O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DÍA DE ROSALÍA
Neste enlace do blog A gaivota, d@s nos@s amig@s do EDLG do IES Monte Carrasco, hai unha morea de poemas visuais da nosa benquerida Rosalía.

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 24-02-2011 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
DOCUMENTAL SOBRE O ENTROIDO
Rescatamos aquí o documental realizado por unhas alumnas do noso instituto e dirixido por Roxelio Barbosa, profesor que actualmente traballa no IES Allariz, sobre o Entroido.


Comentarios (0) - Categoría: FESTAS - Publicado o 22-02-2011 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADORES DO CONCURSO DE VÍDEO SOBRE TRADICIÓN ORAL
Adolfo e Pablo, de 2º de ESO, e Valentina, de 4º de ESO, gañaron o concurso de vídeo sobre tradición oral. Realizaron un orixinal guión mesturando varias lendas da bisbarra e logo, usando o croma, graváronas en vídeo. Noraboa!

O guión colgámolo no blog No límite.



Comentarios (3) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 21-02-2011 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
POEMAS VISUAIS DE AMOR
Cunha das cantigas de amigo máis fermosas de Martin Codax ("Ondas do mar de Vigo")de fondo, cantada maxistralmente por Socorro Lira (Cores do Atlántico)e poemas de Ana Romaní, Marica Campo, Olga Novo, Antonio García Teijeiro, Daniel Salgado, Lois Pereiro, Paul Eluard e Catulo elaboramos este vídeo para o día do amor.

Velaquí tamén un fermoso poema de Jacques Prévert que nos serve para desenmascarar o falso amor, ese produto perverso que condena e destrúe. O amor axuda a medrar non a caer dun precipicio.


Meu amor,
fun ao mercado da ferralla
e comprei cadeas,
cadeas fortes
para ti,
meu amor,
e despois fun ao mercado dos esclavos
e procureite
pero non te atopei,
meu amor.




Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 13-02-2011 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
ANO DO POETA LOIS PEREIRO
Este é o ano de LOIS PEREIRO.
Aquí vai o anuncio dun espectáculo dirixido por Antón Reixa. Fixádevos no texto e na montaxe.
Chéganos vía Trafegando ronseis.


Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 11-02-2011 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
BASES PARA O VIII FESTIVAL DE CANS
Xa están colgadas as bases para a presentación de curtametraxes ao VIII Festival de Cans que se celebrará do 18 a 21 de maio deste ano.

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección para participar na VIII edición do Festival de Cans.

As bases son as seguintes:

1.As curtametraxes que se presenten deben ser curtametraxes galegas dos anos 2009, 2010 ou 2011. A efectos de participación neste festival, por curtametraxes galegas enténdense pezas producidas por produtoras de Galicia, feitas en Galicia ou cux@ director/a sexa galeg@.

2.Establécense dúas categorías a concurso:

a.curtametraxes de ficción;

b.curtametraxes de animación

O certame admite ademais todo tipo de curtametraxes que poden ser incluídas noutras seccións fóra de concurso.

3.A duración de cada curtametraxe non superará os 30 minutos.

4.Establécense os seguintes premios, coa dotación económica que se indica:

1. premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: 1.500 € e Can de Pedra;
2. premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: 1.500 € e Can de Pedra;
3. premio do público á mellor curtametraxe de ficción: 1.000 € e Can de Pedra;
4. premio do público á mellor curtametraxe de animación: 1.000 € e Can de Pedra;
5. premio do xurado á mellor actriz: Can de Pedra;
6. premio do xurado ao mellor actor: Can de Pedra.

5.As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2011 ao seguinte enderezo:

Asociación Cultural Arela

Aptdo. de Correos 232

C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)

Máis información na páxina web do Festival.
Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 09-02-2011 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal