|
|
|
Reunión ás 20.00h e a continuación o documental. |
|

|
|
|
|
PRESENTES NA FEIRA DO LÁZARO DE VERÍN |
|
Tras as reunións celebradas os martes primeiros de cada mes na Casiña do C.D.R. Portas Abertas en Verín, traballamos en conxunto a programación anual de difusión nos centros de ensino, novos productos para a cesta de consumo, asistencia a feiras, etc, e un ano máis O GRELO VERDE vai ter presenza na Feira do Lázaro que se celebra no pavillón de Verín, coma noutras ocasións intentaremos sensibilizar na importancia da ecoloxía e da sosteñibilidade, na alimentación sobre todo, e en moitos aspectos da vida cotiá.
Productores/as asociados/as mostrarán os seus produtos: semilleiros, marmeladas, productos da horta, etc, e tamén achegaremos a todo o público os produtos do grupo de consumo: pastas, café, aceite, etc.
Achégate a visitarnos, e anímate a facerte socio/a!!
|
|
|
|
O GRELO VERDE 2013 |
|
O Grelo Verde vai medrando e renovándose, proba é a incorporación nova de socios e socias, xa participando en cargos directivos e en distintas actividades.
A nova cara da Presidencia é de "Juan" productor de TERRA DE BARONCELI.
E estivemos visitando unha aposta polo rural, en Xunqueira de Ambía, polo ecolóxico e pola artesanía a TABERNA ACEVEDO.
|
|
|
|
SEGUIMOS DE FEIRAS |
|
No mes de novembro, mes das castañas temos participado en distintas feiras da provincia de Ourense como a da Castaña no RIÓS e a do Outono en Allariz.
Seguimos intentando deixar pegada ecolóxica e levando a colleita dos productores.
|
|
|
|
12, 13 e 14 IMOS A ECOCULTURA EN ZAMORA |
|
WEB DE ECOCULTURA
Dende hai anos estamos a participar nesta Feira hispano-lusa en Zamora, a hora e media de Verín, onde atoparemos productos ecolóxicos de todo tipo: gastronómicos, cosméticos, textis, novas tecnoloxías, etc. |
|
|
|
O GRELO VERDE NO XORNAL BARRIOS |
|
DIVULGANDO A VIDA ECOLÓXICA, Páxina 8.
Faltaban na foto piares importantes do Grelo coma Charo, Ana e Matías.
MUNDOURENSE.COM |
|
|
|
XORNADA "Aprendemos a consumir produtos ecolóxicos" |
|
 A Asociación para o desenvolvemento rural sostible "O Grelo Verde" está organizando unha xornada para o vindeiro día 8 de setembr(sábado), o horario será das 9.00 ás 15.00h no Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín.
A Xornada vai a chamarse "Aprendamos a consumir produtos ecolóxicos" terá unha duración de unha mañá e consistirá en catro charlas onde os poñentes serán persoas especializadas no sector e trataranse diversos temas como:
- NORMATIVA E SITUACIÓN ACTUAL:
- A normativa autonómica, estatal e comunitaria que atañe á
alimentación, agricultura e gandería ecolóxica.
- A situación actual do sector agroecolóxico, estatísticas de
produción fronte ó consumo.
- Sectores en auxe económico, social,...
- CONSUMO DE PRODUTOS ECOLÓXICOS:
- Onde conseguir produtos ecolóxicos?
- Cales son os produtos con maior demanda?
- Cales alimentos son os máis importantes na dieta dunha persoa?
- Prioridades na alimentación ecolóxica?
- Cantidades para ter unha despensa de produtos ecolóxicos
- Sistema de cestas semanais,...
- A EXPERIENCIA ECOLÓXICA DE ?O GRELO VERDE?:
- Evolución da Asociación dende a iniciativa persoal de uns poucos
- Actividades levadas a cabo pola Asociación
- Repercusión das actuacións de ?O Grelo Verde? na comarca
- Futuro e expectativas
- A VIDA ECOLÓXICA:
- Cómo nos afectan os produtos que empregamos diariamente?
- Hixiene persoal ecolóxica
- Limpeza do fogar ecolóxica
- Roupa ecolóxica,...
A duración aproximada de cada charla será de unha hora e o horario en
principio sería o seguinte:
9.00h Presentación
9.30h 1ª Charla: Normativa e situación actual
10.30h 2ª Charla: Consumo de produtos ecolóxicos
11.30h Descanso e degustación de produtos ecolóxicos
12.30h 3ª Charla: A experiencia ecolóxica de ?O Grelo Verde?
13.30h 4ª Charla: A vida ecolóxica
14.30h Clausura
Contamos con vós!!! |
|
|
|
CAMPING ECOLÓXICO |
|
Bos días a todos, os chicos de Casa Agrícola Valbom convidáronnos a pasar un fin de semana de camping, se alguén estivera interesado en ir soamente tería que levar tenda de campaña e ganas de pasalo ben e relaxarse, se precisandes máis información non dudendes en chamarme.
Estou a contactar para vos convidar a virem passar o fim de semana de 25 e 26 de Agosto connosco aqui na quinta em Valbom dos Figos.
Será para fazer campismo natural, aproveitar a paisagem, desfrutar de um bom banho no rio e conviver.
António Santos
Gestor comercial
+351 913 258 794
casa.agricola.valbom.geral@gmail.com
Casa Agrícola Valbom
Rua Dr. Alberto Carvalho nº4
Valbom dos Figos
5370-175 Mirandela
www.casaagricolavalbom.com
Un saúdo a todos!
Beatriz |
|
|
|
Traballos dos nenos e nenas do CEIP. Carlos Casares de Xinzo de Limia |
|
|
|
|
|
7 FEBREIRO 2012 REUNIÓN DE SOCIOS E SOCIAS |
|
Ás 20.00h no lugar de costume en Verín (local de Femuro) comezamos a traballar nas actividades propostas na última asamblea:
- Difusión entre grupos sociais (mulleres, maiores, infancia...) da necesidade de comer san, consumir produtos de tempada, de calidade e ecolóxicos.
- Impulsar novos productores en ecolóxicos, facilitarlles a súa incorporación ao Consello Regulador.
- Grupo de consumo, recollida de pedidos.
- Feiras no 2012.
Vémonos, non faltedes. |
|
|
|
|
|
|