|
|
|
|
XORNADA "Aprendemos a consumir produtos ecolóxicos" |
|
 A Asociación para o desenvolvemento rural sostible "O Grelo Verde" está organizando unha xornada para o vindeiro día 8 de setembr(sábado), o horario será das 9.00 ás 15.00h no Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín.
A Xornada vai a chamarse "Aprendamos a consumir produtos ecolóxicos" terá unha duración de unha mañá e consistirá en catro charlas onde os poñentes serán persoas especializadas no sector e trataranse diversos temas como:
- NORMATIVA E SITUACIÓN ACTUAL:
- A normativa autonómica, estatal e comunitaria que atañe á
alimentación, agricultura e gandería ecolóxica.
- A situación actual do sector agroecolóxico, estatísticas de
produción fronte ó consumo.
- Sectores en auxe económico, social,...
- CONSUMO DE PRODUTOS ECOLÓXICOS:
- Onde conseguir produtos ecolóxicos?
- Cales son os produtos con maior demanda?
- Cales alimentos son os máis importantes na dieta dunha persoa?
- Prioridades na alimentación ecolóxica?
- Cantidades para ter unha despensa de produtos ecolóxicos
- Sistema de cestas semanais,...
- A EXPERIENCIA ECOLÓXICA DE ?O GRELO VERDE?:
- Evolución da Asociación dende a iniciativa persoal de uns poucos
- Actividades levadas a cabo pola Asociación
- Repercusión das actuacións de ?O Grelo Verde? na comarca
- Futuro e expectativas
- A VIDA ECOLÓXICA:
- Cómo nos afectan os produtos que empregamos diariamente?
- Hixiene persoal ecolóxica
- Limpeza do fogar ecolóxica
- Roupa ecolóxica,...
A duración aproximada de cada charla será de unha hora e o horario en
principio sería o seguinte:
9.00h Presentación
9.30h 1ª Charla: Normativa e situación actual
10.30h 2ª Charla: Consumo de produtos ecolóxicos
11.30h Descanso e degustación de produtos ecolóxicos
12.30h 3ª Charla: A experiencia ecolóxica de ?O Grelo Verde?
13.30h 4ª Charla: A vida ecolóxica
14.30h Clausura
Contamos con vós!!! |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|