O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA
Mañá entregaremos os premios do concurso literario e o de vídeo, ademais de escoitar poemas de Lois Pereiro nas voces do alumnado do club de lectura e proxectar vídeos sobre o escritor monfortino. Non nos cansamos de homenaxealo.

Parabéns aos gañador@s!


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 26-05-2011 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
RECITAL POLAS LETRAS NA PRAZA DE XINZO
Alumnado do club de lectura de 1º de ESO, integrantes do EDLG de 2º de ESO e alumnado colaborador acudiu á cita convocada polas bibliotecas dos catro centros escolares de Xinzo (CEIP Rosalía de Castro, CEIP Carlos Casares, IES Cidade de Antioquía e IES Lagoa de Antela) na Praza Maior da vila para celebrar as Letras Galegas. O alumnado encheu a praza coas palabras de Lois Pereiro, de Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro...Tamén houbo música e baile.

A homenaxe pola lingua, encarnada este ano na figura de Lois Pereiro, continúa, incansable...




Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 23-05-2011 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUIMOS COA HOMENAXE A LOIS PEREIRO
Aquí vai o 2º vídeo para homenaxear a Lois Pereiro neste día.
En trafegando ronseis e a coordinadora dos EDNL hai ampla información e enlaces a recursos.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A LINGUA!

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-05-2011 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
UN AGASALLO PARA O MUNDO
Nós tamén compartimos este agasallo o Día das Letras Galegas e tamén os outros 364 días do ano.





Comentarios (0) - Categoría: CAMPAÑAS - Publicado o 17-05-2011 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
ALBA PROL CID FALOU DA LINGUAXE NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Alba Prol Cid, licenciada en Comunicación Audiovisual e antiga alumna do noso instituto, volveu ao centro para impartir unha charla sobre "A linguaxe nos medios de comunicación". Abriunos os ollos sobre como funcionan os medios, como deciden o que é actualidade, como transmiten a ideoloxía e valores dominantes, como priman o verosímil sobre verídico, a súa falta de obxectividade, a influencia na opinión pública, a sobreinformación e o exceso de mensaxes sen contido ou con contido distorsionado... Expuxo exemplos de manipulación que nos sorprenderon e insistiu na necesidade de desenmascarar o aparente e ser crític@s.

Unha sesión interesante que agradecemos dados os tempos que corren, de difamación e calumnias e de medios facéndose eco destas e non dos desmentidos.

Grazas, Alba, foi un pracer escoitar as túas palabras.


Aquí podedes ver Tan preto, tan lonxe, un interesante documental realizado por Alba Prol e Sabela Iglesias, sobre diferentes espazos de comunicación coexistindo na mesma sociedade. Seguro que non deixa indiferente e provoca a reflexión.



- Curtametraxe proxectada no Foro da Cidadanía e da Comunicación 2008 (Facultade de Ciencias da Comunicación · USC)

- Curtametraxe-documental preseleccionada no concurso do Festival de Curtas ON&OFF de Ribadeo 2008.


Dirección_Aniamas
Produción_Alba Prol e Sabela Iglesias
Operadoras de cámara_Isabel Rey e Irene Suárez
Edición e montaxe_Alba Prol e Sabela Iglesias
Postprodución_Irene Suárez, Isabel Rey e Sabela Iglesias


Tan preto e tan lonxe from Sabela Iglesias on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 14-05-2011 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO LOIS PEREIRO
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 08-05-2011 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS LOIS PEREIRO
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 08-05-2011 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS LOIS PEREIRO

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 07-05-2011 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS LOIS PEREIRO

Escollemos estes dous poemas de Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 para acompañar este cartel de produción propia.

XIV
(Contra a morte o amor que vai conmigo)

Dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivindo á miña inexistencia
soñando nas túas noites
ou prorrogado en ti.



Un soño alleo repetido

O certo é que teño a impresión ás veces
que se fai máis patente cada día
de que pese ás evidencias en contra
debín morrer daquela

e estou vivindo un soño repetido
nas noites dos que me seguen querendo.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 06-05-2011 07:38
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRAS DE LOIS PEREIRO

FRAGMENTOS DE POEMAS PARA UNHA LOIA DE LOIS PEREIRO

AGORA AÍNDA TEÑO OPCIÓN PARA EXILIAR O MEU ESPÍRITO NO ÁRTICO, EN ASIA OU NO NEPAL, E TEÑO PERMISO PARA QUE NADA HUMÁN ME SEXA ALLEO. POR ISO PODO DECIDIR MILITAR NA MIÑA PROPIA LINGUA, "PORQUE QUERO, ME PETA E ME DA A GAÑA..." MOITAS CULTURAS SE CRUZAN NO MEU ESPÍRITO E NO MEU CORAZÓN NON HAI FRONTEIRAS. NINGUÉN ME IMPEDIU NUNCA SER MÁIS CRÍTICO E SARCÁSTICO CO QUE EU SINTO MEU, PROPIO E HERDADO.

DEFENDÁMONOS, LOGO, CALADAMENTE, CON FURIA, OU CON HUMOR TIBETANO, PERO NON TRANSIXAMOS CUNHA SOIA AGRESIÓN MÁIS, PORQUE OS ATAQUES ESTÁN SENDO MÁIS SUTÍS, MÁIS CHEOS DE ARGUMENTOS, DE FALSA ERUDICIÓN, EN NOME DO PROGRESO OU DUNHA INCERTA IRMANDADE UNIVERSAL QUE SÓ AVANZA CARA A UNIFORMIDADE TECNOLÓXICA. ESTÁ EN XOGO A NOSA SUPERVIVENCIA, E NON SÓ COMO POBO, SENÓN COMO SERES HUMÁNS: OS MESMOS QUE DESDE AS SÚAS ORIXES COMA ESPECIE FORON CREANDO MILLEIROS DE LINGUAS E CULTURAS QUE PERVIVEN OU NON, CREADAS POLA PURA NECESIDADE DE AUTOSUPERACIÓN E TRASCENDENCIA DO ESPÍRITO HUMÁN.

A REFLEXIÓN, AS IDEAS, A CREACIÓN OU AS PALABRAS. A ARTE E A CULTURA É SEMPRE O QUE ME SALVA DA TENTACIÓN DA MORTE, E ME ANIMA A REINICIAR, A REANUDARME NO COÑECEMENTO E NA TRANSFORMACIÓN DA MIÑA ALMA EXTRAVIADA.


Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 04-05-2011 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
RECURSOS PARA AS LETRAS GALEGAS
Na páxina web da Coordinadora de Equipos de Normalización atopamos todo tipo de recursos para traballar co poeta Lois Pereiro.
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 01-05-2011 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal