TELÉFONO DE CONTACTO 696283778

O meu perfil
greloverde@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XORNADA "Aprendemos a consumir produtos ecolóxicos"

A Asociación para o desenvolvemento rural sostible "O Grelo Verde" está organizando unha xornada para o vindeiro día 8 de setembr(sábado), o horario será das 9.00 ás 15.00h no Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín.

A Xornada vai a chamarse "Aprendamos a consumir produtos ecolóxicos" terá unha duración de unha mañá e consistirá en catro charlas onde os poñentes serán persoas especializadas no sector e trataranse diversos temas como:

- NORMATIVA E SITUACIÓN ACTUAL:

- A normativa autonómica, estatal e comunitaria que atañe á
alimentación, agricultura e gandería ecolóxica.

- A situación actual do sector agroecolóxico, estatísticas de
produción fronte ó consumo.

- Sectores en auxe económico, social,...


- CONSUMO DE PRODUTOS ECOLÓXICOS:


- Onde conseguir produtos ecolóxicos?

- Cales son os produtos con maior demanda?

- Cales alimentos son os máis importantes na dieta dunha persoa?

- Prioridades na alimentación ecolóxica?

- Cantidades para ter unha despensa de produtos ecolóxicos

- Sistema de cestas semanais,...

- A EXPERIENCIA ECOLÓXICA DE ?O GRELO VERDE?:

- Evolución da Asociación dende a iniciativa persoal de uns poucos

- Actividades levadas a cabo pola Asociación

- Repercusión das actuacións de ?O Grelo Verde? na comarca

- Futuro e expectativas

- A VIDA ECOLÓXICA:

- Cómo nos afectan os produtos que empregamos diariamente?

- Hixiene persoal ecolóxica

- Limpeza do fogar ecolóxica

- Roupa ecolóxica,...

A duración aproximada de cada charla será de unha hora e o horario en
principio sería o seguinte:

9.00h Presentación

9.30h 1ª Charla: Normativa e situación actual

10.30h 2ª Charla: Consumo de produtos ecolóxicos

11.30h Descanso e degustación de produtos ecolóxicos

12.30h 3ª Charla: A experiencia ecolóxica de ?O Grelo Verde?

13.30h 4ª Charla: A vida ecolóxica

14.30h Clausura


Contamos con vós!!!
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 23-08-2012 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPING ECOLÓXICO
Bos días a todos, os chicos de Casa Agrícola Valbom convidáronnos a pasar un fin de semana de camping, se alguén estivera interesado en ir soamente tería que levar tenda de campaña e ganas de pasalo ben e relaxarse, se precisandes máis información non dudendes en chamarme.


Estou a contactar para vos convidar a virem passar o fim de semana de 25 e 26 de Agosto connosco aqui na quinta em Valbom dos Figos.

Será para fazer campismo natural, aproveitar a paisagem, desfrutar de um bom banho no rio e conviver.

António Santos
Gestor comercial
+351 913 258 794
casa.agricola.valbom.geral@gmail.com

Casa Agrícola Valbom
Rua Dr. Alberto Carvalho nº4
Valbom dos Figos
5370-175 Mirandela
www.casaagricolavalbom.com

Un saúdo a todos!
Beatriz
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 13-08-2012 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0