O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A CGENL FELICÍTANOS O NADAL

Comentarios (0) - Categoría: FESTAS - Publicado o 22-12-2011 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE BOTAN SINBAD NA TVG

Ás 23:45h proxéctase na televisión galega a película Sinbad, a adaptación cinematográfica de Antón Dobao da obra Se o vello Sinbad volvese ás illas de Álvaro Cunqueiro. Neste ano que se pecha celebrouse o centenario do nacemento do escritor,autor de Merlín e familia e O incerto señor don Hamlet. d


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 22-12-2011 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
O ENDL DO IES LAGOA DE ANTELA DESÉXAVOS FELICES FESTAS
Xosé Manuel Méndez, profesor de Tecnoloxía, elaborou esta felicitación de Nadal para toda a comunidade educativa do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia. Nela vese o calendario, tamén deseñado por Xosé Manuel, que se repartiu en todos os centros da vila para conmemorar o décimo aniversario do pasamento do escritor limiao Carlos Casares.
A foto da Torre da Pena é do alumno de 3º de ESO Adolfo Dacal, gañador tamén do concurso de postais organizado polo Departamento de Plástica.


MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A LINGUA!

Comentarios (0) - Categoría: FESTAS - Publicado o 21-12-2011 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ RECIBE O PREMIO IBEROAMERICANO SM
Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Iberoamericano SM que se lle entregou na FIL de Guadalajara, México, o 29 de novembro de 2011. Antes da entrega "Ler para transformar o mundo", en que defende e fala dos beneficios da lectura e do oficio de escribir.

Canto lle debemos a este escritor!


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 13-12-2011 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal