Chamáronlle Os cans alieníxenas á curtametraxe que realizaron logo de asistir a un cursiño sobre vídeo. Esperemos que na 2ª parte, que xa está en marcha, o pulso da cámara (a irmá pequena de Adolfo) non trema tanto. Se cadra precisan dun trípode. Felicitacións a estes novos artistas!
O escritor ourensán Xosé Luís Méndez Ferrín foi elixido presidente da Real Academia Galega (RAG) o pasado venres 22 de xaneiro. O autor de Arraianos e Retorno a Tagen Ata , que sucede no cargo ao historiador Xosé Ramón Barreiro, declarou que el e o seu equipo serán ?inflexíbeis? na defensa da lingua propia de Galicia nos catro anos do seu mandato. Na páxina da RAG podedes acceder á Análise das bases do novo decreto sobre o galego no ensino non universitario, paga a pena lelo pois é un informe racional, ateigado de argumentos de peso.
Unha imaxe así vale máis ca mil palabras, aínda que esta imaxe fose para reivindicar palabras na nosa lingua. Tomámola prestada do diario Xornal.
O ensino bótase á rúa en defensa da lingua propia de Galicia
A marcha contra o ?decreto do plurilingüismo? reborda a Praza do Obradoiro nunha xornada de paro maioritario nos centros de ensino público. Xornal decide desdobrarse e aproveitar a imaxe dunha das prazas máis fermosas do mundo chea de galegos en defensa do seu idioma para ofrecer aos seus lectores unha primeira que ocupa tamén a contraportada, formando un póster que axudará a outorgar á manifestación o seu xusto alcance.
Para seguir lendo: Xornal
A Academia denuncia que o decreto de Feijóo pode vulnerar a legalidade.
Inaceptable, inconsistente, irresponsable, insostible?. Os catro ?i? que para a Real Academia Galega describen o borrador do decreto do plurilingüismo que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo presentou o pasado 30 de decembro. No día de onte, este organismo oficial a prol do idioma propio de Galicia presentou nun acto ante a prensa as súas valoracións ante as bases da nova normativa.
Foi o presidente en funcións da institución, Manuel González, quen se dirixiu aos medios na sede da Academia na Coruña. A valoración foi dura, xa que os académicos sosteñen que o borrador da Consellería de Educación pode non só ?vulnerar a legalidade? senón incorrer ?na perda e subtracción? do galego.
A plataforma Queremos Galego chama a todo o profesorado e alumnado do ensino non universitario á folga xeral do vindeiro 21 de xaneiro, en resposta ao proxecto do decreto que regulará o uso do galego no ensino e que foi presentado polo goberno da Xunta o pasado 30 de decembro.
Tamén está prevista unha manifestación o mesmo 21 de xaneiro que sairá ás 11.30 da Alameda de Santiago.