|
|
|
|
FESTIVAL DE NADAL MULTICULTURAL |
|

Organizado pola vicedirección do IES Lagoa de Antela e conducido por dous excelentes presentadores celebrouse o Festival de Nadal no IES Lagoa de Antela. Actuacións multiculturais e diversificadas que fixeron as delicias dun público totalmente entregado.
A música foi a protagonista do acto: danza árabe, tango, rap, sons galegos modernizados, ritmos latinos, piano? converteron o Salón de Actos nun escenario multidiverso unido polo respecto e a solidariedade.
Entregáronse os premios dos diferentes concursos: postais de Nadal, en busca do tesouro escondido, micropoemas?
Todo para celebrar a chegada das vacacións de inverno, as que despiden o ano e nas cales facemos balance do vivido e deseñamos proxectos de futuro con ganas de cumprilos sempre.
E como esta é unha época de bos propósitos, por que non comezar con pequenos plans a curto prazo e non imposibles?
E como esta tamén é época de compras e agasallos, por que non planificar ben os gastos e evitar o consumismo?
Regala libros, regala en galego, consume responsablemente. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|