O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POEMAS VANGARDISTAS NA AULA

Poema colectivo expresionista


O vello espírito paciente salpica a vella estancia
e enche de tristura e pesadume os recunchos da conciencia.
Sen ser nada concreto logra transmitirme forza.
Sensacións estrañas,
agradables,
desagradables,
mentres a estrañeza das vosas falas de cores alumean o bosque.
De súpeto,
o medo, a tristura, a sorpresa das cores de imaxes deformadas.
Defórmanse as caras na noite cando se asustan con cores tristes.
Nun só papel un cadro infernal.
Ese corpo manchado salta cara afora en forma de lume,
humano crucificado con cor de sangue vermello.
Dá medo só velo.
Amargura, tristeza, infelicidade.
Non
o que non pensei é que estiveras sufrindo,
tenue noite que mostras horribles pesadelos.
4º C - ESO

Poema vangardista

Xuntos ata que a morte nos separe

A tristeza es ti
(pois) grazas a ti síntome como aquelas casas na escuridade.
A fermosa paisaxe é observada
pero puntas e picos non me inspiran nada
pois a túa fermosura corróeme,
Vella Aldea da miña infancia,
a túa pel núa tan fráxil como a lúa,
como lugar estraño do máis alá.
As cores conforman a vila e o seu mercado,
todos somos iguais,
delicadeza, sentimento de paz na noite escura,
a liberdade que se atopa na natureza do ser,
o verde bosque,
a vida libre no mar,
no mar reflíctese todo a luz o brillo a realidade,
as fermosas casas de toda unha vida,
casa fogar da túa vida,
unha casa no medio do campo,
a casa dos meus soños con flores no xardín,
rapaces alegres xogan no xardín hoxe.
Mirando cara ó río non vai frío,
observando as árbores podo ver a fermosura da natureza,
pero
a ignorancia é o pai noso de cada día
e todo é un soño,
o meu Soño, demasiado fermoso,
Vella Aldea da miña infancia,
vellos recordos de sal e auga.

4º B ESO







Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 28-02-2008 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
Rosalía de Castro abriu un camiño novo na historia da literatura galega.
Ríndámoslle unha homenaxe permanente.

Homenaxe a Rosalía

Noite brillante
Bate que bate
E non me enamoro, non
¡Negro caravel maldito!
Que os amores xa fuxiron
Ven a noite…morre o día.

Irene Rodríguez



Adiós FIGOS! Adiós EUROVISIÓN!
Castellana de Castilla,
Meniña, ti a máis erótica-festiva,
Co teu chandal de herbas e flores.

Elena, Mayte e Carlos
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 19-02-2008 08:28
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA LINGUA MATERNA. 21 DE FEBREIRO
Segundo a Unesco, máis de 6000 linguas do mundo corren o risco de desaparecer.

Cada dúas semanas morre un.

A biodiversidade está en perigo.

Desterra os prexuízos!

FALA GALEGO!!

Comentarios (4) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 16-02-2008 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
BOLBORETA, CARBALLO, BRÉTEMA...

Hai moitas palabras para preparar o xantar e dixerir con pracer : tixola, artesa, fornada, unto, verzas, lacón con grelos, chourizos, polbo á feira, porco ao espeto, amorodo, biscoito, roscón de reis.

Hai palabras para visitar, abrazar, conversar e coidar: carballo, castiñeiro, salgueiro, penedo.

Hai palabras para camiñar, congostra, ou para navegar: regueiro, regato, lagoa.

Hainas para untar a memoria, para non esquecer: lembranza, artesa, penedo, morriña, saudade.

Hainas para sorrir: ledicia, sorriso.

E para arrepiar, escuridade.

Hainas para tocar e sentir e querer: amor, agarimo, arrolar, aloumiño, Galiza.

E para celebrar e gozar: saúde, gaita, entroido.

Hai moitas palabras para pasear, xente miúda a quen saudar, escoitar e contemplar: bolboreta, teixugo, esquío, escornabois, vagalume, xoaniña, paporroibo.

Hainas para as persoas que veñen: axóuxere, arrolar.

E para as que se van: bágoa, badalada.

Palabras para apoiarse, alicerce.

Para ulir, arrecendo.

Para quecer, lareira.

E para arrefriar: brétema, orballo, choiva.

Para levar no corazón, lagoa...

E para imaxinar: trasgo, conxuro, raíña...

E soñar, lúa.

Hai palabras para procurar sempre: liberdade, paz.

Sen precipitarse, paciencia.

Pero con constancia.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 07-02-2008 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
QUE SE FALE E ESCRIBA EN GALEGO DEPENDE DE TI!
1. Fala en galego sempre que poidas. Coa familia, cos amigos e amigas etc.
Fai o propósito de falar en galego a quen sabes que te entende aínda que até o de agora lles falases en castelán.

2. Respecta a aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais esixe que tamén as outras persoas respecten a túa.

3. Diríxete en galego a todos e todas: na rúa, por teléfono, no centro de ensino, no traballo. Verás que te entenden. Continúalles a falar en galego, aínda que che respondan noutro idioma.

4. Ás persoas que coñezas que entenden o galego coloquial, mais mostran curiosidade por algún termo que ignoran, explícalles o significado desas palabras, axudándoas a ampliar o vocabulario. Se alguén se esforza en falar o noso idioma, axúdalle e demóstralle que valoras o seu comportamento.

5. Respecta as diferenzas locais da lingua. Coñece as particularidades de cada zona. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas.

6. Toma a decisión de escribir todos os apuntamentos, notas, correos electrónicos e cartas en galego. A partir de hoxe pon sempre o teu nome en galego. Fai mudar os teus papeis, impresos, rótulos etc. Sería ben triste que por aforrar uns pequenísimos gastos deixásemos de contribuír á expansión do noso idioma.

7. Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en boa parte en galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais, cinematográficos, visita páxinas web etc., na nosa lingua.

8. Esixe de todos, mesmo das institucións máis rutineiras, que che escriban en galego. Faino amablemente. Non perdas o tempo e os nervios en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. Déixaos de lado, ignóraos.

9. Se tes como lingua familiar o castelán, interésate pola nosa lingua. Loita contra a inxustiza fomentada durante tantos anos. Toda a represión dunha lingua é un acto de barbarie. E sobre todo tenta falala e escribila, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso.

10. Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer para pasar a falar en galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches castelán, comeza por usalo cos descoñecidos, a practicalo en situacións novas, para ilo introducindo despois na túa esfera habitual. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais a distancia, “sen rompelo nin lixalo”, iso si que deteriora o idioma.

11. Se es profesor/a e non impartes as aulas en galego, proponte comezar para este curso vindeiro. O tempo que resta é suficiente para te pores ao día. Cun pequeno esforzo contribuirás dun xeito moi importante á normalización do noso idioma.

Fotocopia este texto e difúndeo polo teu centro de ensino.

TODA PERSOA QUE DEFENDA A SÚA PROPIA LINGUA SEN AGREDIR A NINGUÉN TEN A RAZÓN DA SÚA PARTE

(Adaptación dun texto ideado polo Dr. Tilbert D. Stegmann, da Universidade de Frankfurt)”.

Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 26-01-2008 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
A LIÑA DO GALEGO: SOBRE OS DEREITOS LINGÜÍSTICOS
Este servizo, creado pola Mesa, atenderá a través do teléfono 902 10 64 74 e do correo-e linhadogalego@amesanl.org.


A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en funcionamento o proxecto «A liña do Galego», un servizo que tramitará queixas e consultas sobre os dereitos lingüísticos dos cidadáns, que tamén estenderá felicitacións a quen dea pasos en favor do galego.

Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 14-01-2008 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGUIZÁNDONOS SEMPRE
Á procura das palabras que nos gustan

PARTICIPA!!
Comentarios (13) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 08-01-2008 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
INTERESANTE BLOG, MERGÚLLATE
http://www.blogoteca.com/cenlf/
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 07-01-2008 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
COUSAS DA LINGUA
Verte aquí as túas suxestións, opinións, comentarios sobre a lingua.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 27-12-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Contra a violencia de xénero
Desenmascarámoste, imbécil, fauces de fouces con fuciño furado. Mancas cun xesto repugnante de besta avinagrada. A túa voz machada coitelo que rabuña a alma. A man o brazo o corpo todo nunha danza cadáver. Abres carnívoro nicho e péchasme dentro.
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 20-10-2007 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Arde o lume da lareira
Este espazo nace para facernos visibles, para derramar sal na rede e azucre nas palabras. Dende o corazón deshidratado da Limia convidamos a participar a todas as persoas que aman a lingua. Ánimo, e mil primaveras máis para o galego.
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 11-10-2007 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal