|
|
|
|
CINEFÓRUM CON DOCES |
|
 O día 26 de novembro, alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de BAC asistiron á 1ª sesión de cinefórum organizada polo ENDL do IES Lagoa de Antela. Para “endozar” os 90 minutos que durou a película, o alumnado de PCPI de Cociña elaborou uns deliciosos boliños de chocolate, pastas e galletas que foron desaparecendo no transcurso da proxección. Cando rematou a película uruguaia O baño do papa producíronse uns aplausos espontáneos e, a continuación, un minicoloquio. No intercambio de impresións recoñeceuse que sorprendera o tipo de película, que o habitual era ver películas americanas. Con respecto ao contido do filme, aludiuse á dignidade dentro da pobreza, á solidariedade, ás expectativas, á agresividade provocada pola carencia…
Unha experiencia gratificante que esperamos (outra vez as expectativas) continúe. |
|
|
|
LECTURAS ABERTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
|

Pasaba as horas diante do espello
Contando cada segundo
Morrín tantas noites
Coñecín tan poucas lúas
E soñei tantas estrelas…
Baten na porta e xa se adiviña o cheiro a whisky barato ó outro lado do muro de Berlín
O cronómetro biolóxico acelérase
Coñecedor do holocausto
Cantas veces fuxín
E ningunha fun quen de facelo
Baten na porta e cada vez é máis intenso o perfume dos puños sanguentos
O reflexo volveuse negro
E murcharon as rosas dun perdón tantas veces errado
Abrín a fiestra
E cobarde de min
Vivín para sempre.
Ana Parada
Esta vella alumna do IES Lagoa de Antela mándanos os seus versos contra a violencia sexista.
|
|
|
|
SESIÓNS DE CINEFÓRUM |
|
 DÍA: MÉRCORES 26 DE NOVEMBRO
HORA:16:00 HORAS
LUGAR: SALÓN DE ACTOS
TITULO ORIXINAL O baño do Papa
ANO: 2005
DURACIÓN: 90 minutos
PAÍS: Uruguai
DIRECTOR: César Charlone, Enrique Fernández
GUIÓN: César Charlone, Enrique Fernández
MÚSICA: Gabriel Casacuberta, Luciano Supervielle
FOTOGRAFÍA: César Charlone
REPARTO: César Troncoso, Virginia Méndez, Virginia Ruíz, Mario Silva, Nelson Lence, Henry De Leon, Jose Arce, Rosario Dous Santos, Hugo Blandamuro
PRODUTORA: Laroux Cine
XÉNERO E CRÍTICA:
Drama. Comedia / SINOPSIS: É o ano 1988 e o Papa XOÁN PAULO II vai visitar Melo, unha pobre comunidade fronteiriza de Uruguai. O Pontífice empezará a súa xira por Latinoamérica nesta pequena cidade na que se espera a máis de 50.000 visitantes. Os máis modestos están convencidos de que esta visita será milagrosa para a alma e a carteira; moito cren que vendéndolle comida e bebida a esa multitude faranse case ricos. Pero Beto ten unha idea mellor: construirá unhas letrinas diante da súa casa e alugaraas. (FILMAFFINITY)
Unha historia conmovedora e chea de humor, acerca da dignidade humana e a solidariedade, do guionista e realizador Enrique Fernández e do director de fotografía e realizador César Charlone (nomeado a un Oscar pola fotografía de Cidade de Deus), e coproducida por Fernando Meirelles, realizador nomeado pola Academia de Hollywood (Cidade de Deus, O xardineiro fiel).
|
|
|
|
CAMPAÑA DE INFORMACIÓN E FOMENTO DA LECTURA PARA NAIS E PAIS |
|
 Enviamos díptico para informar sobre as funcións do ENDL, fomentar a lectura e a participación nas actividades. |
|
|
|
SERAFÍN ALONSO PINTOS DISERTOU SOBRE SARMIENTO |
|
 Serafín Alonso Pintos, investigador do equipo do Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega, doutor en Filoloxía Galega e profesor de Lingua no IES Abrente de Ribadavia, disertou sobre a figura e labor do Pai Sarmiento. Falounos sobre a importancia do legado que o ilustrado nos deixou e que, por non ser publicado no seu momento, aínda se está a investigar.
Contounos como o frade foi un ilustrado que se interesou por multitude de temas e ciencias e de todas fixo o seu obxecto de estudo: filoloxía, historia literaria, historia natural, botánica, xeoloxía, matemáticas, física...
Serafín Alonso destacou do erudito a súa perspectiva e ideario progresistas sobre certos temas, e que, con toda probabilidade, fora esta maneira de pensar a que o levase a non publicar, dado o pensamento escurantista da oligarquía da época.
Merece que mencionamos deste ideario e forma de actuar:
A investigación a pé de campo, rexistrando o saber do pobo in situ.
A defensa da educación das mulleres e da súa opinión, nunha época en que as mulleres estaban excluídas da vida social e non tiñan acceso ao coñecemento escrito.
A defensa do galego como idioma irmán do castelán, nunha época en que se cría que este era un castelán mal falado.
A defensa dun ensino non memorístico, experimental e sen castigo, nunha época en que a violencia formaba parte do proceso de aprendizaxe.
|
|
|
|
MAGOSTO EN LODOSELO |
|

Profes e ex-profes do IES Lagoa de Antela, nenas, nenos e persoas achegadas déronse cita en Lodoselo para gozar dun magosto intenso organizado por Tomás, profesor de Ciencias, en colaboración cos membros da asociación CRD O Viso.
Amasamos pan e comemos inchóns (as raspas da masa), atrevémonos cos xogos populares (ra, zancos, sacapauciños, peóns, chave, pesca-botella…), xantamos de vicio, esforzámonos nun interesante xogo de orientación na Aula de Natureza (bosque mixto con cerquiños, acivros, faias, teixos, abelairas, carballos, bidueiros…) e rematamos, claro, con castañas asadas.
As crianças pasearon en burro, percorreron a horta e xogaron a fartar. |
|
|
|
CONCURSO LITERARIO NADAL |
|
 de concursos.jpg) MODALIDADES:
MICROPOEMAS EN VERSO LIBRE: extensión máxima 5 versos.
MICRORRELATOS: extensión máxima 100 palabras.
OS TRABALLOS ENTREGARANSE ESCRITOS A DOBRE ESPAZO EN GALEGO -A ORDENADOR- E DENTRO DUN SOBRE CON SEUDÓNIMO ( dentro deste sobre virá outro coa identidade e curso do/a concursante).
PRAZO MÁXIMO DE ENTREGA: 5 DECEMBRO
PREMIOS: 1 por cada ciclo: libros, un agasallo sorpresa e a publicación na páxina web e na revista do instituto.
CONVOCA: O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICAS (ENDL) E A BIBLIOTECA
|
|
|
|
|
|
 de Copia de grupo.jpg) As alumnas e alumnos do PCPI de Cociña prepararon uns pratos típicos desta época: castañas cocidas e asadas, tostadas de leite, pastel de cabaciña, rosquillas, crema de castañas con galleta… O seu profesor, Álex Pires, colabora co ENDL na celebración das festas tradicionais dende o seu sabor máis doce e larpeiro. Ummmm!!
O grupo posa diante das obras de arte. |
|
|
|
|
|