II Certame ?Curtas para Rosalía?
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convocou un certame de curtametraxes sobre a figura de Rosalía de Castro.
Poderán presentarse a este certame aquelas curtamentraxes que sigan un destes dous criterios:
1.Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.
2.Curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto, de calquera época, da Literatura Galega.
As obras presentadas terán que ser enviadas en soporte vídeo dixital (DVD) antes das 14 horas do día 24 de febreiro de 2011 (aniversario do nacemento de Rosalía).
A organización do certame "Curtas para Rosalía" establece dous premios:
1.- Un premio de 2000 ? á mellor curtametraxe + Diploma.
2. Un premio de 1000 ? + Diploma á obra cuxos realizadores/as ou directores/as sexan menores de 30 anos a día 24 de febreiro de 2011.
Como a lotaría non nos tocou o noso equipo decidiu paliar a sensación de fracaso cun agasallo á comunidade educativa, ás librarías e ás bibliotecas da comarca: un marcapáxinas-calendario e un calendario de mesa con fotos e versos de Lois Pereiro, poeta que será homenaxeado nas Letras Galegas este ano 2011. Grazas a Rosa, do IES Julio Prieto Nespereira, e a Sheila, do IES Monte Carrasco, polos deseños de ambos calendarios.
Tamén colgamos uns vídeos dalgunhas actuacións no Festival de Nadal no instituto. Non me digades que non hai morbo nas voces e no ritmo corporal dos profes!