O frasco das esencias


Aquí falarase de música, fútbol, política, comics, literatura, Descubridores de Catán, xadrez, cinema, bares, pubs, after hours, traballo, xornalismo e demais temas e non necesariamente nesta orde de importancia

 AMIGOS E DEMAIS (por rigurosa orde alfabética)
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BLOGALEGO

Facebook killed the blog star
Comentarios (0) - Destapado por Elric o día 30-04-2009 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
12 zapatazos!


Á cuarta intentona. Non hai que forzar, por iso da síndrome do túnel metacarpiano. Probade aquí

Comentarios (1) - Destapado por Elric o día 18-12-2008 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un outro mundo é posíbel


Visc a un planeta ple d'ecosistemes,
no és del tot rodó,
el va escriure un moro que tenia mala lletra.
Sa rotació gairebé no se nota,
ningú no ha vist sa translació
perquè ens aplega en haver dinat quan feim horeta.

I cada nit feim una festa
a una platja que hem fitat a cada destre
amb un fogueró.
Tenim amics d'altres planetes,
són turistes, trompetistes,
saben totes ses nostres cançons.

I ballam fins que és de dia,
i en de dia treim sa barca
i mos n'anam a fer un viatge misteriós
a una cala transparenta,
ens hi quedam a viure perquè tothom sap
que som gent valenta.

Es temps inventa àtoms de colorins,
s'univers és una festa que ens omple de joia,
cada finestra obre un nou matí
ple de llums i ple d'orquestres,
ple d'enigmes submarins.

I cada dia és diferent,
com un animal que tresca som feliços
de conèixer gent,
però això és sa nostra terrra,
tots els pobles són millors si cadascú
pot fer els comptes a ca seva.

S'univers és unha festa. Antònia Font


Hoxe comeza en Santiago o primeiro Foro Social Galego. E por fin sae o sol. E estou de bo humor.

Comentarios (0) - Destapado por Elric o día 05-12-2008 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Afroamericano
O filme MalcolmX, de Spike Lee, remata co panexírico que escribiu un amigo seu sobre o político de Harlem. Cito de memoria, e polo tanto mal: "Malcolm X, era un afroamericano; a palabra negro (black) quedáballe pequena para unha persoa tan grande coma el. El conseguiu ser un afroamericano (african-american), e todos nós, a pesar das diferenzas que tivésemos co irmán Malcolm deberiamos seguir o seu exemplo".

Viñéronme á cabeza esas palabras pensando na vitoria de Obama. Xa sei que é ser optimista de máis, pero de ilusión tamén se vive.
Comentarios (5) - Destapado por Elric o día 05-11-2008 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Construtivismo soviético


Pois iso, golpeade aos brancos coa cuña vermella.

De El Lissitzky.
Comentarios (2) - Destapado por Elric o día 29-10-2008 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Paul Krugman, friqui
Ser friqui está de moda. Xa hai un tempo. Pero estes días, o colectivo (sector fans da ciencia ficción) ten un motivo de orgullo. Un dos seus, Paul Krugman, vén de recibir o Premio Nobel.

E é que Krugman é coñecido por ser un duro crítico da administración Bush, e xa a nivel especialista, como experto en modelos teóricos sobre o comercio internacional. Porén, o que eu non sabía até hoxe , é que, segundo recolle meneame o señor Krugman decidiu meterse a economista tras ler a triloxía Fundación, de Isaac Asimov. Inicialmente, quería ser psicohistoriador, como Hari Seldon, pero non atopou onde matricularse.

Ata aí todo ben, non deixa de ser un hobby de xuventude. Pero xa un pouco maior, elaborou un modelo teórico sobre o comercio interestelar, que podedes consultar aquí en pdf. Asegura que é "un estudio serio sobre un tema ridículo, contrariamente ao que se acostuma facer en Economía", é dicir, estudos ridículos sobre temas serios.

Coda 1: Ninguén é perfecto. Krugman traballou durante un ano para a administración Reagan. Cabe destacar que Clinton quíxoo fichar, pero non pasou o corte pola súa escasa habilidade para calar a boca cando outros din parvadas.

Coda 2: Lin hai pouco Fundación e Fundación e Imperio, de Asimov. A terceira parte, Segunda Fundación non a tiñan en Couceiro, espero que me chamen dunha vez porque xa me tarda botarlle o dente. Son novelas moi recomendables. Eu vexo tras eles unha clara influencia marxista na explicación do cambio social en base ás relacións económicas.
Comentarios (1) - Destapado por Elric o día 15-10-2008 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A gran mentira liberal

Recuerdo que era sólo un chaval
y la nueva Inglaterra me enseñó un mundo nuevo
solo, muy feo, guitarra y nada más
estaba el gran Billy Bragg (...)
Las chicas nos dejan por otro más tierno,
el partido prefiere un perfil moderado
La sala se aburre escuchando a un disc jockey
solos tu y yo, Billy Bragg
Y hoy con esta guitarra
es un orgullo poderte cantar
que no, que no, que no,
que no pasará el gran circo liberal (...)

Los Carradine. Billy Bragg


A xente pregúntase pola rúa se asistimos á fin do capitalismo, pero ninguén parece moi confiado. O que si vivimos son tempos estraños. O presidente da patronal española pide abrir unha paréntese na economía de mercado. Un dos xornalistas estrela do sistema -da ala progresista, pero do sistema- arremete contra o liberalismo económico con furor bolchevique. A esquerda do partido demócrata e a dereita do partido republicano (é dicir; a ultradereita) tumban un plano de rescate financeiro que apoian Bush, Obama e MacCain. E a nós que nos queda? Tomar nota? Celebrar unha crise que faga limpeza e remate cunha economía baseada na especulación? Ir ás barricadas?

Mirade o debuxo de hoxe de El Roto no País: "Esperemos que vuelva la sensatez, para poder continuar con la locura". Ou o artigo de onte de Zizek. Ou, mesmo a foto que publicaban onte; a contraparte do imperio ianqui, en Latinoamérica. Ou, aquí, na casa, o que escribe Belén Regueira n'A nosa Terra.

E soade como os Smiths.
Comentarios (2) - Destapado por Elric o día 03-10-2008 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hai algún tempo, nunha facultade moi próxima...
Con Xosé Carlos Caneiro pasa o mesmo que con Los Planetas: ou se lle quere ou se detesta. Para ser rigorosos, habería que dicir que son máis os que non os queren (tanto ao escritor verinense como aos músicos granadinos) que os que os aprezan. Eu gosto da música de Los Planetas e, en cambio, coñezo moita xente con certa cultura musical que non os soporta ou non lle din absolutamente nada.

Quizais para compensar, no caso de Caneiro colócome coa sempre desprezábel maioría: non o aguanto. É difícil, en todo caso, respectar a quen escribe: "Qué mundo tan hipócrita e repugnante. Eu quero aos que quero e distánciome dos que me distancio. Eu son eu, sen máis. Constrúo a miña obra en soidade, alimentándome de soidade, pelexando e chorando mil veces coa soidade. Sen grupúsculos, contubernios ou directrices." E claro, agora que me entero por Chuza dos choros do tipo ao recibir unha mala crítica non podo evitar lembrar unha conversa na cafetería da Facultade de Xornalismo.

-Estudante 1: Que vós parece Caneiro?
-Estudante 2: Linlle Ébora. Costoume, pero remateino.
-Estudante 1: Tenteino con Un xogo de apócrifos e deixeino ás 80 páxinas
-Estudante 3: Eu, unha vez case remato unha das súas columnas na Voz.

Só apuntar que o estudante número 3 gañou un par de premios literarios, menos que o ilustre columnista do val do Támega, pero igualmente respetables.
Blog de Xosé Carlos Caneiro. Entrade baixo a vosa responsabilidade
Comentarios (5) - Destapado por Elric o día 24-08-2008 02:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal