Resulta que buscando o relato "O xogo da guerra" do libro Vento ferido de Carlos Casares, atopo a curta que realizaron o curso pasado os nosos alumnos Cristian, Miguel,José e Anxo, contando coa colaboración de David e Javier. O guión foi adaptado por Iván Prado.
Este é un traballo extraordinario produto de moitas horas de traballo, emprego de ferramentas rudimentarias e escasos recursos, o que o dota de máis valor.
Xenial a curta, gostei de vela por segunda vez. Faime recordar a Carlos, e as historias da #blgtk08#súa infancia que tanto me gustaba escoitarlle de cativa.