O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FOLGA NO ENSINO POLO NOVO DECRETO DO GALEGO

A plataforma Queremos Galego chama a todo o profesorado e alumnado do ensino non universitario á folga xeral do vindeiro 21 de xaneiro, en resposta ao proxecto do decreto que regulará o uso do galego no ensino e que foi presentado polo goberno da Xunta o pasado 30 de decembro.


Tamén está prevista unha manifestación o mesmo 21 de xaneiro que sairá ás 11.30 da Alameda de Santiago.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 13-01-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO DECRETO DO GALEGO NO ENSINO
Onte, día 30 de decembro, saíu á luz o borrador do novo decreto que regula o uso da lingua galega no ensino non universitario. Pódese acceder ao texto a través do Portal Educativo.Lede e valorade!

Destacamos dúas novas dos xornais dixitais Vieiros e O Xornal:

A cota do galego baixa ao 33% e os pais deciden en que materias se usa
O novo decreto sobre o galego no ensino estabelece que os pais voten en que lingua queren as aulas de Infantil. En Primaria e Secundaria nais e pais elixirán a lingua para cada materia co límite dun terzo para galego, castelán e inglés. VIEIROS.
O novo decreto supón o primeiro retroceso para o galego no ensino: O Xornal.
Comentarios (7) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 31-12-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO CONCURSO MICROPOEMAS

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 23-12-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
A AVENTURA DE LER: PALABRAS DE BALDE


En colaboración coa Biblioteca o ENDL do IES Lagoa de Antela inicia unha campaña de lectura na bisbarra nestas datas de Nadal a través do alumnado do club de lectura de Bacharelato Nós tamén navegar. Fronte á febre consumista nós ofrecemos palabras de balde. 40 libros navegarán pola comarca d’A Limia á procura de amigas e amigos que descubran o pracer da lectura en galego. Acompañamos cada libro cunha carta de saúdo, unha enquisa, un marcador e un poema de agasallo. Só desexamos que as persoas se embarquen nesta aventura para compartir as historias que se agochan nas páxinas dos libros e gozalas. Historias amasadas en galego, na lingua en que soñamos, falamos e amamos. Nós tamén navegar.
Algúns títulos que escollemos para esta travesía: A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey; Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras; Pel de lobo, de Xosé Miranda; Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo; Cabeza de Medusa e Rúa Carbón, de Marilar Aleixandre; Made in Galiza, de Séchu Sende; Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar; Ollos de auga, de Domingo Villar…
Comentarios (0) - Categoría: CAMPAÑAS - Publicado o 23-12-2009 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
A NEGRA TERRA, DE MANUEL RIVAS, NUNHA HORA DE GARDA
Con Leticia, Iván e María gravamos este poema de Manuel Rivas nunha hora de garda.
Un agasallo poético de Nadal.

Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 23-12-2009 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
O ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO DO SECTOR COMERCIAL FIGURA COMO DESTACADO
Nesta páxina de recursos e accións emprendidas polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística encontramos como traballo destacado (durante uns días) o estudo sociolingüístico do sector comercial d'A Limia realizado polo noso alumnado.
Tamén se colgaron noutras seccións os libriños pola paz, os vocabularios, etc.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 06-12-2009 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA
Recuperamos este vídeo protagonizado polo grupo de teatro de hai dous anos porque segue a ser vixente.


Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 30-11-2009 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LITERARIO NADAL

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 26-11-2009 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
PATCHWORK CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de ESO do IES Lagoa de Antela está confeccionando varios patchwork contra a violencia de xénero. Frases en positivo, carteis, palabras e os nomes das vítimas mortais deste ano son os motivos temáticos pintados en diversos anacos de tea. A actividade de coser xuntos, mozas e mozos, contribúe a unha educación para a igualdade.


Comentarios (6) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 23-11-2009 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
DANI E AYUB, 2º E 3º NO SAN MARTIÑO, PARABÉNS!!

Felicitamos aos nosos alumnos polos éxitos colleitados no San Martiño, carreira popular de prestixio que se celebra todos os anos por estas datas en Ourense. Premio ao esforzo e á constancia. Mens sana in corpore sano.
PARABÉNS!!!


Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 19-11-2009 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Celebramos o Samaín e descubrimos unha nova ferramenta na web para subir presentacións, de aí que dupliquemos as fotos que aparecen no blog lector. Isto da rede é un mundo que sorprende día a día, buf!

Comentarios (1) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 08-11-2009 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DE PÁNICO NA BIBLIOTECA: O SAMAÍN DÁ MEDO
Esta semana a biblioteca vai dar medo. Velaquí vai un aperitivo.

Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 02-11-2009 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS FOTOS SOBRE A CAMPAÑA NO COMERCIO
Fatima, Iván, Tamara e Susana mandáronnos estas fotos.

Comentarios (0) - Categoría: CAMPAÑAS - Publicado o 29-10-2009 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
FRAGMENTO DO DOCUMENTAL SOBRE EDUARDO PONDAL REALIZADO POLO ALUMNADO
Mayte, David, Alba e Ruth elaboraron un documental sobre a figura de Eduardo Pondal, extraemos un fragmento.

Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 28-10-2009 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
A LÍRICA MEDIEVAL ANIMADA
Elisabeth, Raquel Vázquez, Raquel Trigo e Elena elaboraron un documental sobre a lírica medieval. Seleccionamos estas cantigas animadas.

Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 28-10-2009 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOPOEMA BASEADO NO POEMA "TELEVISIÓN" DE MANUEL RIVAS
Velaquí un videopoema máis do alumnado de 1º de BAC do curso pasado.



Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 28-10-2009 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
FALANDO GALEGO NO VAL DO ELLAS
Na provincia de Cáceres fálase unha variante lingüística mestura de galego-portugués e asturiano, produto das repoboacións do século XII e XIII. Tres concellos (Valverde du Fresnu, Ellas e San Martín de Trevellu) falan valverdeiru, lagarteiru e mañegu. Falamos con Francisco, un dinamizador lingüístico que promove e defende a conservación da lingua. E como se conserva unha lingua? Falándoa, claro.


Comentarios (1) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 23-10-2009 08:12
# Ligazón permanente a este artigo
NO COMERCIO D'A LIMIA EN GALEGO
Velaquí fotos da pegada de adhesivos da campaña de normalización nos comercios d'A Limia realizada por Uxía Alonso, Úrsula Casado, Isabel Fernández e Mirian Fernández.
Comentarios (0) - Categoría: CAMPAÑAS - Publicado o 22-10-2009 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
TELEXORNAL DO CIP DE XANCEDA
Atopamos este telexornal realizado polo alumnado de 6º de primaria do CPI Xanceda d'A Coruña. Por certo que tamén seica levaron un premio no OUFF Escola.
O martes rcolleremos o premio que recibiron os nosos alumnos e alumnas de 2º e 1º de BAC. Noraboa ao noso alumnado e ao do CIP de Xanceda.


Comentarios (1) - Categoría: VARIOS - Publicado o 10-10-2009 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
O ALUMNADO DE BACHARELATO ASISTE Á REPRESENTACIÓN D'A ESMORGA

O alumnado de bacharelato do IES Lagoa de Antela asistiu á representación d'A esmorga no auditorio de Ourense. O comportamento das xentes da comarca limiá foi excelente nun contexto en que se deron cita arredor de 600 alumnas e alumnos de diferentes centros de ensino da provincia.

50 anos d’A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor

Cúmprense 50 anos da publicación da novela A esmorga e 30 anos do pasamento do autor, Eduardo Blanco-Amor, por iso a compañía ourensá Sarabela reestreou a obra 13 anos despois da súa primeira representación. O texto é produto dunha adaptación realizada por Begoña Muñoz e Carlos Couceiro e da cal se dramatizaron unhas escenas na biblioteca o curso pasado, con motivo das Letras Galegas. A obra fora prestada amablemente por Begoña Muñoz, o texto orixinal da adaptación, o que lle confire gran valor.
Tamén foi levada ao cine co nome de La parranda.
Na novela cóntanse as 24 horas de esmorga protagonizadas por tres mozos, o Cibrán, o Bocas e o Milhomes, na cidade de Auria, trasunto literario de Ourense, e os seus arredores. As súas andanzas son relatadas por un dos protagonistas, Cibrán, que emprega a fala popular daquela época, a un xuíz que se presupón de orixe castelá pero que non ten voz na novela. A chuvia e o alcóhol son factores importantes no desenvolvemento dos feitos.

“-
- Non señor, non, só era pra írmonos entendendo, pois xa me vou deprocatando que vostede non é deiquí...
-
- Non, señor, non; non é que me importe senón pra que me entenda, pois tamén lle tivemos un capataz, que era das partes dos murcios, que aínda falándolle na súa fala non nos entendiamos... Pois indo ó asunto, eran Xanciño o Bocas, ou o Alifante, ou o Peitodemacho, e mais Aladio o Milhomes, ou o Papaganduxos, ou o Setesaias, ou o Maricallas, tamén como a vostede lle pete, que eiquí todos temos onde escoller... Conque arrodeáronme rindo e zapicándome nas costas, i o Milhomes biliscándome na entreperna, como tiña por fodida costume, e queréndo botarme a manta por enriba. “

Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 06-10-2009 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Aplaudimos a iniciativa de propoñer o galego, lingua ameazada, como patrimonio da humanidade.
Podes asinar o manifesto e deixar un comentario.
Galego, Patrimonio da Humanidade.
Comentarios (0) - Categoría: CAMPAÑAS - Publicado o 16-07-2009 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
VIETNAM CANTO
Poema sonorizado de Uxío Novoneyra. Na páxina do anterior artigo, Uxío, encontramos esta xoia.


VIETNAM CANTO

CUMES CUMES CUMES COM’ESTES ECHEN
UNHA VEZ POR CADA MORTE

VIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMMMMM

metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa está
e calar calarcalaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarrr
hastr’o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSAUSA

un
morto
dous mortos
tres / trinta mortos
trescentos / tres mil mortos
OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos
tódalas os se volven ceros 00000000000000000000
baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á máquina
difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón
do monzón
na lua do TEIT


dá vergonza vivir
dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA

[...]


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 01-07-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
UXÍO NOVONEYRA, ESCRITOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2010

Uxío Novoneyra, o poeta d'O Caurel, será o homenaxeado nas Letras Galegas do 2010.
Aquí un poema exemplo do fonosimbolismo (provocar sensacións físicas e anímicas a través da repeticións de sons)que el tan ben praticou.
Nesta páxina atoparedes poemas del: Uxío Novoneyra

Cousos do lobo

Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e máis medosa…

Rastrexa
parase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite na boca…
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 01-07-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
ROMEO E XULIETA EN PALESTINA CO GRUPO DE TEATRO DE 3º A
Os integrantes do grupo de teatro de 3º A puxeron en escena unha adaptación teatral da obra de Shakespeare Romeo e Xulieta realizada pola profesora e dramaturga Begoña Muñoz Saá baixo o título de Romeo e Xulieta en Palestina. A traxedia trasládase a Oriente Medio onde o amor entre unha xove palestina e un mozo xudeu é vítima do odio dos dous pobos enfrontados
.
Noraboa a actrices e actores pola súa dedicación e entrega!

Comentarios (1) - Categoría: TEATRO - Publicado o 22-06-2009 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
>UN DÍA NO PARQUEi> COS DE TEATRO
Os membros do grupo de teatro de 3º C de ESO protagonizaron unhas escenas teatrais coas que o público se mondou de risa. Personaxes frikis transitaron por un parque do máis atípico, ou non. O amor triunfou, con humor, sobre a violencia e a mala educación. Ou iso cremos.Noraboa ás actrices e actores, en especial a Pablo, que só coa súa presenza camaleónica, enche o escenario.

Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 22-06-2009 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
AS LINGUAS SUMAN

Este é o TRÍPTICO INFORMATIVO "AS LINGUAS SUMAN" confeccionado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
O obxectivo deste tríptico é informar a pais e nais sobre os beneficios de estudar en galego e contrarrestar con criterios pedagóxicos a enquisa que nos vindeiros días deberán cubrir para "decidir" en que idioma queren que os seus fillos e fillas estuden nos centros públicos e concertados de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 09-06-2009 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
EN GALEGO MERCA MELLOR: CAMPAÑA PARA O COMERCIO N'A LIMIA

Este
é o adhesivo que imos empregar na nosa campaña de normalización no sector comercial da comarca limiá, foi deseñado por Antía Valbuena, de 4º B da ESO, toda unha artista.
Comentarios (0) - Categoría: CAMPAÑAS - Publicado o 08-06-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
ZARA, HOME, ZARA
Zara, home, Zara é o título do vídeo gañador do 3º premio do II Concurso Popular de vídeos "Mobilízate pola lingua" da Mesa pola Normalización Lingüística da zona de Lugo. O vídeo foi realizado por Lolo e Iago.



Comentarios (3) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 25-05-2009 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
X NADA E O FESTIVAL DE CANS

No VI Festival de Cans proxectáronse varias curtametraxes de animación e de ficción, resultando gañadora X nada, de Dani de la Torre e Toni Veigas. Conta unha historia de violencia no ámbito da adolescencia. Dura pero necesaria. Esperamos que a proxecten logo en Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que emite estas curtas e ao que se pode acceder a través de Televisión á carta.
Dende logo, polo que vin, as curtas do noso alumnado non desmerecen nada, mesmo supera a calidade dalgunhas presentadas no festival.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 24-05-2009 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE PREMIOS

As e os gañadores dos concursos de fotografía, relato e videopoemas recibiron os seus premios. Noraboa!!
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 22-05-2009 11:34
# Ligazón permanente a este artigo

Mañá sábado, a asociación cultural Aguilhoar celebra unha xornada pola lingua.

Facemos unha chamada á mocidade limiá e en especial á do instituto para que acuda e participe desta celebración.

18H30 Proxección do documentario:
‘LINGUAS CRUZADAS’

19H30 Charla-coloquio:
“A situacion do galego na mocidade”

20H00 Acto a carrego da mocidade
estudantil da Limia

21H00 Cea para os asistentes

22H30 Concerto:
‘ESQUIOS’
Comentarios (2) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 22-05-2009 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
COLAXES E CALIGRAMAS 2009
Velaquí as marabillas vangardistas de 4ºB da ESO.

Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 22-05-2009 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
REGHEIFA DE PRODUCIÓN PROPIA
Ollade e escoitade esta regheifa elaborada e realizada por Esther, Ana e Carlos, merece a pena.

Comentarios (2) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 21-05-2009 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOPOEMA A XUSTIZA PÓ-LA MAN
Para vós, o videopoema A xustiza pó-la man, inspirado no poema de Rosalía de Castro e realizado por Raquel Trigo, Raquel Vázquez, Elísabeth e Néstor.

Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 20-05-2009 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOPOEMA XAN
Aquí tedes o videopoema Xan, inspirado no poema de Rosalía de Castro e realizado por Esther, Ana e Carlos, alumnas e alumno de 1º de BAC do noso instituto.

Comentarios (2) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 20-05-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA LETRAS GALEGAS E PREMIOS
PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2009

HOMENAXE A:

RAMÓN PIÑEIRO
EDUARDO BLANCO-AMOR
XOHANA TORRES


MÉRCORES 2º RECREO:
PROXECCIÓN DE VIDEOPOEMAS

XOVES
1º RECREO:
ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS
(RELATO, FOTOGRAFÍA, VIDEOPOEMA)

2º RECREO: LECTURAS POLA LINGUA

VENRES
1º RECREO: PROXECCIÓN DE VIDEOPOEMAS

2º RECREO: LECTURA DRAMATIZADA D’A ESMORGA

LUGAR: BIBLIOTECA

PREMIOS LETRAS GALEGAS 2009

RELATO BREVE

1º CICLO DE ESO
Yolanda Doliveira Domínguez, de 2º A de ESO, baixo o seudónimo de Luscofusco

2º CICLO DE ESO
Alejandra Parejas Suárez, de 3º B de ESO, baixo o seudónimo de Pomba degolada

FOTOGRAFÍA

ESO
José Luís Rodríguez Salgado, de 4º de ESO, baixo o seudónimo de Mouril

ACCÉSITS
Maimuna Sidha, de 4º de ESO, baixo o seudónimo Río Limia

Alba Augusto Mandianes, de 3º de ESO, baixo o seudónimo Buky

Elena Carballo Folgoso, de 1º de ESO, baixo o seudónimo Paco, o de galego

BACHARELATO
Ana Barxa Cid, de 1º de BAC, baixo o seudónimo de Viradeira

VIDEOPOEMAS

1º PREMIO
Cunetas, de Alba Núñez, Ruth Lorenzo, Mayte López e David Castro
ACCÉSITS

Regheifa e Xan, de Esther Álvarez, Carlos Rodríguez e Ana Barxa
A xustiza pola man, de Raquel Vázquez, Raquel Trigo, Néstor Dopozo, Elísabeth Lamas
Letras Galegas, de Miguel Carballo
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 18-05-2009 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
A QUINTANA QUEDOU PEQUENA

Neste caso, unha imaxe vale máis ca mil palabras, aínda que sen elas,as palabras, non sería posible esta imaxe.
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 18-05-2009 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
VERSOS POLA LINGUA
VERSOS POLA LINGUA

"O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela."

Victoriano Taibo "Da vella roseira".


Comentarios (2) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 17-05-2009 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
DEITADO FRENTE AO MAR
Deitado frente ao mar



Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro

Abondan estas palabras...
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-05-2009 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN SOBRE RAMÓN PIÑEIRO
No blogue escoitamos e falamos atopamos esta interesante e rigorosa presentación sobre Ramón Piñeiro realizada por Chus Sarmiento, profesora de Lingua Galega e Literatura no IES San Mamede de Maceda




Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 15-05-2009 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal