O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LECTURAS ABERTAS POLA PAZ NA BIBLIOTECA



O venres 30, Día da Paz, asistimos a unha nova sesión de Lecturas Abertas na Biblioteca. O acto foi organizado polo Equipo da Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas.
Nun escenario ateigado de carteis da palabra paz en diferentes idiomas e cores, profesorado e alumnado de diferentes cursos elevaron as súas voces emotivas diante dun público entregado, que acompañaba cada intervención con cálidos aplausos. Participaron: Raquel Vázquez, Úrsula, Raquel Trigo, Rosa (profe), Milagros, Jasmin, Elisa, Miriam (profe), Mayte, Fatima, Iago, Pilar (profe), Vanesa, Antía, María, Ernesto (profe), Óscar (profe), Néstor, Maimuna, Verónica e Manuel. Recitáronse poemas (Harold Pinter, Giannis Ritsos, Giuseppe Ungaretti, Boris Vian, Sas Nah Larosi, Bertold Brecht, Casimiro de Brito, Nizam Qabbani, Bigg, Said Mouski...), léronse citas latinas e escoitamos a voz de Mikel Laboa, recentemente falecido.
Ao remate as persoas asistentes degustaron unhas galletas marroquís que elaboraron as alumnas e alumnos de Cociña.
Nun taboleiro de corcho colocouse un mapamundi onde se marcaron as diferentes zonas de conflito armado.
Tamén se repartíronse libriños cos textos escollidos e outros, confeccionados para a ocasión.

Colgaremos os vídeos das intervencións e as fotos na páxina web do instituto, na sección de Normalización. Tamén se subirán os textos.
Grazas a todas persoas que asistiron, animaron e, inevitablemente, se emocionaron con tantas palabras pola paz.

Porque outro mundo é posible.
Comentarios (3) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 01-02-2009 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A muchos nos llegó al corazón. Ver tanta gente compartiendo algo tan importante como la palabra #blgtk08#PAZ resulta muy gratificante.
Ojalá podamos repetir muchos más recreos como ese.
Comentario por Ana (01-02-2009 23:43)
2 Algúns de nós xa somos ratos de biblioteca,a xente xa sabe que nos pode atopar por alí en calquera momento. Pero o venres xa non entraba ninguén máis #blgtk08#e vin moitas caras novas.
Noraboa a tod@s os lectores, músicos, cociñeir@s... E afortunados tod@s nós, oíntes, que puidemos gozar dese momento.
Comentario por Uxía (02-02-2009 19:30)
3 foi moi bonito estar todos xuntos e be#blgtk08#rrar a palabra paz en tantas linguas!
Comentario por raquel trigo (02-02-2009 22:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal