O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMUNICADO DO EDLG
O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Lagoa de Antela rexeita as calumnias enviadas á prensa sobre os valores educativos do noso centro e lamenta que moitos medios se fixesen eco destas infamias sen contrastar a información, contribuíndo así aos fins propagandísticos que se perseguían con este ataque. Unha vez máis declaramos sentirnos orgullos@s de educar para a tolerancia e os valores democráticos e seguiremos nesa liña, desempeñando as funcións e cumprindo os obxectivos que marca o noso proxecto educativo.
Comentarios (38) - Categoría: VARIOS - Publicado o 28-04-2011 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
38 Comentario(s)
1 Mais claro.#blgtk08#..auga!!!!
Comentario por Ana (28-04-2011 20:12)
2 A palabras necias, o#blgtk08#ídos xordos!!!!!!!!
Comentario por Luz (28-04-2011 21:26)
3 A palabras necias, oídos xordos!!!!!!!! Centrémonos nos valores q#blgtk08#ue promove a educación, e non nas barbaridades que se oen por aí.
Comentario por Luz (28-04-2011 21:31)
4 Non hai dereito. Como se pode tentar desvirtuar un traballo constante, eficaz e comprometido, cunha mirada sectaria, reaccionaria e miope? Canto lamento que xente así pretenda dar...educación!

Merecedes todo o noso reco#blgtk08#ñecemento e si por min fose habería que vos facer unha homenaxe. Non fagades caso de quen utiliza estas estratexias para tentar ter nos medios o eco, que a meirande parte da sociedade galega non lles dá.

Saúde e Lingua.
Comentario por O Calvi (29-04-2011 09:12)
5 Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) queremos expresar publicamente o noso apoio a todo o profesorado e o alumnado que participa no EDLG (antes ENDL) e demais comunidade educativa do IES Lagoa de Antela, que está a ser obxecto dunha obscena, inxusta e maliciosa campaña de criminalización que busca danar a imaxe e o espléndido traballo educativo desenvolvido neste centro.

A importante e recoñecida traxectoria educativa do IES Lagoa de Antela non pode verse desprestixiada ante as falac#blgtk08#ias, as manipulacións e as tácticas impropias dunha democracia que caracterizan estes ataques feitos por un colectivo con intereses políticos, e alleo ao ensino, que busca o protagonismo alimentando a confrontación lingüística e o desprestixio da lingua galega.

Os equipos de normalización e os docentes que formamos parte da CGENDL animámosvos a continuar co mesmo tesón no voso labor educativo e na normalización da lingua galega, ámbito no que sodes referenciais dende hai anos.

Saúdos normalizadores

CGENDL
Comentario por CGENDL (29-04-2011 17:42)
6 Orgullos@s de nós, orgullos#blgtk08#@s do IES Lagoa de Antela.
Comentario por Manuel (29-04-2011 18:12)
7 Orgullos@s de nós, orgullos#blgtk08#@s do IES Lagoa de Antela.
Comentario por Manuel (29-04-2011 18:12)
8 Toda a solidarieda#blgtk08#de, todo o apoio!
Comentario por Carlos Callón (29-04-2011 18:17)
9 Eu sei de primeira man o moito que traballades. Foi un gustazo estar con vós #blgtk08#cando me chamastes.

Adiante e moita forza! Tedes o noso apoio
Comentario por Acuática (29-04-2011 18:26)
10 O tempo pon a cada un no seu sitio e voso está a carón dos rapac#blgtk08#es apoiando a dignificación do galego. Forza e adiante.
Comentario por mar (29-04-2011 18:30)
11 Son galego falante porque quero, se os de galicia bilingüe me coñeceran seguro que non lles caería simpática, de vos sei pouco, pero#blgtk08# o que sei deles non me gusta, e mais é penso que o seu nivel cultural é moi baixo, asi que animo e vamos seguir defendendo o noso.
Comentario por carmen (29-04-2011 19:59)
12 Gustaríame podervos transmitir todo o ánimo do mundo para que continuedes traballando a prol dunha causa #blgtk08#tan xusta como é a normalización da nosa lingua na nosa propia terra. Unha forte aperta.

Comentario por Xosé Cotelo (29-04-2011 20:51)
13 Orgullosos do noso, orgullosos do Gale#blgtk08#go!
que non nos paren!
Comentario por anonimo (29-04-2011 21:11)
14 O peor de todo é que usan a imaxe dos alumnos como pobres inocentes que van obrigados a recitar un#blgtk08#has verbas!

Agora o falar si ten cancelas e mais para este colectivo!
Ánimo!
Comentario por Alumn@s (29-04-2011 21:15)
15 os nosos profesores e profesoras,nunca trataron de inculcarnos uns ideais concretos,e moito menos políticos,senon que sempre nos apoiaron para defender os nosos propios ideais e a non deixarnos influenciar polas opinións dos demáis.O único que fixeron #blgtk08#foi ensinarnos e axudarnos o mellor que poideron sempre que lles pedimos axuda.Creo que ninguén ten dereito a decir que nos utilizan nin a intentar darlle a imaxe que os medios están dando deles.
orgullosos do noso,sobre todo dos nosos ideais =)
Comentario por unha alumna indignada (29-04-2011 21:56)
16 En nome de todo o equipo moitas#blgtk08# grazas polo ánimo e os apoios.
Comentario por Carmen (29-04-2011 22:18)
17 Antes fomos nós, hoxe tocouvos a vós e mañá irán a por outros. Non debemos ter medo. A nosa solidariedade e #blgtk08#apoio contra toda esta escoria. Noutros tempos teríannos vido buscar polas casas...
Avante con forza!
Comentario por EDLG Cuntis (29-04-2011 22:34)
18 Todo o meu apoio, moi#blgtk08#to ánimo e a seguir!
Comentario por Miguel Louzao Outeiro (29-04-2011 22:36)
19 Noraboa polo traballo, moito ánimo para seguir adi#blgtk08#ante sen deixar que as negras sombras nos asombren
Comentario por Emilia Candal (29-04-2011 22:52)
20 Sinto-vos parte de mim.
Adiante e noraboa#blgtk08# polo trabalho!
Umha chiscadela de olho!
Comentario por séchu sende (29-04-2011 23:21)
21 Orgullosa de compartir convosco a defensa da nosa lingua e tamén os ideais#blgtk08# educativos de liberdade e compromiso que transmitides ao voso alumnado.
Comentario por Luísa Villanueva Segade (30-04-2011 00:18)
22 Orgullosa de compartir convosco a defensa da nosa lingua e tamén os ideais#blgtk08# educativos de liberdade e compromiso que transmitides ao voso alumnado.
Comentario por Luísa Villanueva Segade (30-04-2011 00:19)
23 Claro que si! Os que non nada fan, nada queren que se faga. Sabemos que o que face#blgtk08#des/facemos é xusto, digno, necesario, imprescindible... obviade os indesexables!
Comentario por Fernando Pazos (30-04-2011 00:46)
24 Mil primaveras mais para#blgtk08# o vosso (nosso) IES!!!
Comentario por Quiquinho (30-04-2011 01:06)
25 O meu agarimoso apoio,o voso traballo,é #blgtk08#exemplo para outros IES, Unha aperta
Comentario por anton (30-04-2011 02:03)
26 Ladrán, sinal que estades no camiño acertado.Ánimo e adiante no voso empeño en prol da#blgtk08# normalización lingüística. Tedes todo o noso apoio.
Anxo Louzao ( CIG-Ensino)
Comentario por Anxo Louzao (30-04-2011 02:10)
27 Ben falado! Queda claro quen traballa por obxectivos educativos e integradores e quen só buscan o conflito.Con todo aga#blgtk08#rimo dende o ENDL da Escola de Idiomas da Coruña.Ánimo e a seguir dinamizando, que, como vedes, queda moito por facer.
Comentario por Rosa Gloria (30-04-2011 10:04)
28 Coñecedores do voso traballo e vendo as estulteces interesadas publicadas por algúns xornais, non nos queda máis que enviarvos o voso apoio. De#blgtk08#ámoslle a eses comentarios destrutivos o espazo que se merecen; ningún. Ánimo continuemos a traballar pola igualdade, democracia e tolerancia!
Comentario por EDL IES García Barbón (30-04-2011 10:26)
29 Lembrade aquelo de.......tódolos que cantan ben cantan unha vez ó ano, eu como canto normale pá#blgtk08#some a vida cantando.....Moita forza e todos vós sabedes que na primavera voltan as andoriñas!
Comentario por Teresa (30-04-2011 14:35)
30 Combatede as calumnias dos ignorantes coa realidade e ánimo sempre para#blgtk08# que sigades a educar aos nosos fillos na lingua que lles corresponde!!
Comentario por Ferq (30-04-2011 17:20)
31 Moito animo e forza,en#blgtk08#tre todos venceremos.
Comentario por Andamolho (30-04-2011 20:23)
32 Que Galicia Bilingüe poida arremeter e insultar o voso traballo como docentes sé é posible nun país no que o primeiro que odia todo o que teña que ver co ensino do galego é o propio presidente da X#blgtk08#unta non sorprende.
Parabéns por todo o traballo que facedes cos vosos alumnos. Eu tamén son docente de galego e sei o que supón traballar a prol dunha lingua como é a nosa.
Parabéns
Comentario por aletofilo (01-05-2011 13:06)
33 Que Galicia Bilingüe poida arremeter e insultar o voso traballo como docentes sé é posible nun país no que o primeiro que odia todo o que teña que ver co ensino do galego é o propio presidente da X#blgtk08#unta non sorprende.
Parabéns por todo o traballo que facedes cos vosos alumnos. Eu tamén son docente de galego e sei o que supón traballar a prol dunha lingua como é a nosa.
Parabéns
Comentario por aletofilo (01-05-2011 13:07)
34 Tentan por todos os medios impoñer a censura no ensino, ou cando menos a autocensura nos ensinantes.

Non o conseguirán, porque un dos dereitos fundamentais que nos asisten como persoas é a liberdade de expresión e o deber principal que t#blgtk08#emos como Equipos de Dinamización da Lingua Galega é a defensa e promoción da lingua propia de Galicia.

Así que ánimo a todos os profes e alumnas e alumnos que colaborades co EDLG, porque o que facedes é xusto e porque non estades sós!!!
Comentario por As Gabarras (01-05-2011 14:55)
35 Tentan por todos os medios impoñer a censura no ensino, ou cando menos a autocensura nos ensinantes.

Non o conseguirán, porque un dos dereitos fundamentais que nos asisten como persoas é a liberdade de expresión e o deber principal que t#blgtk08#emos como Equipos de Dinamización da Lingua Galega é a defensa e promoción da lingua propia de Galicia.

Así que ánimo a todos os profes e alumnas e alumnos que colaborades co EDLG, porque o que facedes é xusto e porque non estades sós!!!
Comentario por As Gabarras (01-05-2011 15:33)
36 Felicitacións, unha vez máis, polo voso extraordinario traballo.
Cada vez que o odio, as mentiras e o fanatismo duns poucos asoma é ocasión para que centos e milleiros poidamos constatar #blgtk08#onde está o amor á lingua, a verdade e a liberdade real. Grazas, alumnado e profesorado do Lagoa de Antela, por todos e cada un dos vosos pasos decididos neste camiño que compartimos tantos!
Comentario por Cris Galán (02-05-2011 20:18)
37 Parabens polo traballo ben feito!!!
Fai falta moita xente comprometida coa ens#blgtk08#inanaza e co noso como facedes, e me consta, aí, nese centro!!
Forza e Ánimo!!
Comentario por Anabela (06-05-2011 18:40)
38 Aprezámosvos e sobre todo respectámosvos porque sempre fostes un exemplo ao que seguir e unha continua fonte da que beber. Compartides o voso proxecto xenerosamente con tod@s nós que sabemos de que falades-falamos e que facedes-facemos: NON T#blgtk08#EMOS NADA QUE OCULTAR E SENTÍMONOS ORGULLOS@S DO NOSO. Se alguén non o entende viríalle ben ir coñecer mundo.. para evitar aquilo de "...mais só os ignorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non"
Comentario por ENDL IES PRIETO NESPEREIRA (06-05-2011 20:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0