O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LER PARA VIAXAR: DE MACEDA A XINZO

O luns día 19 alumnado do Lagoa de Antela recibiu alumnos e alumnas do IES San Mamede de Maceda na 3ª fase da experiencia didáctica Ler para viaxar.
Dende o instituto puxemos rumbo ao CDR (Centro de Desenvolvemento Rural) O Viso, sito en Lodoselo. Alí,, previo xogo de presentación, amasamos e fixemos pan nun forno de leña tradicional, dirixido pola mestra Modesta. A continuación, realizamos un obradoiro de pulseiras de coiro. Logo xantamos caldo e polo con patacas. Na sobremesa escoitamos poesía saharauí nas voces de Maimuna e Verónica, acompañadas musicalmente por Manuel e Iago. Tamén nos leron Mónica, Vanesa, Elisa e Antía unhas lendas sobre a orixe da lagoa de Antela e as Torres do Castro e de Pena. Ás catro da tarde dirixímonos a Trandeiras para percorrer o claustro e arredores. Alí tomaron a palabra Sonia e Alba para contarnos algo sobre a fachada da igrexa e Tomás portou datos sobre o sistema de canalización e a plantación de cerquiños. Por último, dirixímonos á Torre da Pena onde Iago e Paula falaron sobre a orixe das construcións. Naquel outeiro, despois de contemplar toda a chaira e o lugar que antes foi lagoa (a desecación e a concentración parcelaria converteu a zona nun enorme puzle xeométrico ateigado de cultivos) despedímonos dos nosos compañeiros e compañeiras de Maceda e voltamos aos nosos respectivos institutos.
Foi un pracer compartir unhas horas con esta xente veciña.
Colgamos máis fotos na galería da páxina web.
Comentarios (0) - Categoría: INTERCAMBIOS E CONTACTOS - Publicado o 22-01-2009 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal