Rematamos a homenaxe a Roberto Vidal Bolaño cunha escena adaptada de Animaliños en que unha praga de caracois ameaza os propietarios dun chalé ata apoderarse do seu xardín. Combinando texto e mímica provocamos os risos do público asistente.
Celebramos o Día do Medio Ambiente cun concurso de fotos en 1º de ESO, promovido por Tomás García, profesor de Bioloxía e membro do ENDL, co tema ?A primavera no patio do instituto?. As fotos permanecen expostas no corredor.
Felicitamos o alumnos e alumnas que participaron e, en especial, os que foron seleccionados pola calidade das fotografías que presentaron: Xabier Rivero, Lucía Fernández e Ángela Tejada
Seguimos a celebrar na biblioteca as Letras Galegas co teatro como protagonista. Desta vez alumnado de 3º B dramatizou a vida de Roberto Vidal Bolaño. O texto foi unha adaptación de Luz Jares e Carmen Gómez.