O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O SAMAÍN

O Samaín é unha festa que celebraba a chegada do ano novo celta, marcando o paso do outono ao inverno e honrando os defuntos, os cales, nestas datas, terían autorización para camiñar entre os vivos. Prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Pola festa do Samaín, a máis importante do período precristián, era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas.
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 31-10-2008 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
CURTAS NA REDE
Neste blog podedes atopar vídeos interesantes, curtametraxes dirixidos por persoas que non son profesionais e que o que os move é contar historias:

http://www.curtasnarede.es/

Calquera de vós pode construír historias.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 29-10-2008 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGUIZACIÓN DOS NOMES
Campaña de galeguización dos nomes. Nestas páxinas atoparás información:


http://www.chamateconxeito.com/



http://www.nomes-galegos.info/
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 18-10-2008 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
O LEO I ARREMECÁGHONA NO IES E AS REDES ESCARLATA EN AGUILHOAR: FESTA RACHADA DA PALABRA EN XINZO!!
IES LAGOA DE ANTELA

VENRES 3 DE OUTUBRO 13:20 HORAS

O Salón de Actos do instituto foi o escenario para que se partiran o cu da risa (nunca mellor dito) as persoas alí presentes. Actuou O Leo e saíu o seu álter ego, o Arremecághona, facendo vibrar as paredes. Primeiro viñeron os haikus, performance escatolóxica perfumada, e logo os decibelios, con voces contorsionadas e coros do público entregado.



AGUILHOAR, O LEO, NÓS E AS REDES ESCARLATA

SÁBADO 4 DE OUTUBRO 22:00 HORAS

Despois dos beixos, as tapas e os tragos chegaron as palabras. A fartar, descosidas, sobre nós outros versos pendurados. Mentres o Xabier exercía de anfitrión andaban o Rubén e o Diego que non daban abasto coa sede dos presentes. A xente nova mataba o tempo xogando ao futbolín, dándolle sebo á lingua ou rillando un bocata, por alí transitaban a Raquel, o Iago, a Laura, a Marta, a Sonia, a Esther, o Adrián, a Elisa, a Jasmin e a Victoria, e tamén a Oriana, a Alba, o Brais, o X. Manuel, a Nair e o Isaac. Alí case ninguén sabía quen era poeta ou aspirante. Andaba o Leo de mecánico remexendo entre os cables e o Calís á procura de horizontes de lanterna. De okupa na barra o Xaquín e a Chus atuada na lagoa, coa Quimera. Cando todo era un neboeiro entraron o Anxo e o Aser. Entón, por fin, rebotaron contra o peito as voces esperadas, as propias e as roubadas. Sobre elas, os aplausos. E logo veu o Leo coa súa dinamita e os disparos. No medio da festa irromperon o Manuel e tamén a Raquel, a Alba e a Laura, antigas habitantes das nosas aulas (a rima non foi premeditada, ollo!).

Destas guerras veñan balas!!

Xa están as fotos colgadas en Aguilhoar:

http://agal-gz.org/blogues/index.php/aguilhoar
Comentarios (2) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 07-10-2008 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal