Tomás García, profesor de Bioloxía e promotor do proxecto de realizar fichas das 50 árbores do instituto con código QR, proxecto no que colaborou o ENDL, explica en que consistiu este.
Guillermo Arcos, alumno de 3º ESO, explica nun vídeo o desenvolvemento do proxecto.
Xurxo Alonso e Guillermo Arcos entrevistaron a avoa de Xurxo, Pepa, que contou a súa dura infanci; a chegada dos "laguneros", nome que lles daban aos que traballaron na desecación da Lagoa de Antela; e algunhas historias da posguerra, como a dos "atracadores", nome que lles daban aos guerrilleiros coma Camilo de Diós.
Alumnas e alumnos de 3º ESO realizaron entrevistas a persoas maiores do seu entorno. Preguntáronlles cuestións sobre a súa infancia (escola, traballo, xogos...) e recolleron contos e lendas que aínda permanecen na súa memoria.
Aquí fala Dolores Veloso Rodríguez, avoa do alumno Cristian Novoa González.
Celia Díaz Núñez visitou o IES Lagoa de Antela para falar da súa novela Unha verdade amarga co alumnado de 1º de Bacharelato.
A escritora preséntanos nesta novela os vellos segredos de dúas familias ao longo do tempo xunto coa loita dun ancián, Aurelio Salgado, por non perder a memoria e, con ela, os seus recordos.
Na vida de calquera persoa sempre pode haber un segredo, unha verdade amarga, que convén agochar.
Agradecemos a Celia a súa amable presenza e esperamos que repita a experiencia.