O frasco das esencias


Aquí falarase de música, fútbol, política, comics, literatura, Descubridores de Catán, xadrez, cinema, bares, pubs, after hours, traballo, xornalismo e demais temas e non necesariamente nesta orde de importancia

 AMIGOS E DEMAIS (por rigurosa orde alfabética)
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BLOGALEGO

Azurro, ma non troppo.

Nestes difíciles tempos nos que parece obrigado rendir pleitesía a San Casillas, atopei un interesante artigo de Javier Ortiz no seu blog.

Cortopego o fundamental:

“Y tú, ¿qué prefieres?”, me preguntó. “Lo mío es directamente imposible”, le respondí. “A mí me gustaría que perdieran los dos” (...)Las razones por las que no quería la victoria de los representantes de la Federación Española de Fútbol, también llamada “España”, se hicieron notar en cuanto concluyó el partido y las calles de Madrid se convirtieron en escenario de toda suerte de manifestaciones de patriotería casposa (...) Pero tampoco quería que venciera la selección italiana, no tanto porque el nacionalismo italiano me cargue (que también) sino sobre todo porque, como aficionado al fútbol, llevo muy mal el supuesto juego práctico italiano, aburrido como él solo, correoso, marrullero, chulo y tirando a violento...

Personalmente, vencín as miñas dúbidas e apoiei ao equipo que debía: Italia. Contra a lenda que di que os afeccionados italianos -no meu caso, durante dúas horas- somos malos perdedores, recoñezo o xusto vencedor: España xogou mellor. Tivo máis o balón e creou máis ocasións. Tamén é certo que as escasas chegadas de Italia levaban todas perigo, grazas ao bo facer e ao físico de Luca Toni, pero non tiveron continuidade. Del Piero entrou demasiado tarde, De Rossi non xogou moito, Pirlo estaba fóra...

E aínda diría máis, España é, con permiso de Alemaña, o claro favorito a gañar a Eurocopa. Claro que hai unha semana ou así, dixen que os favoritos eran Portugal e Holanda. E xa vedes onde están...
Comentarios (0) - Destapado por Elric o día 23-06-2008 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Spoiling Festigal
Sonan rumores de que podemos ter por Compostela aos suecos The (International) Noise Conspiracy a noite do 24 de Xullo.

Comentarios (1) - Destapado por Elric o día 10-06-2008 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Berlusconis entre nós
Soy una raya en el mar
Fantasma en la ciudad
Mi vida va prohibida
Dice la autoridad

Manu Chao. Clandestino



Resulta que agora todos estamos moi cabreados con Berlusconi polas súas medidas xenófobas, racistas e as súas declaracións polémicas. Pero curiosamente corremos un estúpido velo sobre o racismo enxebre que aniña no noso país (Galiza, claro). Que rápido esquecemos que somos un país de emigrantes! Que rápido esquecemos a Castelao, falando de Panchito, o negro galego ou facendo debuxos de negros nas rúas de Nova York. E é que aquí haiche moito "eu non son racista/ agás cos xitanos". Curiosamente, só se é racista coa minoría que vive perto dun. Claro que se rascas un pouco, tamén empezas a escoitar lendas urbanas absurdas como que nos restaurantes chinos dan carne de rata...

E é que as manifestacións racistas de Monte Porreiro (Pontevedra) , Caritel, Novo Mesoiro (A Coruña) e agora Lugo non fan máis que demostrar que é máis fácil unir ás clases populares contra os que son máis pobres ca eles que contra os explotadores que os oprimen. Aí temos aos rednecks sureños, votando en masa a Clinton. Non porque sexa unha campiona do proletariado, senón porque non lles gusta un presidente negro estudado en Harvard. É o que ten ter suprimido a lei de Lynch, daslles dereitos e xa ves, cheghan a presidentes.

Debemos congratularnos tamén polo avance da normalización lingüística que supoñen estas manifestacións, demostrando que o galego tamén é útil para as máis desprezábeis causas. Analisemos, para rematar, os lemas:

"Todos xuntos contra a droga". É dicir: "Todos xuntos contra os xitanos"
"Queremos solucións xa". Sendo un pouco brutos: "Queremos unha solución final"
"Caritel somos todos". É dicir: "Todos menos os xitanos"
Comentarios (2) - Destapado por Elric o día 22-05-2008 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Reinventar o blogomillo
Aquesta pluja que ho banya tot
treu de ses coses s´olor del món.
Aquesta pluja no té un hivern,
només té un dia un poc xerec.

Tothom té defectes,
jo encara t´enyor.
Ningú no és perfecte,
ja no te faré pus cançons.

I avui som dimecres,
també som dijous,
jo sempre com sempre.
Demà pintaré amb ses mans
es meu sol de jugueta
que té un satèl·lit solar
i un solàrium d´estrelles.
Demà pintaré as cel ras
un segon domicili,
semiaquàtic i deshabitat
perquè m´estic tranformant en un amfibi

Aquesta pluja. Antònia Font


Marcha Zerovacas, algúns marcharon antes. Outros levan demasiado tempo calados. E teño que recoñecer que este recuncho ten pasado por mellores momentos.

Quizais con chuza, meneame, coa extensión dos comentarios abertos na prensa e todo iso que chaman web 2.0 (eu non sabería definir exactamente en que consiste), a utilidade dos blogs como punto de información, opinión ou mesmo taboleiro/axenda de avisos decae totalmente. Haberá que volver aos orixes, falar dun mesmo, sen medo a caer en excesos narcisistas, recuperar a idea do blog como bitácora personal. Abandonar o nós en favor do eu, como propuña o tan citado Manuel Antonio, e relativizar a idea de que un blog poida ser unha ferramenta de acción político-social.

En fin, que para pasar do discurso aos feitos, vou colgar o meu perfil psicolóxico segundo un sinxelo test de personalidade. Pensador analítico. Non sona mal
Comentarios (2) - Destapado por Elric o día 09-05-2008 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Volver aos clásicos

Como diría o vello Alan, who watches the watchmen?
Comentarios (4) - Destapado por Elric o día 22-04-2008 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xogos de mesa

Juego de Tronos vén de sumarse á ludoteca da Travesía de Epístolas número 6, no compostelano barrio da Almáciga. Agasallo de Eowyn a El Duende, ten dado interesantes partidas, nas que quedan claras varias cousas.

1/Os Stark son os mellor posicionados.
2/Os Lannister reciben hostias por todos os flancos.
3/Os calamares (Greyjoy) meten moito medo.
4/Xogar cos Tyrell é complicado.
5/Os Baratheon poden tomar Desembarco del Rey no primeiro movemento.

Se queredes profundizar máis no mundo dos xogos de mesa de autor, tamén coñecidos como Eurogames podedes mirar blogs como Que vicio ou Juegos de mesa. A web de referencia é Board Game Geek, pero no momento de escribir este texto non ía ben.

Outro xogo moi interesante, do que non se falou aquí no seu momento é o Puerto Rico, un xogo colonialista no seu senso máis estrito. Aquí tedes unha boa reseña. Extracto un par de comentarios: "Seguro que muchos estáis pensando, ¿esto es todo?, ¿Cómo se saquean las plantaciones de los demás? ¿Cómo se construyen ejércitos temibles? ¿Cuándo se invade Kamchatka? En Puerto Rico no veréis batallas encarnizadas ni conquistas de inmensos imperios. Nuestras pequeñas victorias serán fabricar un barril más que los demás, obtener un doblón más que los demás".
Comentarios (1) - Destapado por Elric o día 11-04-2008 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A necesaria reforma electoral
Leo en menéame que UPyD e Ciudadanos propuxeron reformar a lei electoral para deixar aos nacionalistas sen representación -como o socialista Ibarra no seu día-. O argumento é que "se deben tener en cuenta los votos de los ciudadanos y no de las regiones". É de supoñer que os que non vivimos en Madrid e ademais cometemos o pecado de non votar o PP ou o PSOE non alcanzamos a categoría de cidadáns, do mesmo xeito que no Imperio Romano só se concedía a cidadanía romana aos bos súbditos.

Propoño, xa que logo unha alternativa A: Consiste en que os votos dos galegos, vascos e cataláns valgan unha quinta parte que os votos do resto do Estado. Así, diminuiríase o peso dos subhumanos que habitamos nas provincias pero mantendo unha aparencia de democracia.

A alternativa B, máis directa e efectiva sería directamente retirarnos a cidadanía española aos "territorios desafectos". Aqueles galegos, vascos e cataláns que quixeran volver ao rego deberían pasar un exame nas sedes de Galicia Bilingüe (os galegos), do Foro de Ermua (os vascos) e da AJE-Cataluña (foi o mellor que atopei para os perigosos cataláns). O exame, para entendernos, iría na liña do contrato para inmigrantes de Mariano Rajoy, centrándose no adecuado cumprimento dos costumes españois: ser do Real Madrid, ir aos touros, conducir imprudentemente, comportarse como vándalos cando se viaxa polo estranxeiro, ler o Marca...

Así, conxuraríase o perigo separatista e Rosa Díez cumpriría adecuadamente co seu papel de bisagra.
Comentarios (3) - Destapado por Elric o día 18-03-2008 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Manel Fondevila analisa a situación do PP

Blog de Fondevila en Público
Comentarios (4) - Destapado por Elric o día 11-03-2008 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal