O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

QUE SE FALE E ESCRIBA EN GALEGO DEPENDE DE TI!
1. Fala en galego sempre que poidas. Coa familia, cos amigos e amigas etc.
Fai o propósito de falar en galego a quen sabes que te entende aínda que até o de agora lles falases en castelán.

2. Respecta a aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais esixe que tamén as outras persoas respecten a túa.

3. Diríxete en galego a todos e todas: na rúa, por teléfono, no centro de ensino, no traballo. Verás que te entenden. Continúalles a falar en galego, aínda que che respondan noutro idioma.

4. Ás persoas que coñezas que entenden o galego coloquial, mais mostran curiosidade por algún termo que ignoran, explícalles o significado desas palabras, axudándoas a ampliar o vocabulario. Se alguén se esforza en falar o noso idioma, axúdalle e demóstralle que valoras o seu comportamento.

5. Respecta as diferenzas locais da lingua. Coñece as particularidades de cada zona. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas.

6. Toma a decisión de escribir todos os apuntamentos, notas, correos electrónicos e cartas en galego. A partir de hoxe pon sempre o teu nome en galego. Fai mudar os teus papeis, impresos, rótulos etc. Sería ben triste que por aforrar uns pequenísimos gastos deixásemos de contribuír á expansión do noso idioma.

7. Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en boa parte en galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais, cinematográficos, visita páxinas web etc., na nosa lingua.

8. Esixe de todos, mesmo das institucións máis rutineiras, que che escriban en galego. Faino amablemente. Non perdas o tempo e os nervios en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. Déixaos de lado, ignóraos.

9. Se tes como lingua familiar o castelán, interésate pola nosa lingua. Loita contra a inxustiza fomentada durante tantos anos. Toda a represión dunha lingua é un acto de barbarie. E sobre todo tenta falala e escribila, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso.

10. Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer para pasar a falar en galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches castelán, comeza por usalo cos descoñecidos, a practicalo en situacións novas, para ilo introducindo despois na túa esfera habitual. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais a distancia, “sen rompelo nin lixalo”, iso si que deteriora o idioma.

11. Se es profesor/a e non impartes as aulas en galego, proponte comezar para este curso vindeiro. O tempo que resta é suficiente para te pores ao día. Cun pequeno esforzo contribuirás dun xeito moi importante á normalización do noso idioma.

Fotocopia este texto e difúndeo polo teu centro de ensino.

TODA PERSOA QUE DEFENDA A SÚA PROPIA LINGUA SEN AGREDIR A NINGUÉN TEN A RAZÓN DA SÚA PARTE

(Adaptación dun texto ideado polo Dr. Tilbert D. Stegmann, da Universidade de Frankfurt)”.

Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 26-01-2008 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
A LIÑA DO GALEGO: SOBRE OS DEREITOS LINGÜÍSTICOS
Este servizo, creado pola Mesa, atenderá a través do teléfono 902 10 64 74 e do correo-e linhadogalego@amesanl.org.


A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en funcionamento o proxecto «A liña do Galego», un servizo que tramitará queixas e consultas sobre os dereitos lingüísticos dos cidadáns, que tamén estenderá felicitacións a quen dea pasos en favor do galego.

Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 14-01-2008 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGUIZÁNDONOS SEMPRE
Á procura das palabras que nos gustan

PARTICIPA!!
Comentarios (13) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 08-01-2008 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
INTERESANTE BLOG, MERGÚLLATE
http://www.blogoteca.com/cenlf/
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 07-01-2008 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal