O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RECIBIMOS TRES AGASALLOS!!
Recibimos tres agasallos!! da man de tres diferentes blogs. O blog foi agraciado co Selo Violeta por conter maxia ( a cor violeta representa a paz) na defensa da nosa lingua e é unha iniciativa de Mil Primaveras.

Dámosllelas grazas a quen nos agasallou :


O BLOG DO endl do IES Félix Muriel de Rianxo http://www.blogoteca.com/ocastelodalua/

O refraneiro http://www.blogoteca.com/orefraneiro/ )

O blog do ENDL de Breamo (http://www.blogoteca.com/asgabarras/

Aceptamos as regras pois esta mención ten as súas normas:

- Exhibir o selo Violeta.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os blogs que merezan o agasallo.
- Avisar os indicados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as regras.
O noso agasallo vai para:

The painther, blog da nosa vella alumna Ana Parada, pola beleza das súas palabras e o seu constante espírito artístico. http://www.blogoteca.com/thepainter/

Os colegas das palabras, http://www.colegasdaspalabras.blogspot.com/,
blog lector do IES Julio Prieto Nespereira, polo fomento da lectura en galego.

O cartafol do vento,
blog do ENDL do IES San Mamede de Maceda, pola súa alma creativa e didáctica. ocartafoldovento.blogspot.com

Na punta da lingua, pola súa entrega na procura de estratexias dinamizadoras, http://www.blogoteca.com/napuntadalingua/



http://ocartafoldovento.blogspot.com
Comentarios (4) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 28-04-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE ABRIL SEMPRE!!
Onte foi 25 de Abril!! O 25 de abril conmemórase a Revolução dos Cravos, o levantamento que, en 1975, en Portugal, protagonizou o exército contra a ditadura de Marcelo Caetano, continuador do tirano Salazar.
O exército entrou en Lisboa cun caravel na punta dos fusís e foi recibido pola poboación con moito balbordo e alegría. Unha revolución sen derramamento de sangue e liderada polo exército, o que tal se viu! Portugal estaba canso de mandar fillos a África a morrer pola patria, cuxa defensa na conservación das colonias rebeldes era máis importante para os dous ditadores que a vida dos seus compatriotas. A PIDE, odiada institución que se encargaba de perseguir, torturar e eliminar os “subversivos”, foi desmantelada.
A canción símbolo da revolución foi Grándola, cantada por José Afonso (Zeca), hoxe convertida nun himno que non coñece froterias.Grándola, vila morena, terra da fraternidade, o povo é que máis ordena, dentro de ti, ó cidade... A acrtiz e directora portuguesa Maria de Medeiros dirixiu e protagonizou unha película sobre os acontecementos: Capitães de Abril.
25 de Abril sempre!!
Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 26-04-2009 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA POLA LECTURA EN GALEGO
Interesante campaña de promoción da lectura en galego. Copiámoslla ao blog

as gabarras
Comentarios (2) - Categoría: CAMPAÑAS - Publicado o 23-04-2009 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO SOBRE RAMÓN PIÑEIRO

As letras galegas homenaxean a Ramón Piñeiro. Atopamos este vídeo grazas ao blog


no bico da lingua
Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 20-04-2009 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN SOBRE MULTILINGÜISMO DO IES DE ELVIÑA
O ENDL do IES de Elviña preparou esta interesante e didáctica presentación sobre o multilingüismo. Unha delicia!


Comentarios (0) - Categoría: MATERIAIS DIDÁCTICOS - Publicado o 16-04-2009 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS GALEGOS PARA TODAS AS IDADES E GUSTOS
Neste enlace encontramos unha lista inmensa de libros clasificados por idades e con resumos e opinións. Debémosllo a Anxo González e Vitoria Ogando: LIBROS
Comentarios (0) - Categoría: RECOMENDACIÓNS LITERARIAS - Publicado o 14-04-2009 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
XINZO EN FOTOGRAFÍAS

Antía Pousa, de 2º de BAC, mándanos esta reportaxe fotográfica de Xinzo.


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 11-04-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA A XABIER XIL XARDÓN
ESTHER LOSADA E PAULA CRISTINA LIMIA, alumnas de 2º de BAC no IES Lagoa de Antela entrevistaron ao poeta Xabier Xil Xardón, antigo alumno do centro. Interesantes preguntas e interesantes respostas.

Para ler ben o documento debes premer no artigo e regular + ou - o zoom.



Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 09-04-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
AS LECTURAS POLA PAZ NO BEN FALADO

BEN FALADO!
Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega presentado por Xesús Ferro Ruibal.

Capítulo 184
IES Xinzo. Lecturas abertas pola paz
Fraseoloxía: En abril xa se cea sin candil. Xaneiro, xeadeiro. Á xeada de abril, fame ha de seguir. A lama de agosto i-o polvo de abril non son de rir. Marzo ventoso e abril chuvi...
03/04/2009 - 15:31 h.

Se queres ver o vídeo entra na tele galega á carta e escribe ben falado:

Ben falado
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 06-04-2009 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
AS MULLERES DE VERDADE TEÑEN CURVAS

Título orixinal: Real women have curves (As mulleres de verdade teñen curvas)
Ano: 2002
Directora: Patricia Cardoso
Guión: George LaVoo e Josefina López
Música: Emma García de Mantilla e Héctor Pereira

Premios: Sundance 2002: premio do público. San Sebastián 2003: premio do público xove

SINOPSE: Ana, unha adolescente méxico-americana, vive na comunidade hispana do Leste de Los Ángeles, e recentemente acabado o instituto o seu profesor anímaa para que solicite unha bolsa para estudar na Universidade de Columbia. Pero os seus tradicionais pais pensan que non é tempo para estudar, senón para axudar a súa familia. Dividida entre as súas ambicións persoais e a súa tradición cultural, accede a traballar coa súa nai na fábrica de costura da súa irmá, no centro de Los Ángeles.

Proxectouse no salón de actos en versión orixinal con subtítulos, esta película da directora mexicana Patricia Cardoso que trata moitos temas interesantes. Baséase na obra teatral de Josefina López, co-guionista, produto da súa experiencia como traballadora sen papeis nun taller de costura en Los Ángeles, cidade onde transcorre a acción.
O filme trata múltiples temas dende unha óptica feminista: a capacidade de decidir, o valor da cultura e a educación, o enfrontamento xeracional, o desarraigo cultural, o conflito lingüístico, o espertar do sexo, o amor, a explotación laboral, a solidariedade entre mulleres, a aceptación do corpo, o cuestionamento da tradición, a liberdade...

Logo da proxección, que provocou fortes aplausos e callou sobre todo no público feminino, abriuse un pequeno interesante debate sobre a película.

Sen dúbida, esta é unha película para recoñecerse, valorarse e aceptarse, imprescindible para traballar a igualdade.
Comentarios (0) - Categoría: CINEFÓRUM - Publicado o 06-04-2009 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
O DOCUMENTAL SOBRE O ENTROIDO XA É UNHA REALIDADE
Aquel proxecto de documental sobre o Entroido de Xinzo que naceu dunha idea de Roxelio Barbosa, profe de Matemáticas, xa é unha realidade. Na elaboración do vídeo, que leva o nome de “Con elas chegou o Entroido” , invertéronse moitas horas de traballo: gravación, confección dun guión, escolla, montaxe, un camiño arduo e non exento de dificultades. Pero o esforzo mereceu a pena e o produto final é a recompensa a todo ese tempo de dedicación.Alumnas e alumno participantes no proxecto: Uxía Alonso, Úrsula Casado, Isabel Fernández, Noelia Gamallo, Beatriz Domínguez, Susana Diz e Álvaro Araújo.

Noraboa!!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 05-04-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
OS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN CREAN UNHA COORDINADORA

Reproducimos esta nova tomada de www.blogoteca.nalinguadetodos e facémola nosa:

Na xuntanza mantida por un cento de coordinadores de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) dos centros de ensino públicos e privados no Instituto Galego de Información (Santiago de Compostela), acordouse a constitución dunha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para establecer dinámicas de colaboración entre os diferentes equipos, unha cooperación que permita compartir experiencias normalizadoras que redunden positivamente no traballo da dinamización lingüística nos centros de ensino galegos.

A primeira acción da Coordinadora Galega de ENDL é dar a coñecer o posicionamento público dos equipos sobre a derrogación do Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, anunciada polo novo goberno da Xunta de Galicia.

Por iso, convídase a todos os Equipos de Normalización a adherirse a este texto que se pode consultar na páxina web da coordinadora
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 01-04-2009 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal