Tras as reunións celebradas os martes primeiros de cada mes na Casiña do C.D.R. Portas Abertas en Verín, traballamos en conxunto a programación anual de difusión nos centros de ensino, novos productos para a cesta de consumo, asistencia a feiras, etc, e un ano máis O GRELO VERDE vai ter presenza na Feira do Lázaro que se celebra no pavillón de Verín, coma noutras ocasións intentaremos sensibilizar na importancia da ecoloxía e da sosteñibilidade, na alimentación sobre todo, e en moitos aspectos da vida cotiá.
Productores/as asociados/as mostrarán os seus produtos: semilleiros, marmeladas, productos da horta, etc, e tamén achegaremos a todo o público os produtos do grupo de consumo: pastas, café, aceite, etc.
Achégate a visitarnos, e anímate a facerte socio/a!!
|