Fortes Eiré.
Noraboa as gañadoras!!!
Grazas a todos pola vosa participación e recordade que podedes seguir enviando fotografías ao enderezo de correo electrónico alberto.cambados@dinamiza.sociedadedainformacion.eu
Comentarios (0) - Categoría: 1 foto, 100 fotos - Publicado o 23-05-2008 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Foto para a categoría "XENTES"
Nova foto para a categoría de "XENTES".

Recordade que hoxe é o último día para enviar as vosas fotos.

Un saúdo ;)
Comentarios (0) - Categoría: 1 foto, 100 fotos - Publicado o 16-05-2008 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Nova foto
Foto "Pescanatur" dentro da categoría SECTORES PRODUTIVOS.

Seguide enviando fotos ;)
Comentarios (0) - Categoría: 1 foto, 100 fotos - Publicado o 14-05-2008 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Novas fotos
As seguintes fotos foron engadidas:

"Aves limicolas" --> Natureza
"Bateas" --> Sectores productivos
"Froita dourada" --> Sectores productivos
"Olas" --> Natureza
"Anoitecer" --> Natureza

Veña que falta pouco.

Un saúdo e grazas por participar
Comentarios (0) - Categoría: 1 foto, 100 fotos - Publicado o 13-05-2008 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Máis fotos
Acábanse de engadir novas fotas nas categorías de natureza, historia, denuncia e xentes.
Recordade que hai ata o día 17 para participar no concurso 1 foto, 100 fotos.
Un reprodutor MP4 pode ser teu.
Comentarios (0) - Categoría: 1 foto, 100 fotos - Publicado o 05-05-2008 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Unha nova foto para a categoría NATUREZA
"O Grove paraíso natural" é o título da nova foto para o concurso "1 foto 100 fotos".

Podedes seguir participando. Enviade as vosas fotos a:

alberto.cambados@dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Grazas por participar ;)
Comentarios (0) - Categoría: 1 foto, 100 fotos - Publicado o 29-04-2008 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal