O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ENCONTRO LITERARIO CON ANTÓN RIVEIRO COELLO

O venres pasado, 10 de marzo, celebrouse un encontro literario co escritor limiao Antón Riveiro Coello. O libro que nos convocou foi A ferida do vento, cuxo título e contido homenaxean a Carlos Casares, autor de Vento ferido. Acudiron á cita literaria, ademais de profesoras dos IES da vila e de vilas arredores coma Maceda e Verín, alumnos e alumnas integrantes do club de lectura do IES Lagoa de Antela (Ana Posada, Jeanette, Ana Fernández, Raúl e Miranda), do IES Cidade de Antioquía e do García Barbón. Despois dun ameno xantar co escritor, celebrouse un coloquio no Museo do Entroido arredor do libro. O libro resulta moi atractivo para a xeración dos sesenta de Xinzo pois nas súas páxinas crúzanse diferentes personaxes curiosos que viviron na vila limiá por eses anos, personaxes con comportamentos atípicos pero que estaban integrados na comunidade. Na historia, que trata unha parte da vida do adolescente Antón, tamén fai acto de presenza o escritor Carlos Casares. A profesora de Historia do IES Cidade de Antioquía, Conchita Rúa, que coñeceu a Carlos Casares, e Antón Riveiro Coello contaron anécdotas sobre o escritor. Antón Riveiro respondeu amablemente as preguntas formuladas polo alumnado profesorado lector e prolongouse no retrato deses personaxes que transitaron polas rúas de Xinzo algún tempo.

Só nos resta agradecer a María, profesora e coordinadora do club de lectura do IES Cidade de Antioquía, a organización do encontro.

Comentarios (0) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 12-03-2017 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO NO IES LAGOA DE ANTELA

E tampouco faltaron as máscaras do concurso que convoca todos os anos o departamento de Plástica...
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 07-03-2017 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO NO IES LAGOA DE ANTELA
Participamos no desfile do Entroido polas rúas de Xinzo. Sen palabras...

Comentarios (0) - Categoría: FESTAS - Publicado o 07-03-2017 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal