Subimos aquí unha cantiga de amigo que crearon para a materia de Lingua e Literatura de 1º de BAC as alumnas NAIARA, ILENIA, CARMEN, IRENE, VANESSA e o alumno PABLO, persoas que remataron este ano a súa andaina vital polo instituto e ás que lles desexamos o mellor na travesía que comezan.
O Museo da Limia (Vilar de Santos), o Centro de Cultura Popular do Limia (Xinzo de Limia) e a Fundación Carlos Casares (Vigo) convocaron o II Certame de Creación Literaria e Plástica Carlos Casares. Ao concurso presentáronse varios alumnos e alumnas do IES Lagoa de Antela dos cales foron premiados Álex Jardón (1º ESO), Ana Posada (4º ESO) e Miranda Fonseca (1º BAC). Os traballos serán publicados no próximo número da revista Lethes que se publicará en outubro.
O xurado estivo presidido por Antón Riveiro Coello, contou con Chus Pato (María Xesús Pato Díaz), Concha Rousia e Manuel Seoane como vogais e actuou de secretario Delfín Caseiro.