O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 23-04-2011 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
MAÑÁ IMOS AO VAL DE XÁLIMA
Mañá saímos de excursión! Alumnado do EDLG e o club de lectura do IES Monte Carrasco, IES Julio Prieto Nespereira e IES Lagoa de Antela viaxa a terras de Cáceres onde se emprega A FALA para empaparse de cultura e vivir unha experiencia de intercambio.
Máis información no blog creado para este proxecto: Monte Lagoa Nespereira.


Esperamos que sexan uns días inesquecibles!!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 13-04-2011 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
MÚSICA EN GALEGO CON CONTIDO
Grazas a Irene, chéganme estas dúas referencias musicais galegas que paga a pena escoitar: Tempos de muller de Wöyza e GgAaL-EGO de El Puto Coke.




Comentarios (1) - Categoría: MÚSICA - Publicado o 05-04-2011 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE RUTH MATILDA ANDERSON E BUSCA DE INFORMACIÓN
Xunto co departamento de Plástica e o equipo da biblioteca o EDLG organizou unha exposición de fotos da fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson no corredor da biblioteca. Todos os grupos da ESO e 1º de BAC visitaron a exposición e responderon un cuestionario adaptado por niveis sobre as fotografías e outros apartados relacionados coa época e con personaxes femininas relevantes da historia galega. Con este exercicio o alumnado aprendeu a traballar en equipo, a procurar información na biblioteca, na web, a "ler" imaxes do noso pasado e fixarse nos pés de foto. Foi unha experiencia moi gratificante.




Comentarios (1) - Categoría: EXPOSICIÓNS - Publicado o 04-04-2011 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOPOEMA SOBRE UN POEMA DE LOIS PEREIRO DO IES CAMPO DE SAN ALBERTO
Do blog de Gracia e Anxo, trafegando ronseis, tamén nos chega este videopoema realizado por Gerardo Rodríguez e Jorge García-Valenciano con motivo do Día das Letras Galegas 2011 para o IES Campo de San Alberto e que está baseado no poema de Lois Pereiro "Curiosidade", do libro Poesía última de amor e enfermidade.


"Curiosidade" from 310room on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 30-03-2011 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
A MULLER LAMPREA DO IES AS BARXAS CONTRA A PERDA DAS LINGUAS
De trafegando ronseis "roubamos" este vídeo realizado polo alumnado de 1º de ESO do IES As Barxas sobre o valor das linguas. Precioso! Parabén para profesorado e alumnado por este traballo

Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 30-03-2011 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO: DÍA MUNDIAL E COMEZA A MITEU

Hoxe é o Día Mundial do Teatro e esta semana comeza a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario) en Ourense.
Se queredes ver o programa e outros asuntos de interese sobre este acontecemento entrade na súa páxina: MITEU.
Comentarios (1) - Categoría: TEATRO - Publicado o 27-03-2011 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
UN POEMA DRAMATIZADO PARA O DÍA DA POESÍA
Para conmemorar o Día da poesía escollemos o poema Penélope de Díaz Castro dramatizado por Benita e Alba. Será certo o que di?

Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 20-03-2011 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO NA BIBLIOTECA
Como levamos organizando estes últimos anos, o mes de marzo celebramos conxuntamente o Día da Muller e o Día do Teatro coa representación teatral de "Ramón", de Sergi Belbel, nunha das adaptacións realizadas por Begoña Muñoz Saá. Un texto que non ten desperdicio, con altas doses de humor.


Fotos no blog lector Nós tamén navegar.

Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 20-03-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
ANO DE LOIS PEREIRO
Nesta páxina atoparedes información, actos e vídeos sobre Lois Pereiro, o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Lois Pereiro.


Velaquí vai unha mostra:



Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 19-03-2011 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO NO IES LAGOA DE ANTELA
Chegou o entroido á Limia! Para os que non somos de zonas tan festeiras, o entroido significa filloas da pedra, orellas, un cocido coa familia... E, se cadra, disfraces para os máis cativos. Pero aquí as cousas son doutra maneira.
Por vez primeira o desfile foi no interior, o salón de actos é bastante máis acolledor que o xélido patio do IES, os que levaban pouca roupa non pasaron frío (mirade que feliz estaba a noiva), os que levaban vestidos longos non corrían risco de que se mollasen, e o xurado podía estar sentado ao quente. Iso si, algúns deberon pasar o seu ao ter que montar todo o escenario.
Sería imposible citar a todos e cada un dos participantes, pero a primeira sorpresa levámola ao ver a un membro da Benemérita ao cargo dos ordenadores. A partir de aí vimos como outros membros do equipo directivo eran bruxas (só este día?), e como o alumnado se convertía en nenas pequenas, en moscas, en mimos, en comecocos, en ciclistas ... Pero as fotos xa dan conta de todo isto. O que quero destacar é o que non transmiten as fotos, a sensación que moitos dos alí presentes experimentamos ao ver como na parodia dunha voda xitana cantaban o “cheli” dúas alumnas desa étnia. Calquera podería pensar que o alumnado deste grupo social se molestaría pola escolla dos seus compañeiros, pero en lugar diso, participaron no seu xogo. E non só iso, os mozos de 2º de bacharelato contan coa colaboración de dúas rapazas de 1º da ESO.
A voda xitana era o único grupo-clase, ata 27 se puxeron de acordo para disfrazarse, só lles quedan unhas semanas no IES, pero seguro que recordarán durante moitos anos os aplausos que conseguiron ese día, non só polo disfrace, máis aínda por levarse ben.

Uxía Nogueira




Comentarios (0) - Categoría: FESTAS - Publicado o 13-03-2011 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: RUTH ANDERSON NA MEMORIA
Con motivo do Día da Muller estamos a preparar unha exposición de fotografías de Ruth Anderson en Galicia. Velaquí unha mostra seleccionada de fotos da nosa memoria en que aparecen mulleres.




Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 08-03-2011 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
NACE UN BLOG PARA A EXCURSIÓN AO VAL DAS ELLAS
Os tres institutos que imos compartir viaxe ao Val das Ellas ou de Xálima (IES Prieto Nespereira, IES Monte Carrasco e IES Lagoa de Antela) creamos un blog para colgar todo o material (investigación, actividades, vídeos...) sobre este proxecto.

Monte Lagoa Nespereira no Val de Xálima
Comentarios (0) - Categoría: INTERCAMBIOS E CONTACTOS - Publicado o 02-03-2011 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DE ROSALÍA
Neste enlace do blog A gaivota, d@s nos@s amig@s do EDLG do IES Monte Carrasco, hai unha morea de poemas visuais da nosa benquerida Rosalía.

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 24-02-2011 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
DOCUMENTAL SOBRE O ENTROIDO
Rescatamos aquí o documental realizado por unhas alumnas do noso instituto e dirixido por Roxelio Barbosa, profesor que actualmente traballa no IES Allariz, sobre o Entroido.


Comentarios (0) - Categoría: FESTAS - Publicado o 22-02-2011 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADORES DO CONCURSO DE VÍDEO SOBRE TRADICIÓN ORAL
Adolfo e Pablo, de 2º de ESO, e Valentina, de 4º de ESO, gañaron o concurso de vídeo sobre tradición oral. Realizaron un orixinal guión mesturando varias lendas da bisbarra e logo, usando o croma, graváronas en vídeo. Noraboa!

O guión colgámolo no blog No límite.



Comentarios (3) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 21-02-2011 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
POEMAS VISUAIS DE AMOR
Cunha das cantigas de amigo máis fermosas de Martin Codax ("Ondas do mar de Vigo")de fondo, cantada maxistralmente por Socorro Lira (Cores do Atlántico)e poemas de Ana Romaní, Marica Campo, Olga Novo, Antonio García Teijeiro, Daniel Salgado, Lois Pereiro, Paul Eluard e Catulo elaboramos este vídeo para o día do amor.

Velaquí tamén un fermoso poema de Jacques Prévert que nos serve para desenmascarar o falso amor, ese produto perverso que condena e destrúe. O amor axuda a medrar non a caer dun precipicio.


Meu amor,
fun ao mercado da ferralla
e comprei cadeas,
cadeas fortes
para ti,
meu amor,
e despois fun ao mercado dos esclavos
e procureite
pero non te atopei,
meu amor.




Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 13-02-2011 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
ANO DO POETA LOIS PEREIRO
Este é o ano de LOIS PEREIRO.
Aquí vai o anuncio dun espectáculo dirixido por Antón Reixa. Fixádevos no texto e na montaxe.
Chéganos vía Trafegando ronseis.


Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 11-02-2011 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
BASES PARA O VIII FESTIVAL DE CANS
Xa están colgadas as bases para a presentación de curtametraxes ao VIII Festival de Cans que se celebrará do 18 a 21 de maio deste ano.

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección para participar na VIII edición do Festival de Cans.

As bases son as seguintes:

1.As curtametraxes que se presenten deben ser curtametraxes galegas dos anos 2009, 2010 ou 2011. A efectos de participación neste festival, por curtametraxes galegas enténdense pezas producidas por produtoras de Galicia, feitas en Galicia ou cux@ director/a sexa galeg@.

2.Establécense dúas categorías a concurso:

a.curtametraxes de ficción;

b.curtametraxes de animación

O certame admite ademais todo tipo de curtametraxes que poden ser incluídas noutras seccións fóra de concurso.

3.A duración de cada curtametraxe non superará os 30 minutos.

4.Establécense os seguintes premios, coa dotación económica que se indica:

1. premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: 1.500 € e Can de Pedra;
2. premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: 1.500 € e Can de Pedra;
3. premio do público á mellor curtametraxe de ficción: 1.000 € e Can de Pedra;
4. premio do público á mellor curtametraxe de animación: 1.000 € e Can de Pedra;
5. premio do xurado á mellor actriz: Can de Pedra;
6. premio do xurado ao mellor actor: Can de Pedra.

5.As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2011 ao seguinte enderezo:

Asociación Cultural Arela

Aptdo. de Correos 232

C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)

Máis información na páxina web do Festival.
Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 09-02-2011 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
ROSA ANEIROS NO IES LAGOA DE ANTELA
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 31-01-2011 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
ANTICIPO PARA O DÍA DA PAZ
Preparamos o Día da Paz no instituto. Aquí van dous vídeos para reflexionar. O segundo deles foi proxectado hai tres anos por estas datas.




Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 23-01-2011 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
II Certame “Curtas para Rosalía”

II Certame  “Curtas para Rosalía”
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convocou un certame de curtametraxes sobre a figura de Rosalía de Castro.
Poderán presentarse a este certame aquelas curtamentraxes que sigan un destes dous criterios:
1.Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.

2.Curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto, de calquera época, da Literatura Galega.
As obras presentadas terán que ser enviadas en soporte vídeo dixital (DVD) antes das 14 horas do día 24 de febreiro de 2011 (aniversario do nacemento de Rosalía).

A organización do certame "Curtas para Rosalía" establece dous premios:

1.- Un premio de 2000 € á mellor curtametraxe + Diploma.
2. Un premio de 1000 € + Diploma á obra cuxos realizadores/as ou directores/as sexan menores de 30 anos a día 24 de febreiro de 2011.

Máis información aquí.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 21-01-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO "IGUAIS" DE PUBLICIDADE ANTISEXISTA

O Concello da Coruña convoca un concurso de publicidade antisexista cun premio substancioso.
Pódese acceder ás bases aquí.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 13-01-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSOS LITERARIO E DE VÍDEO



Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 11-01-2011 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
O NADAL NO IES LAGOA DE ANTELA
Como a lotaría non nos tocou o noso equipo decidiu paliar a sensación de fracaso cun agasallo á comunidade educativa, ás librarías e ás bibliotecas da comarca: un marcapáxinas-calendario e un calendario de mesa con fotos e versos de Lois Pereiro, poeta que será homenaxeado nas Letras Galegas este ano 2011. Grazas a Rosa, do IES Julio Prieto Nespereira, e a Sheila, do IES Monte Carrasco, polos deseños de ambos calendarios.

Tamén colgamos uns vídeos dalgunhas actuacións no Festival de Nadal no instituto. Non me digades que non hai morbo nas voces e no ritmo corporal dos profes!








Comentarios (1) - Categoría: FESTAS - Publicado o 08-01-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
FOLLETO PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO E PRODUTOS EN GALEGO
Folleto para as familias e para o alumnado.

Este Nadal agasalla GALEGO. Vía Trafegando ronseis soubemos que Agasallo ofrece un monte de produtos en galego.




Comentarios (3) - Categoría: CAMPAÑAS - Publicado o 19-12-2010 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE SMS PARA FELICITAR O NADAL
A Coordinadora de Equipos de Normalización convoca un concurso de SMS en galego para felicitar este Nadal. O prazo remata o 2 de xaneiro e hai premio para os tres máis votados.
Nesta sección da súa páxina podedes enviar as vosas mensaxes e consultar un dicionario de abreviaturas.


Algúns exemplos:


flz 2011 e q tods as fstas sxan tan boas e dpm cmo as dst ano.a kbza nn para!! JR_20 Santiago de Compostela 207

Pra ste an 2011 desexoch unh vid kom a dn cepill d dntes : m8 past , n bo mang e k t cepilln 3 vecs ao dia ;) Ana / Iago Cuntis 54

k tos os ndais sexn falnd galgo Diego_PC Cerceda 41
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 19-12-2010 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
MAR LIBRE NA TELEVISIÓN DE GALICIA
O martes estreouse na Televisión de Galicia a 1ª parte dunha superprodución galega, Mar libre, que relata unha historia de amor, opresión e liberdade ambientada na costa galega de finais do século XIX. O traballo dos actores e actrices é excelente e a nivel lingüístico é moi interesante pois trata de ser fiel á realidade.

O martes vindeiro proxéctase a 2ª e última parte.




Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 16-12-2010 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEOS DE THE HOMENS
Aí van algúns vídeos do grupo The Homens (a min encantáronme as súas intervencións no documental Linguas cruzadas, de María Yáñez e Mónica Ares):





Comentarios (0) - Categoría: MÚSICA - Publicado o 15-12-2010 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE MÚSICA POP E CONCERTO DE THE HOMENS EN XINZO ESTE DOMINGO
Este domingo celebrarase en Xinzo un obradoiro de música caseira para xente nova que lle permitirá coñecer as ferramentas básicas para compoñer, gravar e publicar en internet unha canción de pop, con materiais e programas facilmente manexables. Despois terá lugar un concerto do grupo de pop galego The Homens.
O proxecto chámase Detrás da canción e está organizado pola SXPL aínda que nós soubémolo pola Coordinadora de Equipos de Normalización.

Quen teña interese en asisitir pode apuntarse nesta páxina web: Detrás da canción.


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 15-12-2010 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
NACE UNHA NOVA CANLE AUDIOVISUAL EN GALEGO

A través de Medrar en galego acabamos de saber que naceu unha nova canle audiovisual que ten como obxectivo producir contidos televisivos que promovan o uso e coñecemento do galego: LinguaGalega.TV.

Recomendamos ao alumnado de 1º de BAC, xa que estamos co tema da toponimia, o programa Os nomes da lingua do espazo A lingua na sociedade en que intervén Gonzalo Navaza, unha autoridade en materia de toponimia.


Dámoslle a benvida a esta iniciativa.
Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 13-12-2010 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
A TROPA DE TRAPO
Recomendamos:

A tropa de trapo: cine de animación para cativ@s.



Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 12-12-2010 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO SOBRE AS LECTURAS DO 25 DE NOVEMBRO
Aquí vai un dos vídeos das lecturas do 25 de novembro. Os textos e o resto dos vídeos encóntranse no blog lector Nós tamén navegar.



Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 28-11-2010 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
CURTA SOBRE "O XOGO DA GUERRA" DE CARLOS CASARES
Resulta que buscando o relato "O xogo da guerra" do libro Vento ferido de Carlos Casares, atopo a curta que realizaron o curso pasado os nosos alumnos Cristian, Miguel,José e Anxo, contando coa colaboración de David e Javier. O guión foi adaptado por Iván Prado.

Este é un traballo extraordinario produto de moitas horas de traballo, emprego de ferramentas rudimentarias e escasos recursos, o que o dota de máis valor.



O XOGO DA GUERRA
Cargado por anxo_xinzo. - Programas de ayer por la noche y clásicos de TV, online.
Comentarios (5) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 26-11-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
CRONICA ACTIVIDADE OBRADOIRO DE HIP-HOP CON GARCIA MC
CRONICA ACTIVIDADE OBRADOIRO DE HIP-HOP CON GARCIA MC, por Héitor Colmenero

Nesta ocasión tivemos a ocasión de recibir clases dun dos grandes do panorama do hip-hop na Galiza, Serxio Regos, máis coñecido por García MC.
Nunha intensa hora aprendemos a historia do hip-hop, dende os seus comezos no barrio do Bronx en Nova Iorque, na Zulú Nation inaugurada por Áfrika Bambaata, pai do hip-hop ata os actuais scratches impulsados por Kool dj Hearth. Falounos un pouco das catro vertentes principais da cultura da rúa: o rap (MC'ing), o break dance, o grafitti e o Dj'ing.
Finalmente e para por o broche de ouro a esta estupenda xornada fixonos un “mini-concerto” cun dos seus temas nos que musicaliza os poemas de Celso Emilio Ferreiro, Camiño a pé.
Nesta xornada puidemos ver como un dos mais grandes na movida do hip-hop era un home moi humilde e cercano cos seus fans entre os cales me considero o número 1!
Nada máis para dicir, simplemente ver as fotos e o vídeo, porque seica din que unha imaxe vale mais que mil verbas.


Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 24-11-2010 08:21
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Esta semana centraremos as nosas actividades na prevención e denuncia da violencia de xénero.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 21-11-2010 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
BREOGÁN PRIETO RECOLLE O PREMIO DE FOTOGRAFÍA
Hoxe vivimos un momento moi emotivo na biblioteca. O gañador do concurso de fotografía O Outono n'A Limia, Breogán Prieto, de 1º de ESO, recolleu o premio de mans da súa irmá, Ledicia Prieto, de 1º de BAC, activa integrante do club de lectura. Na ollada de Ledicia proxectábase a emoción, non era para menos.

Parabéns!!


Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 19-11-2010 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO NO CDR O VISO DE LODOSELO
O sábado 13 celebramos o magosto en Lodoselo. Algúns profes e xente miúda gozamos outro ano co magosto organizado por Tomás e o CDR O Viso.
Elaboramos pan á maneira tradicional, gozamos dos xogos populares, acariñamos os burros, realizamos un roteiro á Pena da Moura, asistimos a un espectáculo de maxia e comemos castañas e outros produtos da terra.

Grazas a todas esas persoas que contribuíron a que esta xornada fose inesquecíbel.

Para perpetuar os bos momentos confeccionamos un vídeo con algunhas imaxes dese día.


Comentarios (6) - Categoría: FESTAS - Publicado o 19-11-2010 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOCONFERENCIA SOBRE A FÍSICA DE PARTÍCULAS ORGANIZADA POLA COORDINADORA
Xa está colgada a videoconferencia sobre a Xornada da Ciencia en Galego organizada pola COORDINADORA DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN.


Do CERN a Compostela coa Física de Partículas.

Do Cern a Compostela coa Física de Partículas from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 19-11-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADOR DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

O gañador do concurso de fotografía de O outono n'A Limia foi BREOGÁN PRIETO, DE 1º D ESO.A fotografía será publicada nun calendario.

PARABÉNS!!
Comentarios (5) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 16-11-2010 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal