O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIDEOPOEMA SOBRE UN POEMA DE LOIS PEREIRO DO IES CAMPO DE SAN ALBERTO
Do blog de Gracia e Anxo, trafegando ronseis, tamén nos chega este videopoema realizado por Gerardo Rodríguez e Jorge García-Valenciano con motivo do Día das Letras Galegas 2011 para o IES Campo de San Alberto e que está baseado no poema de Lois Pereiro "Curiosidade", do libro Poesía última de amor e enfermidade.


"Curiosidade" from 310room on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 30-03-2011 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
A MULLER LAMPREA DO IES AS BARXAS CONTRA A PERDA DAS LINGUAS
De trafegando ronseis "roubamos" este vídeo realizado polo alumnado de 1º de ESO do IES As Barxas sobre o valor das linguas. Precioso! Parabén para profesorado e alumnado por este traballo

Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 30-03-2011 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO: DÍA MUNDIAL E COMEZA A MITEU

Hoxe é o Día Mundial do Teatro e esta semana comeza a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario) en Ourense.
Se queredes ver o programa e outros asuntos de interese sobre este acontecemento entrade na súa páxina: MITEU.
Comentarios (1) - Categoría: TEATRO - Publicado o 27-03-2011 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
UN POEMA DRAMATIZADO PARA O DÍA DA POESÍA
Para conmemorar o Día da poesía escollemos o poema Penélope de Díaz Castro dramatizado por Benita e Alba. Será certo o que di?

Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 20-03-2011 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO NA BIBLIOTECA
Como levamos organizando estes últimos anos, o mes de marzo celebramos conxuntamente o Día da Muller e o Día do Teatro coa representación teatral de "Ramón", de Sergi Belbel, nunha das adaptacións realizadas por Begoña Muñoz Saá. Un texto que non ten desperdicio, con altas doses de humor.


Fotos no blog lector Nós tamén navegar.

Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 20-03-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
ANO DE LOIS PEREIRO
Nesta páxina atoparedes información, actos e vídeos sobre Lois Pereiro, o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Lois Pereiro.


Velaquí vai unha mostra:



Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 19-03-2011 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO NO IES LAGOA DE ANTELA
Chegou o entroido á Limia! Para os que non somos de zonas tan festeiras, o entroido significa filloas da pedra, orellas, un cocido coa familia... E, se cadra, disfraces para os máis cativos. Pero aquí as cousas son doutra maneira.
Por vez primeira o desfile foi no interior, o salón de actos é bastante máis acolledor que o xélido patio do IES, os que levaban pouca roupa non pasaron frío (mirade que feliz estaba a noiva), os que levaban vestidos longos non corrían risco de que se mollasen, e o xurado podía estar sentado ao quente. Iso si, algúns deberon pasar o seu ao ter que montar todo o escenario.
Sería imposible citar a todos e cada un dos participantes, pero a primeira sorpresa levámola ao ver a un membro da Benemérita ao cargo dos ordenadores. A partir de aí vimos como outros membros do equipo directivo eran bruxas (só este día?), e como o alumnado se convertía en nenas pequenas, en moscas, en mimos, en comecocos, en ciclistas ... Pero as fotos xa dan conta de todo isto. O que quero destacar é o que non transmiten as fotos, a sensación que moitos dos alí presentes experimentamos ao ver como na parodia dunha voda xitana cantaban o “cheli” dúas alumnas desa étnia. Calquera podería pensar que o alumnado deste grupo social se molestaría pola escolla dos seus compañeiros, pero en lugar diso, participaron no seu xogo. E non só iso, os mozos de 2º de bacharelato contan coa colaboración de dúas rapazas de 1º da ESO.
A voda xitana era o único grupo-clase, ata 27 se puxeron de acordo para disfrazarse, só lles quedan unhas semanas no IES, pero seguro que recordarán durante moitos anos os aplausos que conseguiron ese día, non só polo disfrace, máis aínda por levarse ben.

Uxía Nogueira




Comentarios (0) - Categoría: FESTAS - Publicado o 13-03-2011 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: RUTH ANDERSON NA MEMORIA
Con motivo do Día da Muller estamos a preparar unha exposición de fotografías de Ruth Anderson en Galicia. Velaquí unha mostra seleccionada de fotos da nosa memoria en que aparecen mulleres.




Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 08-03-2011 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
NACE UN BLOG PARA A EXCURSIÓN AO VAL DAS ELLAS
Os tres institutos que imos compartir viaxe ao Val das Ellas ou de Xálima (IES Prieto Nespereira, IES Monte Carrasco e IES Lagoa de Antela) creamos un blog para colgar todo o material (investigación, actividades, vídeos...) sobre este proxecto.

Monte Lagoa Nespereira no Val de Xálima
Comentarios (0) - Categoría: INTERCAMBIOS E CONTACTOS - Publicado o 02-03-2011 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal