A semana pasada tivemos unha interesante charla no instituto sobre o relato de Vicente Risco "Do caso que lle aconteceu ao doutro Alveiros" impartida pola exiptóloga ourensá Mª Eugenia Muñoz Fernández, colaboradora da Fundación Vicente Risco. Ela explicounos a importancia do corazón na antiga cultura. Sabiades vós que este órgano se pesaba cunha pluma sagrada e que se non pasaba a proba a momia non podía entrar no "inframundo"? Eugenia falounos tamén de Tutankamon, un importante e rico faraón, cuxa momia foi a última atopada no Val dos Reis e que tivera un pai que desaparecera por intentar impoñer o monoteísmo. Coñeciamos a Vicente como escritor polas súas historias de lobos pero... descoñeciamos a súa afección pola cultura exipcia, de feito el falaba de Tutankamon antes de ser descuberto. Marchamos á casa coas nosas dúbidas resoltas despois dunha enigmática charla.
Era unha noite fría de inverno, con xeada e carambelo; unha desas noites nas que nin tan sequera os lobos saen dos seus acubillos.
Na taberna do Vilas os homes quentaban os corpos a carón do lume e os seus espíritos quentábanos con augardente. Risas, cantigas xogos e fachenda estaban patentes nas súas historias e nas súas apostas mentres todo isto sucedía. José ?o curto? escoitaba e caneaba coa cabeza cada vez que un dos homes contaba unha valentía, farto xa de escoitar tantas barrabasadas díxolles a ver que era tan valente de ir ó campo santo de noite e cravar unha punta no medio dos nichos. Entón?en toda a sala fíxose un silencio espectral, só roto pola voz estridente de Xoán o Chosco, un mangallón bruto coma un arado de vertedeira que se gababa de escachar os miolos dos lobos coa man aberta, dicindo: ?Iso fágoo eu sen vea nin candil?.
Pedíronlle a punta e o martelo ó dono da taberna, e Xoán levantouse dun chimpo, mirou ós compañeiros e marchou fachendoso ó cemiterio, primeiro ía moi ás présas, pero a medida que se achegaba ó seu destino, os seus pasos tornábanse máis e máis pesados. Cun grande esforzo empurrou a cancela que había para entrar e escoitouse un son agudo infernal. Chegou ó lugar sinalado baixo a testemuña das tumbas, alí agachouse e agarrando cunha man a punta e coa outra o martelo, dando golpes repetitivos, enterrou a punta ata o fondo, incorporándose rápido para saír canto antes daquel sitio que comezaba a darlle arrepíos. Ó dar dous pasos?sentiu que turraban por el, xeóuselle o sangue e foi incapaz de mirar para atrás.
Á mañá seguinte no medio do cemiterio, atoparon o corpo frío de Xoán o Chosco, estaba morto e tiña unha punta cravada na súa capa.
Coma estes anos atrás, o EDLG organizou o magosto para profes, ex-profes, cónxuxes e sobriñ@s e fill@s no CDR O Viso de Lodoselo. Natalia conxurou o mal tempo con non sei que ritos pagáns e funcionou.
O pan e os xogos seguen a ser as actividades protagonistas, aínda que ver uns años acabados de parir foi todo un espectáculo.
Velaquí unha pequena mostra dunha xornada inesquecíbel!
As mouras e os castros son o tema deste novo programa de Lendas Vivas, de V Televisión.
O imaxinario popular conecta o inframundo co mundo externo a través destes seres míticos que viven nos castros.
«Lendas Vivas» Santa Mariña de Augas Santas en V Televisión.
Unha lenda con raíces limiás da veciña aldea de Santa Mariña de Augas Santas, pertencente ao concello de Allariz. Neste capítulo relátase e escenifícase a lenda.
O culto á auga, ás pedras e ás árbores polos habitantes destas terras antes da chegada dos romanos maniféstase en construcións de orixe precristiá en paraxes naturais únicos, ateigados de penedos, castiñeiros, carballos e mananciais. A tradición cristiá apropiouse deste culto e reconverteuno. O caso de Santa Mariña de Augas Santas é un exemplo.