O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MARTA DACOSTA RESUCITA A OFELIA

RESUCITANDO A OFELIA

Marta Dacosta achegouse ao noso instituto para falármanos, entre outros temas, da ?invisibilidade? das mulleres e da existencia do ?teito de cristal? no ámbito literario.

A través dalgúns textos, a poeta foi desmontando algúns mitos fabricados sobre prexuízos sexistas e insistiu na necesidade de documentarse antes de crer algunha ?análise minimizadora? contra mulleres relevantes, sobre todo cando estas críticas son produto dunha ollada masculina. Como exemplo, citou lendas sobre algunhas escritoras coñecidas (Rosalía de Castro, María Mariño...) que nos sorprenderon e que demostraron como as autoridades literarias acostuman a desconfiar da intelixencia das mulleres e mostran reticencias á hora de valorar a calidade das súas obras.

A poeta tamén interpretou algúns textos de poetas dende unha óptica feminista. Xohana Torres, Luisa Villalta, Antía Otero, a mesma Marta Dacosta, forman parte dun grupo de escritoras que incorporan unha nova materia poética aos seus versos: vivencias, experiencias e simboloxía claramente femininas.

Canto material incitando á reflexión.

Durante moito tempo a muller non foi máis ca un obxecto artístico deseñado para satisfacer o ego masculino, unha proxección dos seus desexos. Estas escritoras, coma outras moitas, racharon cos estereotipos e construíron novos espellos onde mirarse, espellos que devolven identidades: de mulleres-suxeito, mulleres activas, críticas, independentes, que asumen espazos sen ter que xustificarse.

E aínda que hai moito camiño por andar o proceso é irreversible e xa non hai marcha atrás.

Mentres Penélope navega Ofelia resucita.

Grazas, Marta.

Máis información no seu blog e no blog lector .
Acuática Nós tamén navegar
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 10-03-2009 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0