
Previo traballo de educación documental ( Á procura da personaxe misteriosa) sobre a figura da pintora Maruxa Mallo, e co obxectivo de rescatar a súa memoria para o 8 de marzo deste ano, realizouse unha exposición sobre a súa vida e obra no corredor de acceso á biblioteca.
Na sección de normalización da páxina web colgarase o cuestionario do xogo, que se pode adaptar a gusto do consumidor, e un libro en formato PDF sobre vida e obra da artista para quen desexe.
Empregáronse diferentes fontes de información: os libros Maruxa Mallo, de Carme Vidal, e Maruja Mallo, la gran transgresora del 27, de José Luis Ferris. Tamén se consultaron páxinas web sobre o tema. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA |