O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NO CORAZÓN E NA LINGUA SEMPRE EN GALEGO
No amor (quéroche), no campo da festa (botamos un baile?), no río (mergúllome), no parque (xogo), no chiringuito (zume e olivas), na praia (ondas de auga e area), no tacto (beixo), na música (sinto), no silencio (penso), na noite (soño), na cola do supermercado (cóbrasme?), na cociña (xantar), na horta (semente), no abrazo, nas mans, nos beizos, no que leo, no que escribo, no colo, na viaxe, na vida… porque si, porque me peta, porque me dá a gana: SEMPRE EN GALEGO.

PINTAMOS HORAS DE LUZ NO HORIZONTE DE TODOS OS ABISMOS DESECADOS. SEN DESHIDRATARNOS.
Entra en normalización e recréate coas entrevistas do alumnado de 4º da ESO, paga a pena.
http://centros.edu.xunta.es/ieslagoadeantela/?q=node/141#attachments
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 27-06-2008 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO NO INSTITUTO

Vivimos unha hora emocionante co mundo da farándula.

Uxía Domínguez, Uxía Alonso, Álex, Andrea, Jenni, Mónica, Carolina, Cristina, Laura Paz e Miriam representaron Vellez, divino tesouro, unha farsa de cómo enganan as aparencias.

Laura Joga, Anxo, Tania Prieto, Tania Pérez, María Luisa, María Salgado, Jose, Manolo escenificaron Aqueles felices anos, unha parodia sobre as experiencias no instituto.

Escachamos coa risa!!

Máis fotos na galería da páxina web do instituto.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 27-06-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
CREBAR AS LIRAS: HOMENAXE A CURROS ENRÍQUEZ

HOMENAXE A CURROS ENRÍQUEZ (Celanova 15 de setembro de 1851 – A Habana 7 de febreiro de 1908)

O xoves 5 de xuño, as alumnas de 3º da ESO do IES Lagoa de Antela Úrsula Casado, Susana Diz, Beatriz Domínguez e Isabel Fernández asistiron a un acto na Praza Maior de Xinzo en que se festexaba o centenario do pasamento do poeta.
No acto, que se celebraba simultaneamente en 54 vilas galegas, alumnado dos distintos centros educativos limiaos leron algúns dos poemas máis coñecidos do vate celanovés: “A Rosalía”, “Na chegada a Ourense da primeira locomotora”, “O maio”.
Rematou o acto cantando a versión dos Tamara da famosa “Cántiga”.
Curros tanto na súa obra poética, da cal detacamos Aires da miña Terra, como na súa vida pública tomou partido polos desfavorecidos. O seu compromiso co pobo e a confianza no progreso levouno a ser corrosivo coas clases dirixentes.


“Na chegada a Ourense da primeira locomotora”

Velahí ven, velahí ven avantando
cómaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.

Velahí ven, velahí ven tan houpada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.

Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!

II

Catedral, demagogo de pedra,
dun pobo fanático erguida no medio,
repinica esas chocas campanas
en sinal de alegría e contento.

Asocia esas voces
ó són dos pandeiros,
¡ás santas surrisas
de terras e ceos!

E ti, río dos grandes destinos,
que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,
requeimáda-las fauces de sede
ven o monstro a beber no teu seo.

Bon samaritano,
dálle auga ó sedento;
que a máquena é o Cristo
dos tempos modernos.


Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 13-06-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO E 1º DA ESO DO IES LAGOA DE ANTELA CONFECCIONARON DOUS CONTOS VIAXEIROS

Noraboa ás persoas que participaron nesta experiencia, ao profesorado do CEIP Rosalía de Castro e, por suposto, ao seu alumnado; e ao profesorado e alumnado de 1º da ESO do IES Lagoa de Antela.
Comentarios (0) - Categoría: INTERCAMBIOS E CONTACTOS - Publicado o 12-06-2008 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO DO SECTOR COMERCIAL DA LIMIA
Preme aquí e descarga o arquivo do estudo sociolingüístico realizado polo alumnado de 4º da ESO e coordinado pola profe de galego. INTERESANTE!!

Tamén colgamos o outro vídeopoema gañador "Galiza ou Galicia?"

http://centros.edu.xunta.es/ieslagoadeantela/?q=node/137
Comentarios (1) - Categoría: CAMPAÑAS - Publicado o 09-06-2008 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO CASEIRO DE XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
Recréate no vídeo sobre o homenaxeado este ano nas Letras Galegas, con voces do alumnado e cántiga de berce cantada e musicada. Merece a pena!!!
http://centros.edu.xunta.es/ieslagoadeantela/?q=taxonomy/term/46
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 02-06-2008 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal