O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MES DAS LETRAS: HOMENAXE A XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

AQUIL NENO QUE EU FUN

Non me doi iste anceio, ista procura
de bens, que con soñalos
abonda. non me fire
a anguria do vivir que non se atopa,
nin o noxo da xente que me luxa
co soio seu ollar de can doente.
Non me inquedan as dores,
nin as tebras da noite, que resoa
con chamadas do alén que eu soio escoito.

Nada xa me conmove.
O que me fire e doi, o que me inqueda,
é aquil neno que eu fun, sempre perdido.



Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 29-04-2008 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
OS DESEÑOS SOBRE A LINGUA DO ALUMNADO DO LAGOA PARA SÉCHU SENDE

Entra neste blog e recréate, vale a pena:http://www.blogoteca.com/madeingaliza
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 29-04-2008 08:23
# Ligazón permanente a este artigo
PRADOLONGO: CINE EN GALEGO


O verán presentábase como todos os demais, con festas, tardes no río, excursións a Pradolongo...pero esta vez nada vai ser igual.
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar.Pero pode que ese lugar agache un tesouro económico... Dous irmáns, Roi e Martiño, posúen visións diferentes sobre a vida. Tres amigos dende a infancia, Armando, Raquel e Martiño, que se enfrontan aos retos dunha vida adulta: as responsabilidades, os desenganos, a rivalidade no amor...
Os vínculos da infancia comezan a abanear...
Comentarios (1) - Categoría: CINEFÓRUM - Publicado o 27-04-2008 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
A POESÍA MORDEUNOS, A POESÍA TEN DENTES.

A POESÍA MORDEU EN NÓS PORQUE TEN DENTES.
GRAZAS A XABIER E A TODAS AS ALUMNAS E ALUMNOS QUE O ACOMPAÑARON: ELSA, GABRIEL, ELISA, VICTORIA, LAURA, VANESA, CRISTINA, IAGO, SELENE, JESSICA, ALBA, SONIA, MAIMUNA, FATIMA, VINICIUS, SMAYLEN, RANDY, IONUT, JASMIN, AO ALUMNADO DE TEATRO DE 3º D ( MARÍA LUISA, MANOLO, MARÍA, LAURA, JOSÉ, TANIA PRIETO, TANIA PÉREZ, ANXO) E DE 3º C (LAURA, ANDREA, JENNI, CAROLINA, UXÍA ALONSO, CRISTINA, MIRIAM, MÓNICA, UXÍA DOMÍNGUEZ, ÁLEX). PRESTARON A SÚA VOZ AOS POEMAS DE XABIER E ENCHERON DE EMOCIÓN O ESPAZO –TAN LÚGUBRE- DO SALÓN DE ACTOS.



onde gardamos as bágoas para cando ardan os ancares?

ben imos chorar no día en que morra o último vello
e o país sexa un museo de ferralla do trinque
e arañeiras afumadas pendurando das trabes
coma veos

ónde esas bágoas e o óxido post-pranto
que ha vir
que xa ventamos
que xa é tradición entre o enxebre enxugar de ollos
e a mirada a un metro por diante dos pasos
resignada coma o volver empezar
a envelenarse

ónde as bágoas todas que nos faltan
inda
para a confirmación do devir colectivo
que agarda aos que aprenderon a nadar de nenos
coma os cans
o xusto para aboiar na lagoa que escacha coa risa
ao procurármola
por entre os sucos acugulos de terróns
por baixo deles
/
e por riba
as migallas que nos restan do que seica é chaira
e cortaventos
a pingaren da cámara dixital para devolvernos virtualmente
o que xa case nin foi
e esmorece
e calan
... e non sabemos cánto queda para rematar a obra comunal
o monumento ao pranto que tecemos no borde de todos os abismos
e non volta ningún dos que un día subiron ao monte
e non voltaron
e non volta o perfume a chumbo trazando vieiros imposibles
toda a noite
e non volta o guerrilleiro coa palabra na boca e un mañuzo de versos no
[fardel ao lombo
e non volta o violador do escuro
o amante da terra
o fecundador das poulas
e non volta o seu esperma salferindo a noite
e non volta a xustiza pola man para escribir na marxe dos parágrafos
as pasaxes censuradas
e non volta
e non volta
non volta
... e non sabemos cánto
cánto lle queda á fonte que nos nutre a contagotas

se vai rachar dunha vez o espello
ou se imos aboiar para sempre
neste anaco de vidro
a carón dos dentes






Xabier Xil Xardón De cadáveres no espello (inédito)



Comentarios (3) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 25-04-2008 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LETRAS GALEGAS, ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Se necesitas inspiración entra na sección de Normalización Lingüística da páxina web e recréate nos vídeo-poemas artísticos do alumnado de 1º de BAC.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 17-04-2008 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LETRAS GALEGAS, ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 17-04-2008 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
VIVE A POESÍA!! RECITAL DE XABIER XIL XARDÓN NO LAGOA

Un antigo alumno, gañador de varios premios de poesía, entre eles o Antón Tovar, achégase ao instituto para agasallarnos coa súa voz.
Hai anos, cando andaba por este centro, Xabier Xil Xardón, recibiu varios premios: Entre nós en galego, Minerva e Repsol. Xa prometía daquela.
Pertence ao colectivo Redes Escarlata e ten publicado algunha cousiña e participado en intervencións poéticas como Poetas na rúa no concello de Combarro.
No recital poranlle voz a poemas seus e doutros e doutras poetas alumnas e alumnos do IES Lagoa de Antela.
Recital multicultural e multimedia.
Vivamos a poesía!
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 14-04-2008 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTACIÓN POLA LINGUA EN SANTIAGO

A Mesa pola Normalización Lingüística promove, para o domingo 18 de maio, un día despois da celebración do Día das Letras, unha grande manifestación baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego”, que partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.

ACUDE!!
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 10-04-2008 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal