Tras as reunións celebradas os martes primeiros de cada mes na Casiña do C.D.R. Portas Abertas en Verín, traballamos en conxunto a programación anual de difusión nos centros de ensino, novos productos para a cesta de consumo, asistencia a feiras, etc, e un ano máis O GRELO VERDE vai ter presenza na Feira do Lázaro que se celebra no pavillón de Verín, coma noutras ocasións intentaremos sensibilizar na importancia da ecoloxía e da sosteñibilidade, na alimentación sobre todo, e en moitos aspectos da vida cotiá.
Productores/as asociados/as mostrarán os seus produtos: semilleiros, marmeladas, productos da horta, etc, e tamén achegaremos a todo o público os produtos do grupo de consumo: pastas, café, aceite, etc.
Achégate a visitarnos, e anímate a facerte socio/a!!
O Grelo Verde vai medrando e renovándose, proba é a incorporación nova de socios e socias, xa participando en cargos directivos e en distintas actividades.
No mes de novembro, mes das castañas temos participado en distintas feiras da provincia de Ourense como a da Castaña no RIÓS e a do Outono en Allariz.
Seguimos intentando deixar pegada ecolóxica e levando a colleita dos productores.
Dende hai anos estamos a participar nesta Feira hispano-lusa en Zamora, a hora e media de Verín, onde atoparemos productos ecolóxicos de todo tipo: gastronómicos, cosméticos, textis, novas tecnoloxías, etc.
A Asociación para o desenvolvemento rural sostible "O Grelo Verde" está organizando unha xornada para o vindeiro día 8 de setembr(sábado), o horario será das 9.00 ás 15.00h no Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín.
A Xornada vai a chamarse "Aprendamos a consumir produtos ecolóxicos" terá unha duración de unha mañá e consistirá en catro charlas onde os poñentes serán persoas especializadas no sector e trataranse diversos temas como:
- NORMATIVA E SITUACIÓN ACTUAL:
- A normativa autonómica, estatal e comunitaria que atañe á
alimentación, agricultura e gandería ecolóxica.
- A situación actual do sector agroecolóxico, estatísticas de
produción fronte ó consumo.
- Sectores en auxe económico, social,...
- CONSUMO DE PRODUTOS ECOLÓXICOS:
- Onde conseguir produtos ecolóxicos?
- Cales son os produtos con maior demanda?
- Cales alimentos son os máis importantes na dieta dunha persoa?
- Prioridades na alimentación ecolóxica?
- Cantidades para ter unha despensa de produtos ecolóxicos
- Sistema de cestas semanais,...
- A EXPERIENCIA ECOLÓXICA DE ?O GRELO VERDE?:
- Evolución da Asociación dende a iniciativa persoal de uns poucos
- Actividades levadas a cabo pola Asociación
- Repercusión das actuacións de ?O Grelo Verde? na comarca
- Futuro e expectativas
- A VIDA ECOLÓXICA:
- Cómo nos afectan os produtos que empregamos diariamente?
- Hixiene persoal ecolóxica
- Limpeza do fogar ecolóxica
- Roupa ecolóxica,...
A duración aproximada de cada charla será de unha hora e o horario en
principio sería o seguinte:
9.00h Presentación
9.30h 1ª Charla: Normativa e situación actual
10.30h 2ª Charla: Consumo de produtos ecolóxicos
11.30h Descanso e degustación de produtos ecolóxicos
12.30h 3ª Charla: A experiencia ecolóxica de ?O Grelo Verde?
Bos días a todos, os chicos de Casa Agrícola Valbom convidáronnos a pasar un fin de semana de camping, se alguén estivera interesado en ir soamente tería que levar tenda de campaña e ganas de pasalo ben e relaxarse, se precisandes máis información non dudendes en chamarme.
Estou a contactar para vos convidar a virem passar o fim de semana de 25 e 26 de Agosto connosco aqui na quinta em Valbom dos Figos.
Será para fazer campismo natural, aproveitar a paisagem, desfrutar de um bom banho no rio e conviver.