|
|
|
MIRANDA GARCÍA RECIBE O SEU PREMIO |
|
 Miranda García recibe o premio á creación plástica de 4º de ESO e Bac. |
|
|
|
ANA POSADA RECIBE O SEU PREMIO |
|
 Ana Posada recibe o premio de relato de 4º de ESO e Bac. |
|
|
|
ÁLEX JARDÓN RECIBINDO O PREMIO |
|
 Álex Jardón recibe o premio de relato de 1º ciclo de ESO. |
|
|
|
PREMIOS DO CONCURSO CARLOS CASARES |
|

Por fin se celebrou o acto de entrega de premios do concurso Carlos Casares convocado polo Museo da Limia (Vilar de Santos), o Centro de Cultura Popular do Limia (Xinzo de Limia) e a Fundación Carlos Casares.
Nun acto solemne celebrado en Vilar de Santos e no cal foi presentado o 13º número da revista Lethes, onde aparecen os relatos e creacións premiadas, as rapazas e rapaces dos diferentes centros de ensino da comarca que gañaron recibiron os seus premios.
NORABOA A TODAS AS PERSOAS GAÑADORAS E, EN ESPECIAL, A ÁLEX, ANA E MIRANDA!!! |
|
|
|
LUCÍA ALDAO E MARÍA ALDAO CON DOLORES, MÓNICA E MARÍA |
|

María Lado e Lucía Aldao citaron as gañadoras do concurso de contos de medo, Dolores González e Mónica Santana, que recibiron un forte aplauso das persoas presentes. Ao final da actuación posaron para unha foto as poetas, Mónica Santana, María Vila e Ana Posada, todas voraces lectoras e con inquedanzas literarias . |
|
|
|
ENCONTRO CON LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO |
|

Lucía Aldao e María Lado falaron, recitaron e cantaron para o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC. Tamén pediron a colaboración do alumnado para compoñer un poema vangardista a partir de versos de poemas de escritoras e escritores galegos. O poema resultante foi un cadáver exquisito ben divertido. A sesión resultou moi atractiva para o público asistente que, desta forma, se aproximou á poesía |
|
|
|
A TROPA DE TRAPO VOLVEU AO IES LAGOA DE ANTELA |
|

A Tropa de Trapo estivo no instituto para escenificar os seus Contos de defuntos, creou un ambiente propicio para o medo e meteu moito no corpo do alumnado de 1º ESO. |
|
|
|
EXPOSICIÓN DE CABAZAS TUNEADAS E EXPOSICIÓN |
|
 Como todos os anos convocouse un concurso de cabazas tuneadas que se expuxeron na Biblioteca. |
|
|
|
PREMIOS CONCURSO CONTOS DE MEDO |
|

Publicamos os contos gañadores do concurso de contos de medo do Samaín. Noraboa a Mónica Santana e Dolores González poa calidade dos relatos.
|
|
|
|