O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VÍDEO SOBRE AS LECTURAS DO 25 DE NOVEMBRO
Aquí vai un dos vídeos das lecturas do 25 de novembro. Os textos e o resto dos vídeos encóntranse no blog lector Nós tamén navegar.



Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 28-11-2010 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
CURTA SOBRE "O XOGO DA GUERRA" DE CARLOS CASARES
Resulta que buscando o relato "O xogo da guerra" do libro Vento ferido de Carlos Casares, atopo a curta que realizaron o curso pasado os nosos alumnos Cristian, Miguel,José e Anxo, contando coa colaboración de David e Javier. O guión foi adaptado por Iván Prado.

Este é un traballo extraordinario produto de moitas horas de traballo, emprego de ferramentas rudimentarias e escasos recursos, o que o dota de máis valor.



O XOGO DA GUERRA
Cargado por anxo_xinzo. - Programas de ayer por la noche y clásicos de TV, online.
Comentarios (5) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 26-11-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
CRONICA ACTIVIDADE OBRADOIRO DE HIP-HOP CON GARCIA MC
CRONICA ACTIVIDADE OBRADOIRO DE HIP-HOP CON GARCIA MC, por Héitor Colmenero

Nesta ocasión tivemos a ocasión de recibir clases dun dos grandes do panorama do hip-hop na Galiza, Serxio Regos, máis coñecido por García MC.
Nunha intensa hora aprendemos a historia do hip-hop, dende os seus comezos no barrio do Bronx en Nova Iorque, na Zulú Nation inaugurada por Áfrika Bambaata, pai do hip-hop ata os actuais scratches impulsados por Kool dj Hearth. Falounos un pouco das catro vertentes principais da cultura da rúa: o rap (MC'ing), o break dance, o grafitti e o Dj'ing.
Finalmente e para por o broche de ouro a esta estupenda xornada fixonos un “mini-concerto” cun dos seus temas nos que musicaliza os poemas de Celso Emilio Ferreiro, Camiño a pé.
Nesta xornada puidemos ver como un dos mais grandes na movida do hip-hop era un home moi humilde e cercano cos seus fans entre os cales me considero o número 1!
Nada máis para dicir, simplemente ver as fotos e o vídeo, porque seica din que unha imaxe vale mais que mil verbas.


Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 24-11-2010 08:21
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Esta semana centraremos as nosas actividades na prevención e denuncia da violencia de xénero.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 21-11-2010 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
BREOGÁN PRIETO RECOLLE O PREMIO DE FOTOGRAFÍA
Hoxe vivimos un momento moi emotivo na biblioteca. O gañador do concurso de fotografía O Outono n'A Limia, Breogán Prieto, de 1º de ESO, recolleu o premio de mans da súa irmá, Ledicia Prieto, de 1º de BAC, activa integrante do club de lectura. Na ollada de Ledicia proxectábase a emoción, non era para menos.

Parabéns!!


Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 19-11-2010 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO NO CDR O VISO DE LODOSELO
O sábado 13 celebramos o magosto en Lodoselo. Algúns profes e xente miúda gozamos outro ano co magosto organizado por Tomás e o CDR O Viso.
Elaboramos pan á maneira tradicional, gozamos dos xogos populares, acariñamos os burros, realizamos un roteiro á Pena da Moura, asistimos a un espectáculo de maxia e comemos castañas e outros produtos da terra.

Grazas a todas esas persoas que contribuíron a que esta xornada fose inesquecíbel.

Para perpetuar os bos momentos confeccionamos un vídeo con algunhas imaxes dese día.


Comentarios (6) - Categoría: FESTAS - Publicado o 19-11-2010 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOCONFERENCIA SOBRE A FÍSICA DE PARTÍCULAS ORGANIZADA POLA COORDINADORA
Xa está colgada a videoconferencia sobre a Xornada da Ciencia en Galego organizada pola COORDINADORA DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN.


Do CERN a Compostela coa Física de Partículas.

Do Cern a Compostela coa Física de Partículas from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 19-11-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADOR DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

O gañador do concurso de fotografía de O outono n'A Limia foi BREOGÁN PRIETO, DE 1º D ESO.A fotografía será publicada nun calendario.

PARABÉNS!!
Comentarios (5) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 16-11-2010 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOPOEMA OS MITOS, DE CARLOS NEGRO
Por fin atopei o videopoema Os mitos das nosas alumnas de 2º de BAC Noelia, Uxía, Beatriz e Isabel, baseado no poema homónimo de Carlos Negro.Trátase dunha produción artística orixinal, cun contido transversal: un alegato contra a violencia de xénero.
O actor é Pablo González, alumno de 1º de BAC, antigo alumno de teatro do instituto e membro do grupo de teatro de Xinzo. O outro colaborador chámase Roberto Estévez, amigo do grupo.

A voz é do irmán pequeno de Uxía, Xurxo Alonso.

Comentarios (2) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 07-11-2010 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE PREMIOS DO SAMÁIN
ENTREGAMOS TAMÉN OS PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS E DE CONTOS DE MEDO.

NORABOA A TODAS, POIS FORON TODAS MULLERES AS PREMIADAS. O PREMIO DE BEATRIZ DOMÍNGUEZ FOI RECOLLIDO POLO SEU IRMÁN JOSÉ LUIS.



Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 07-11-2010 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN 2010 NA BIBLIOTECA DO IES LAGOA DE ANTELA
Durante toda a semana pasada celebramos o Samaín. Decoramos o corredor que conduce á biblioteca e esta con motivos de medo, realizamos un concurso de cabazas e dedicamos tres recreos a escenificar contos de medo.
Os grupos de teatro de 3º da ESO realizaron unha lectura dramática dunha adaptación do relato "O Fornadas" de Xabier P. Docampo (de Cando petan na porta pola noite) e escenificaron tres contos de medo inventados por elas e eles mesm@s.
A nosa lectora de inglés Natalie tamén leu un conto de medo de Edgar Allan Poe, "O corazón delator" empregando tres idiomas: inglés, castelán e galego.


Aquí van algunhas fotos e secuencias breves da celebración.>




Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 07-11-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN 2010, PÁNICO NA BIBLIOTECA
Esta semana celebramos o Samaín con dramatizacións de contos de medo na biblioteca e un concurso de cabazas.
Aí vai un primeiro vídeo para crear ambiente.


Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 05-11-2010 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, 4 DE NOVEMBRO

Do CERN a Compostela coa Física de Partículas

A CGENDL e o Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela convidan a todos os centros educativos non universitarios a participar nesta videoconferencia vía web, na que investigadores galegos do CERN e da Facultade de Fisica da USC explicarán os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat.


O IES Lagoa de Antela vai participar nesta xornada de ciencia en galego.

A ciencia pode estudarse, expresarse, investigarse, impartirse... os 365 días do ano en galego, como non!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 02-11-2010 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONTOS DE MEDO
Ás veces resulta tan difícil decidir! Iso pasoulle ao xurado desta convocatoria, que encontrou tanta calidade nos textos presentados que tardou en tomar unha decisión. Escoller significa renunciar e, neste caso, aínda que na convocatoria só figuraban tres premios, o xurado decidiu outorgar tres accésits.

PARABÉNS A TODAS!!!




En breve subiremos os contos ao blog de revista No Límite.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-11-2010 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
O DOCUMENTAL A MEMORIA DA LINGUA XA É UNHA REALIDADE
No blog As Candongas do Quirombo atopamos toda a información sobre o proxecto audiovisual A memoria da lingua. Merece a pena ver, ler e reflexionar.

Os parabéns a esta xente que investiu tantas horas neste traballo.


A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 01-11-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
CAMIÑO DA MEMORIA, PREMIO AMAL EXPRESS
A nosa benquerida Ana Barxa, onte alumna deste instituto, hoxe universitaria, mándanos esta referencia a un vídeo que trata a enfermidade do Alzheimer: Camiño da memoria, de Alberte Mera, premio Amal Express.

Un saúdo para ti, Ana, e para toda esa xente que navega noutras augas sen esquecer estas.


Comentarios (1) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 01-11-2010 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal