
VANTAXES DA LARANXA
A laranxa é un dos exemplos típicos de alimentos con propiedades medicinales, debido ó seu contido en vitamina C. Por iso hai que destacar en primeiro lugar que chega con unha laranxa ó día para cubrir as necesidades diarias desta vitamina.
Do contido en vitamina C derivan varios efectos das laranxas:
- Intervir no metabolismo dos minerais tan importantes como o ferro e o calcio.
- Estimular a producción de defensas.
- Evitar o efecto dos radicais libres, causantes do envellecemento dos texidos.
- Hai indicios dunha acción antitumoral da vitamina C, polo que se recomenda incluir frutas como as laranxas nas dietas para a prevención do cancro.
Ademais as laranxas teñen outras propiedades beneficiosas, e aconséllanse en varias situacións:
- Nas etapas de crecemento e convalecencia, así como en situacións de estré, aumentan as necesidades de vitamina C.
- En anciáns, axudan a resolver problemas hemorráxicos, falta de defensas, e estimulan l rexeneración dos texidos que non cicatrizan ben.
- No caso de infección, polo efecto estimulante da producción de defensas.
- Polo seu contido en pectina, as laranxas contribúen a regular o nivel de colesterol en sangue, polo que se poden aconsellar no caso de hipercolesterolemia.
- É un alimento adecuado na dieta dos diabéticos polo seu baixo contido en azucre.
- Ten propiedades diuréticas e laxantes.
- É moi adecuada en caso de sobrepeso e obesidade, pois exerce un lixeiro efecto saciante, sendo moi pouco calórica.
- Facilita a dixestión, pois estimula a producción dos xugos gástricos.
PRECAUCIÓNS: a laranxa está contraindicada en caso de gastritis, úlcera gástrica ou duodenal, hernia de hiato e litiasis biliar, polo seu efecto estimulante na producción de xugos gástricos e bilis.
CONSEXOS.
- É unha boa costume acompañar as comidas de zume de laranxa, pois favorece a dixestión, e ademais a vitamina C facilita a absorción do ferro que conteñen os alimentos. O mesmo efecto ten tomar a laranxa como postre.
- O zume de laranxa ten a mesma composición que a laranxa, a única diferencia é que o zume carece as veces de fibra. Debe tomarse recién exprimido, pois a vitamina C destrúese pola exposición á luz ou ó osíxeno do aire.
Se se toma zume de laranxa comercial, o mellor é o envasado en tetrabrik, pois este envase preséervao da luz e envasouse ó vacío, evitando o contacto co osíxeno. Unha vez aberto, debe consumirse inmediatamente.
Sobra comentar que se ademais esta laranxa que consumimos, xa sea como postre ou en zume, é ademais cultivada en terreos nos que non se empreguen pesticidas, nin herbicidas, será unha laranxa que nos aportará todos os beneficios da natureza e tódalas súas propiedades. |