O grupo de teatro de 3º C (Alba, Benita, Marcos, Carlos, Juanjo e Álvaro) representou A princesa que non quería ser princesa, unha peza confeccionada para a ocasión.
Este curso recollemos estas lendas da comarca d'A Limia. Podedes ler máis no blog No Límite. Seguimos co proxecto de recollida da tradición oral grazas á colaboración do alumnado. Grazas.
No blog No Límite atoparedes máis lendas recollidas polo alumnado da comarca.
Alba Domínguez, de 3º C de ESO, dramatizou unha lenda da súa aldea.
Colgamos os traballos sobre toponimia e microtoponimia d'A Limia realizado polo alumnado de Bac.
OS BLANCOS
MOURIL: (Lat. Mauru) Pequena aldea situada nas proximidades do concello onde, segundo os veciños, había moitas mouras.
VILARIÑO DAS POLDRAS
SOPENEDO: (lat. SUB + PINNA) Rúa que discorre por debaixo dos penedos.
FARAMONTAOS
OUTEIRO DAS MOAS: (lat. ALTARIU + lat. MOLA) Outeiro no que
cortaban as pedras e facían as moas dos muíños.
NOCELO DA PENA
O MARCO DOS VALENTES: ( xerm. MARKA + latín VALENTE) Lugar no monte da aldea, onde hai unha pedra grande. Antigamente alí xuntábanse os mozos, para ver quen era capaz de erguela. Así comprobaban cal era o máis valente e o que tiña máis forza. Esta pedra tamén serve como división entre as terras de Nocelo e O Santo.
CALVOS
PENEDO DA MOURA: (latín PINNA + MAURU). Lenda case descoñecida polos veciños, só recordan que no cal vivía unha moura cos seus fillos, case afastada do resto da aldea, nese lugar hai unha fonte na cal esta lavaba a roupa.
No blog da revista No Límite atoparedes máis toponimia recollida polo alumnado da comarca.
Alí estivemos, no Museo do Pobo Galego, nese espazo habitado por pedras que resisten o paso do tempo e albergan voces que non dormen. Alí, preto de Rosalía e Castelao, celebramos os 20 anos de normalización do galego e homenaxeamos a Agustín Fernández Paz, un referente na historia da galeguización do ensino que leva máis de vinte anos fabricando historias na nosa lingua.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización realizou un traballo excelente, canto traballiño!, organizando material de moitos centros, montando vídeos incribles, deseñando un percorrido pola historia destes 20 anos, cos seus avances e retrocesos, cos seus éxitos e fracasos...
Parabéns por facer posible este acto cargado de historia e de emocións, que arrancou aplausos prolongados e xestos de admiración.
E parabéns para Agustín, parabéns pola súa integridade, pola súa perseveranza, por darnos leccións de dignidade, por ser tan xeneroso, por seguir camiñando...
Aquí vai un vídeo inspirado nas súa narrativa de suspense e que extraín dun traballo de literatura de hai dous anos, realizado por unhas mozas moi lectoras, daquela de 4º de ESO, hoxe preuniversitarias. A verdade é que este vídeo está cortado dunha curta en que Uxía, Mirian, Úrsula, Isabel e Mª Luisa dramatizaron un relato de Contos por palabras, "Vanesa e os anuncios". Esta versión teatralizada subirémola noutra ocasión.
O domingo é o Día Mundial do Medio Ambiente e queremos anticiparnos deixándovos estas imaxes da plantación en Candás, un dos moitos montes que padeceu un incendio o ano 2006 e que deu lugar a un proxecto educativo entre o EDLG e o Departamento de Bioloxía. Cada ano o alumnado do IES Lagoa de Antela, e agora tamén o do IES Cidade de Antioquía, colabora no rescate desta zona plantando freixos, castiñeiros, rebolos...
E non deixedes de ler este magnífico artigo de Beatriz Domínguez, conmove.
CINSA
Unha vida simple, ese é o título dun libro no que se fala sobre actividades e actitudes que contribúen a evitar os ataques deliberados contra unha natureza indefensa, que está quizais a estas alturas, demasiado enferma. O autor deste manual vive en Nova York, desprázase en bicicleta desafiando o tráfico da 5th Avenue, e é vexetariano. Un tipo ?raro? (poderíamos pensar) posto que resulta realmente contraditorio que un amante da natureza habite nunha xungla de cemento, como o é esta gran cidade. Encántalle escoitar o canto dos milleiros de paxaros que habitan as árbores de Central Park, e sempre que pode deléitase coas vistas que dende o ?Top of the Rock? ofrecen os pulmóns da cidade en outono, cando os tons ocres e avermellados se apoderan do parque. Aínda así a súa estación favorita segue a ser, sen dúbida, a primavera. E se me permitides o comentario, tamén é a miña. Trátase da estación da emerxencia, do agromo das flores e a maduración das froitas. O instante xusto no que a natureza semella explotar e expandirse, un espectáculo espontáneo e fermoso que ultimamente estamos empeñados en ignorar. E máis aló das nosas preferencias estacionais, o problema está quizais na indiferenza que, en cuestións naturais nos caracteriza no último milenio.
Non me resisto á tentación de pór esta foto, polo significado que contén, pois vemos a Breogán, membro do club de lectura de 1º de ESO, entregándolle o premio a súa irmá Ledicia, membro do club de lectura de 1º de BAC. Hai uns meses fora Ledicia quen lle fixera entrega do premio de fotografía a Breogán. Parabén para os dous, amantes da lectura e fillos de bibliotecaria. Será que os libros inflúen nas relacións cordiais (de corazón) entre irmáns? Observade a cara de orgullo e satisfacción dela, é totalmente gráfica.
Aí vai un fragmento do relato "O préstamo", de Xosé Manuel R. Quintela, de 2º de ESO (2º pola esquerda na foto).
[...]
Fun a unha taberna que frecuentaba e alí atopeino, sentado a unha mesa detrás dunha xerra de cervexa. Achegueime e díxenlle que se reunira comigo ás doce da noite nun almacén abandonado que quedaba preto da pensión, preguntoume por que e díxenlle que era privado, que non llo contara a ninguén e que era moi importante-
Cheguei á pensión e non saín da miña habitación ata as doce menos dez. Abrín un caixón da mesiña de noite que tiña a carón da cama e collín o meu revólver de guerra que tiña gardado nunha caixa de puros. Coloquei seis balas no tambor e metín o revólver no peto da chaqueta de modo que ninguén o vira e dirixinme ao almacén coas mans metidas nos petos.
[..]
Para rematar a homenaxe a Lois Pereiro, membros do club de lectura de 1º ciclo de ESO e de 1ºde BAC, integrantes do EDLG de 2º de ESO e as alumnas pre-universitarias Beatriz, Uxía e Noelia, que formaron parte do club de lectura e que agora poñen rumbo a outros horizontes, recitaron poemas do escritor monfortino na biblioteca.
Seleccionamos uns fragmentos deste recital onde interveñen persoas que non participaron no recital de Xinzo.