O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VISITA A CDR O VISO CO IES POETA DÍAZ CASTRO

Deixamos aquí unha crónica, escrita polo profesor de Física e Química Miguel Yebra, da visita do alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz á Limia, onde compartiron unha xornada co alumnado do IES Lagoa de Antela.

Neste pequeno comentario da visita ao Viso en Lodoselo só vou explicar os meus sentimentos respecto á mesma.

Podo dicir que foron uns sentimentos encontrados porque eu o paso moi ben en calquera saída do centro escolar, sempre e cando pense que serve para algo máis que saír a dar unha volta. Cando chegaron as profes de Guitiriz cos seus alumnos/as semellaba algo de recelo entre os dous grupos de rapaces/as...pero co bo facer dos monitores/as do CDR pronto vimos que xa aparecía certa distensión. Ao longo do día as cousas foron a mellor e creo que ata intercambiaron números de teléfono e direccións de correo electrónico. Aprenderon cousas nos talleres, na actividade de orientación etc e fixéronon divertíndose, que é o importante.

Pero, por outra banda, para min non deixou de ser a última vez que ía co Tomás a unha actividade dende o centro (aparte a frustrada visita ás illas Cíes) e iso resúltame moi triste. Penso que é unha gran perda para o noso IES que un profe como Tomás (Profe, amigo e mestre) marche aínda que sexa 20 m máis aló do noso Instituto, ímolo sentir moito o curso que vén e os seguintes ata xubilarnos.


Comentarios (0) - Categoría: INTERCAMBIOS E CONTACTOS - Publicado o 05-07-2018 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal